Transporte escolar

TRANSPORTE ESCOLAR 2022/2023

Transporte Escolar curso 2022/2023

 

Ábrese o prazo para presentar a SOLICITUDE, MODIFICACIÓN DE ITINERARIO E A CREACIÓN DE NOVAS PARADAS NAS RUTAS ACTUAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR.


Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

 

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou instrodución de novas paradas en distancias inferiores a 2 Km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Deberán presentar a solicitude:

- Alumando do CEIP Antonio Insua Bermúdez que queiran utilizar o servizo de transporte.

- Novo alumnado matriculado no CEIP Atonio Insua Bermúdez para o curso 2022/2023.

- Alumnado que queira solicitar cambio de parada ou unha parada nova.

 

OLLO: O alumnado que xa fai uso do transporte escolar e que non quere modificar a parada non terá que cubrir a solicitude, xa que continua dado de alta no servizo.

SOLICITUDES

 

RUTAS DE TRANSPORTE

TRANSPORTE ESCOLAR 2020/2021

Ábrese o prazo para solicitar a modificación de itinerario e a creación de novas paradas nas rutas actuais de transporte escolar.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2Km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Prazo de solicitude: ata o 15 de xullo de 2020, incluído.

Asimesmo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.


Considéranse usuarios ilexítimos do servizo de transporte escolar os seguintes:

    1. Alumnado cuxo domicilio se atopa a unha distancia respecto do centro escolar inferior a 2 Km e superior a 1Km en zona urbanizada e 500m en zona non urbanizada.

    2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.

    3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

    - Que existan prazas vacantes.

    - Que non comporte a modificación das rutas.

    - Que non supoña a creación de novas paradas.

    - Que non incremente a duración do traxecto.

    - Que non precise a incorporación de acompañante.

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: ata o 1 de setembro de 2020, incluído.

Distribuir contido