TRANSPORTE ESCOLAR 2022/2023

Transporte Escolar curso 2022/2023

 

Ábrese o prazo para presentar a SOLICITUDE, MODIFICACIÓN DE ITINERARIO E A CREACIÓN DE NOVAS PARADAS NAS RUTAS ACTUAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR.


Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

 

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou instrodución de novas paradas en distancias inferiores a 2 Km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Deberán presentar a solicitude:

- Alumando do CEIP Antonio Insua Bermúdez que queiran utilizar o servizo de transporte.

- Novo alumnado matriculado no CEIP Atonio Insua Bermúdez para o curso 2022/2023.

- Alumnado que queira solicitar cambio de parada ou unha parada nova.

 

OLLO: O alumnado que xa fai uso do transporte escolar e que non quere modificar a parada non terá que cubrir a solicitude, xa que continua dado de alta no servizo.

SOLICITUDES

 

RUTAS DE TRANSPORTE

AdxuntoTamaño
Solicitudeparada existente.odt13.1 KB
Nova solicitude de dobre parada.odt13 KB
Nova solicitude_MOD_ITINERARIOS_lug.odt19.88 KB
Paradas transporte 22-23.pdf174.77 KB