AXUDAS A LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO CURSO 2017-2018

Convocatoria axudas adquisición libros de texto e material escolar para o curso 2017-2018

 

Ven de publicarse no DOG a Orde onde se convoca a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. 

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

·   Poderán presentar solicitudes os pais/nais/titores/as dos alumnos/as matriculados no centro no curso 2017/2018 (todo o alumnado admitido, con independencia da renda per cápita da unidade familiar) (a distibución dos libros de texto dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase por orde inversa á renda per cápita).

·  As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente na secretaría do centro.

·  A solicitude será ÚNICA para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/2018, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase una solicitude en cada un dos centros.

·  O prazo de presentación ata o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

·  A solicitude deberá estar asinada polo pai/nai/titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo comprométese a conservar en bo estado e devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Documentación a achegar:

·  Copia do Libro de familianaque figuren todos os membros da unidade familiar. A situación familiar tida en conta será a reflectida a 31 de decembro de 2015. No caso de non coincidir co libro de familia poderase presentar: sentenza xudicial de separación ou divorcio; certificado de convivencia; informe dos servizos sociais…

·  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar certificado emitido polo órgano competente. (Certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade)

A publicación da listaxe provisional do fondo libros será o 7 de xullo.

A Publicación da listaxe definitiva do fondo libros será o 10 de xullo.

Os VALES das axudas para 1º e 2º e para o material escolar serán entregados entre o 3 e o 7 o de xullo (ambos inclusive).

Os lotes de 3º, 4º, 5º e 6º entregaranse o primeiro día de clase do vindeiro curso 2017-2018 (previsiblemente o día 11 de setembro).

Para máis información dirixirse á web do centro ou á secretaría do mesmo.        

 

Contía das AXUDAS LIBROS (1º e 2º Primaria), Axudas Material Escolar (1º,2º,3º,4º,5º,6º) e Distribución do Fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º)

AXUDAS

(RENDA PER CÁPITA

DO ANO 2015)

= ou < a 5.400

1º e 2º EP

170 euros

2º e 4º ESO

180 euros

>5.400 e

= ou < 9.000

1º e 2º EP

90 euros

2º e 4º ESO

104 euros

MATERIAL ESCOLAR

= ou < 5.400

50 euros

(O alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%:

250 euros, con independencia da renda pér capita)

 

 

FONDO LIBROS

RENDA = ou < 5.400

6 LIBROS

RENDA = ou < 9.000

4 LIBROS

 

 

 

  Para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2015. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do IRPF sumarán os recadros da base impoñible xeral 380 e base impoñible de aforro 395 da mesma. O RESULTADO DIVIDIRASE ENTRE O Nº DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar durante o exercicio 2015.

Ademáis coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara baixo a súa responsabilidade que se encontra ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente ningunha débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma. 

Pregamos prema nos seguintes enlaces para informarse dun xeito máis detallado:

Enlace 1 (sede electrónica)
Enlace 2 (información Xunta)
Enlace 3 (información Consellería)

 Documentos para descargar:

  Modelo solicitude
 Orde da convocatoria


 

INSUA BERMÚDEZ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO 2017

Montaje creado Bloggif

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ, CON LETRAS GALEGAS


DE CONTOS NO CEIP A. INSUA BERMÚDEZ

O luns pasado acudiron ao noso Centro para realizar un contacontos -actividade organizada pola biblioteca do IES Basanta SIlva en colaboración co profesorado de Oratoria- un grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO que fixeron as delicias  do alumnado de Infantil.

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO DOMINGO 21 MAIO DE 2017

 

ALUMNADO PARTICIPANTE: aberto ao alumnado do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba clasificado na xornada anterior, cuio listado aparece máis abaixo. Clasificaban as 18 primeiras marcas das dúas xornadas clasificatorias.

CATEGORÍAS: Benxamín ( 2009-08), Alevín (2007-06), Infantil (2005-04) e Cadete (2003-02).

DATA PROBA:Campionato Provincial (domingo 21 de maio).

ROUPA:  pregamos que traiades equipación do cole e incluades na mochila  roupa para cambiarse  despois da competición e crema de protección solar!!

TRANSPORTE: Saída ás 9:25 am diante do cole, Insua Bermúdez, dun autobús pequeno. Pódese ir pola vosa conta pero pensade en chegar con tempo para coller o dorsal e presentarse 20 minutos antes de cada proba na cámara de chamadas.

Volta: Cando remate a proba de obstáculos cadete saída estimada de Lugo ás 7:45 pm, En Vilalba a partires das 08:15 pm.

COMIDAcada atleta deberá levar a súa propia bebida e comida do almorzo e merenda: bocadillos, auga, froita...

 

 

PERSONAS CLASIFICADAS CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO DOMINGO 21 MAIO 2017

BENXAMIN FEMININO

·         MARIÑA ESMORIS VARELA,         09/09/2009,                       (8ª)  1000ml

·         YARA CANDIA CABANA,              20/02/2009                         (12ª)   1000 ml

·         VERÓNICA RUÍZ ALBA,              09/09/2009                          (4º a12"3)    MARCHA 1000m

·         ARIADNA CUBA LADRA (11ª)      08/09/2009                        MARCHA 1000m

·         AROA DEBASA GONZÁLEZ,         08/04/2009           PESO (5ª a 25cm 3) 1Kg e  PELOTA (2ª)

 

BENXAMIN MASCULINO

·         ADRIÁN PÉREZ EDROSA                 23/04/2008                        50 ml (5º)  e 500 ml (1º)

·         ROI FRAGA REGUEIRA,                  23/04/2008                        1000ml (11º), PESO 1kg (2º) 20cm del1º

·         PABLO IGLESIAS ARES                   08/05/2009                        1000 ml (12º)

 

ALEVÍN FEMININO

·         NAIRA SEOANE PENA,              02/05/2007                    (18ª) 1000 ml

·         ANDREA VIVERO ÁLVAREZ        02/05/2007                   (18ª) 500ml

 

ALEVÍN MASCULINO

·         XIAO SEOANE VÁZQUEZ            24/08/2006                   XABALINA 400G (8º) a 3m del 3º

·         DIEGO LOBATO RAMUDO          05/11/2007                   2000 MARCHA (4º) a 19" del 3º

·         DANIEL CASTRO RICO              25/10/2007                  2000 MARCHa

·         MARTÍN RAÑAL PIÑÓN             10/01/2007                   2000 MARCHA

 

INF FEMININO

·         GUADALUPE MARTÍNEZ GONZÁLEZ       16/03/2005         (3000 Marcha) 3ª (Xavalina 400g)6ª

·         AITANA GESTO REGO                         03/01/2005       (5ª) Peso 3 kg

 

 Se descubrides algunha errata avisádeme ao 616501003.  . Grazas pola vosa axuda.! Tedes os RESULTADOS e as CLASIFICACIÓNS debaixo á dereita en ADXUNTOS,

 

CARLOTA MOSQUERA VISITOU O NOSO CENTRO

A VISITA DE CARLOTA

O Pasado día vinte e un de marzo, tivemos unha visita moi agradable para todos nós alumnos/as e profesores/as do cole. Unha exalumna que agora cursa cuarto de ESO no IES Basanta Silva de Vilalba, contounos con todo tipo de detalles como lle estaba resultando a súa estancia no Instituto despois de estar no noso cole durante aló menos oito anos.

Carlota é unha compañeira con síndrome de Down e que tivo que superar con moito esforzo os moitos atrancos que supón esta diferenza co resto dos seus compañeiros e compañeiras.

Agora ten xa vinte anos e cursa cuarto de ESO, viña acompañada pola Orientadora do IES e máis pola profesora de A. L. (Audición e Linguaxe). Elas conxuntamente co resto dos seus profesores axudaron moito a Carlota para que a pesares do seu “Problema”, poidera chegar a rematar a ESO.

Falounos Carlota das actividades que realizaba a diario, a parte das súas clases no IES, asiste a baile, pintura e equitación. Díxonos tamén que dende sempre tivera unha especial atracción pola “ Mitoloxía grega”, sendo Zeus o seu personaxe preferido.

Un momento moi emotivo para todos foi o contemplar como a súa antiga profesora de P.T. Ánxeles Eimil, lle amosaba os traballos (Contos, debuxos, cadernos de traballo…) que Carlota fixera cando estivo no noso colexio, recordando Carlota cada un deles, como se mesmo fose o día anterior cando os fixera.

Esta visita foi para nós unha demostración de que con esforzo, interese e traballo podemos conseguir case todo canto queremos. Ao remate do acto agasallamos a Carlota cunha carpeta personalizada do noso cole e unha pequena figura de Sargadelos.

Podedes ver o vídeo da visita no seguinte enlace :

 VIDEO DA VISITA DE CARLOTA

Alumnos e alumnas de Quinto


 

 

 

VIII CARREIRA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS DO CONCELLO DE VILALBA (16 MAIO 2017).

VIII CARREIRA POPULAR  ESCOLAR das LETRAS GALEGAS 

MARTES 16 MAIO 2017

 PRAZA DA CONSTITUCIÓN VILALBA

 Montaje creado Bloggif

ALUMNADO PARTICIPANTE: nados entre o 2011 e o 2001, ambos inclusive.

CATEGORÍAS:  

 

  •  Categoría +5; nados 2011-12.         300 metros
  •  Categoría +7; nados 2008 a 2010. 600 metros
  •  Categoría +10; 2005 a 2007.        850 metros
  •  Categoría +13; 2001 a 2004.         1600 metros

 

HORARIO ESTIMADO DA PROBA:

- 9:30 h: chegada centro educativos. Deixan as mochilas no centro e veñen cos mestres e profesores ata a Praza da Constitución

- 10:00 - 11:00 h: Os responsables de cursos recollen os dorsais do mostrador que estará aberto na praza da Constitución dende as 10:00 ao inicio das probas.

 

CARREIRAS: HORARIOS SON APROXIMADOS
- 11:00 h:
inicio da primeira carreira, categoría +5. Finalizada esta carreira, entrega de trofeos desta categoría +5. Deste xeito, os nenos de infantil poden regresar aos centros educativos.

- 11:15 h: inicio da segunda carrera, categoría +7 e a continuación as seguintes categorías, +10 e +13

- 12:00 h: entrega de trofeos das categorías +7, +10 e +13.

- 12:30 h: fin do evento e regreso aos centros educativos.
 

INSCRICIÓN DE PARTICIPANTES: No CENTRO ESCOLAR O PROFE DE E.F. TRAER O MARTES 9 MAIO

INSCRICIÓN PERSONAL: CLIQUE NESTE ENLACE E CUBRA OS CAMPOS OBRIGATORIOS. ( Especialmente o do EQUIPO:  CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ. Para localizar o día da carreira o Dorsal no sobre do Insua Bermúdez.) 

 ENLACE PARA INSCRIBIRSE: https://goo.gl/iqmGCt

 

 

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR NA  VIII CARREIRA POIPULAR ESCOLAR das LETRAS GALEGAS , 16 maio 2017. :

Os educandos autorizados (CUBRIR OBRIGATORIAMENTE EN MAIÚSCULAS ESTES DATOS):

 

D.,Dª.( pai/ nai, titor/ai )__________________________________________________DNI:_____________________

AUTORIZO:                               NON AUTORIZO

- Nome e Apelidos do/a Atleta:_______________________________________________Curso e Grupo:__________

- Data Nacemento do Atleta (con números):________________________   - Sexo: Masculino      Feminino:

- DNI (do neno se o ten):________________________.   Clube: CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ (VILALBA). 

 

DESCARGAR NORA, NORMAS DA CARREIRA, CARTAZ EN ADXUNTOS

AQUÍ ABAIXO

 

ACTIVIDADE DOS COXÍNS

COMO CALCAR O DEBUXO NA TELA DO COXÍN:

 

MATERIAIS NECESARIOS:

-         Papel calca

-         Fotocopia da portada do libro

-         Tela do coxín

-         Imperdibles

INSTRUCCIÓNS:

-         Collemos a fotocopia da portada do libro, colocamos o papel calca debaixo e despois a tea do coxín.

-         Colocamos uns imperdibles para que non se mova o debuxo.

-         Comezamos a calcar con lapis o debuxo da fotocopia para que quede no coxín debuxado.

-         ¡E xa está listo para pintar!

TRUCO: Non esquezas antes de pintar colocar un cartón pola parte interior do coxín, para que non traspase a pintura.

II XORNADA CLASIFICATORIA ATLETISMO DOMINGO 7 MAIO 2017 ESTADIO GREGORIO PÉREZ RIVERA (LUGO)

II PROBA CLASIFICATORIA  DE  ATLETISMO EN PISTA   7 MAIO DE 2017

 ESTADIO GREGORIO PÉREZ RIVERA (LUGO)

ALUMNADO PARTICIPANTE: aberto ao alumnado do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba e quen queira participar.

CATEGORÍAS: Benxamín ( 2009-08), Alevín (2007-06), Infantil (2005-04) e Cadete (2003-02).

DATAS PROBAS: 2ª Clasificatoria ( domingo, 7 de maio) e Campionato Provincial (domingo 21 de maio).Clasificaranse para o Campionato Provincial as 18 mellores marcas das probas clasificatorias. 

PROBAS POR CATEGORÍAS: Infantís e cadetes poden participar en 3 probas, resto en 2, non sendo dúas carreiras longas.

ROUPA:  pregamos que traiades equipación do cole e incluades na mochila  roupa para cambiarse  despois da competición e crema de protección solar!!

TRANSPORTE: Saída ás 9:25 am diante do cole, Insua Bermúdez, dun autobús pequeno. Pódese ir pola vosa conta pero pensade en chegar con tempo para coller o dorsal e presentarse 20 minutos antes de cada proba na cámara de chamadas.

Volta: Cando remate a proba de obstáculos cadete saída estimada de Lugo ás 7:45 pm, En Vilalba a partires das 08:15 pm.

COMIDA: cada atleta deberá levar a súa propia bebida e comida do almorzo e merenda: bocadillos, auga, froita...

INSCRICIÓN de Participantes: BENX FEM Andrea Balseiro: Marcha. Yara: 1000ml. Ariadna: Marcha, AroaD.: Peso Pelota, Mariña: 50ml, 1000ml. Soraya: 50 ml. ALEV FEM Noelia: Marcha, 60ml,  María Sand. peso, Naira:1000ml, Andrea Vivero: 60ml, 500ml. Sara Puentes:60 ml, INF FEM Guada: Marcha, 80ml, Jabalina, Aitana: Peso, 80 ml. CAD FEMUxía Díaz: Jabalina, Peso, Disco. Mª Díaz: Peso, Jabalina.

 horario maña 7 maio 2017horario tarde 7 maio 2017

BENX MASC Bruno Ferdez: Peso, Pelota. Pablo Iglesias:50ml 1000ml, Andrés Maceiras: pelota, 500ml, Iago Peteira 50ml, Xoel Pol: 50 ml, Aner: 50ml, Adrián Pérez: 500 ml, 50 ml, Santi Cancelas:1000ml, peso, Roi Fraga:1000ml, peso. ALEV MASC Edu: 60 ml, marcha, Alexandru&Xiao; Peso, Jabalina, Dani&Diego: Marcha,Rubén 1000ml Jabalina, Ángel: Jabalina, Jaime Lias&Iker&Jesús: Peso, Jabalina, Martín R: marcha, Diego Rego 60ml, Germán :Peso  INF MASC Antonio;Jabalina, Vicente: 500ml CAD MASC  David Franco Obstáculos, 500ml, Diego Díaz Peso, Manu Canto: Jabalina Peso. 

 NORMAS NO ESTADIO:  lémbrannos dende Deportes e a FGA Lugo  que a pé de pista so poden estar os adestradores,  nin atletas fora de competición, nin delegados, nin pais, nin fotógrafos amateurs, que  nalgún momento hai máis pais que atletas nas pistas. Os nenos non deberán andar polas pistas cando non teñen probas, e o mediodía,que non utilicen os fosos de lonxitude, xa víchedes como estaba a pista manchada  de area pola tarde.

 

Se descubrides algunha errata avisádeme ao 616501003.  . Grazas pola vosa axuda.!

O sábado subiremos as inscricións oficiais, repasádeas para ver posibles erros. Grazas.

 

NOVAS DO ALUMNADO

OS ALUMNOS/AS DE 6º CONTAN A  SÚA EXPERIENCIA CON SAMUEL.

Samuel é un neno da nosa clase que ten autismo. Todos os alumnos da clase fixemos unha actividade que consistía en contar un conto en todas as clases do colexio. O conto titulábase “ Un conto de carnaval” e contabámolo mentres Samuel pegaba uns pictogramas nunha cartolina.

Samuel sentíase feliz e facíao perfectamente. Antes de empezar a contar o conto, Samuel a través da Tablet presentábase e presentábamos a nós tamén dicindo: Ola, chámome Samuel Rancaño Liz. Estou no colexio Antonio Insua Bermúdez en 6ºB. Gústame moito comer a pasta que me fai miña nai e ir de excursión no autobús.

Nós sentímonos moi felices e orgullosos de axudarlle e acompáñalo. Con esta actividade todos coñecemos mellor a Samuel e empatizamos con el.

Finalmente catro de nós levamos a cabo unha actividade no Parvulario con Samuel. Contámoslle o mesmo conto a todos os nenos do Parvulario. Gustoulles moito.

ENLACE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO

 

OS ALUMNOS DE 2º CONTANNOS A VISITA DO ESCRITOR JOSÉ CAMPANARI

O pasado 13 de Marzo tivemos a sorte de que o escritor Arxentino afincado en Lugo, Jose Campanari, visita o noso colexio.

Durante a visita todos os cursos, agás Infantil, pasaron pola biblioteca para escoitar o que nos tiña que dicir e saber máis dos seus libros e da súa vida.

Descubrimos que o seu libro favorito é Alicia no País da Marabillas, e firmounos exemplares dos seus libros.

Ao alumnado de segundo entregounos un conto escrito por el para que nós lle escribísemos o final. E así cando veña de novo ao cole para visitar Infantil, lerémoslle o que nós escribimos.

Divertímonos moito con el

Grazas por vir Campanari.

 

ALGÚNS DOS SEUS LIBROS:

-          Trenfugiados

-          El podador de Bonsais.

-          Ernesto bo día.

-          Lucas e Oso

-          Sígueme

-          E que podo facer eu?

ENLACE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO

 

V CARREIRA POPULAR CONCELLO FRIOL

O 28 de Maio, Friol terá de novo unha festa para a actividade deportiva máis axeitada para inculcar bos hábitos de vida saudable. E como sempre, medallas para todos os nen@s e camiset top para todos os participantes. Inscrición gratis para os menores e 3 euros para adultos.

Para inscribirse clicade neste enlace: INSCRICIÓN NA CARREIRA POPULAR

V CARREIRA POPULAR CONCELLO FRIOL

 

 

Distribuir contido