Radio patio

Excursión 5º a Santiago;Parlamento de Galiza, Xunta de Galiza e Catedral .

Excursion_ceip_antonio_insua_bermudez_edlg_biblioteca_normalizacion

 

O alumnado de 5º curso de Primaria visitou na Cidade de Santiago O Parlamento de Galiza coñecendo o Edificio, as funcións do Parlamento e os parlamentarios, logo viaxamos ao edificio do Goberno Autonómico, a Xunta de Galiza onde nos explicaron particularidades do edificio ata a actualidade e o traballo que alí se desenvolve, sentamos na sala do Presidente e Conselleiros e fomos repasando as funcións e presupostos de cada Cansellería.

Pola tarde logo de xantar acudimos a Catedral de Santiago de Compostela, subimos aos tellados, visitamos o museo e o Pórtico da Gloria coa policromía restaurada.

Un día pletóorico cheo de vivencias, experiencias e información.  

A ANPA crea o Hotel de bichiños para fortalecer o Horto Escolar.

A nosa ANPA na liña de promoción de divulgación actividades en torno aoHorto Escolar, deseñou unha actividade de Creación dun Hotel de Insectos para optimizar a súas vantaxes no noso horto.

A mamá e tamén Bióloga, Amanda, explicou ao alumnado de 5º A e 5º B as vantaxes de atraer insectos próximos a nosa hortiña para crear un ecosistema nos que poidamos optimizar as bondades do insectos no ciclo vital das plantas.

Estes alumnos transmitirán despois estes coñecementos aos seus compañeiros.  

Hotel_insectos_ANPA_INSUA BERMUDEZ_VILALBA _23-24

XXIV CERTAME LITERARIO BENJAMIN PAZ E CERTAME DE DEBUXO DAID DÍAZ. (CEIIP Antonio Insua Bermúdez)

Convocatoria da vixésimo cuarta convocatoria do certame literario Benjamín Paz e Certame de Debuxo David Díaz. 

Presentamos por unha banda o Cartaz  desta edición, inspirado no Proxecto de Centro dos Pintores e por outra banda as bases do Concurso que presenta algunha pequena modificación respecto a anos anteriores.

 

CARTAZ TEMÁTICO DA XXIV EDICIÓN 

 Cartaz_Animado_XXIV_Certame_Benjamin_Paz_Davis_Díaz

BASES DA CONVOCATORIA:  

 BASES DO XXIV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.- Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.

 

SEGUNDA.- Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.- Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme ánormativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE áque concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

 

CUARTA.- Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.- Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n, 27800 Vilalba

 

SEXTA.- O prazo de admisión de traballos remataráás 15 HORAS DO DÍA 19 DE MAIO DE 2023.

 

SÉTIMA.- O Certame estará dotado cos seguintes premios:

1. MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

    • 1º e 2º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
    • 3º e 4º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
    • 5º e 6º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

2. MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)

    • Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
    • Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.
    • Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.

3. MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.

 

OITAVA.- O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.- O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.- O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño.

A ANPA do Insua Bermúdez traballando na creación dun HORTO ESCOLAR.

A ANPA agradece a colaboración de tódalas persoas participantes neste obradoiro e emplaza a colaborar en nova data o 

LUNS 6, ás 16:30 h .

No Insua Bermúdez sumámonos á iniciativa pedagóxica de traballar un HORTO ESCOLAR.

No trimestre pasado unha mamá Bióloga, especializada en Plantas,  fixo uns Obradoiros sobre a Compostaxe e as Lombrices dirixidas a toda a comunidade escolar.

Neste Trimestre a ANPA, e as familias coordináronse para buscar material e man de obra para comezar a crear ese HORTO ESCOLAR.

Deixámosvos unha escolma de imaxes desta tarde onde mamás, papás e alumnado compartiron o nacemento do NOSO HORTO.

 

MAGOSTO TRADICIONAL INSUA BERMUDEZ CURSO 2021

 

O vindeiro venres 5 de novembro celebraremos o Tradicional Magosto do noso cole, para podelo levar a cabo pedimos a vosa colaboración para que cada alumno/a traia unha PRESA DE CASTAÑAS ADENTADAS, antes do venres.

O venres poderemos vir caracterizados de castañeiros e castañeiras e na merenda poderemos degustar uns boliños preñados (proporcionados polo cole) e as castañas asadas.

A Agrupación XOTRAMU achegaranos aos XOGOS POPULARES e TRADICIONAIS GALEGOS.

 Cartaz_Magosto21_InsuaBermudez_PVAD_ProxectaEDLG_BiblioInsua

XOGOS POPULARES PVAD PROXECTA INSUA BERMUDEZ 21-22

 

Clica na Imaxe para acceder á Galería de Imaxes do Evento

 

 

UN ENTROIDO 2020 DE OFICIOS TRADICIONAIS NO INSUA BERMÚDEZ

 

ENTROIDO EDLG INSUA BERMUDEZ OFICIOS TRADICIONAIS CARNAVAL 2020 VILALBA LUGO

ENTROIDO EDLG INSUA BERMUDEZ OFICIOS TRADICIONAIS CARNAVAL 2020 VILALBA LUGO

PODES VER A GALERÍA DE IMAXES DO ALUMNADO AUTORIZADO NESTE ENLACE DA CÁMARA

Cartaz-Entroido-20-InsuaBermudez

 

 

OrdesMecoEntroido20InsuaBermudezEDLG-Biblioteca

 

VIDEOTITORIAL DOS CESTEIROS E CESTEIRAS DE 1º DE PRIMARIA

 

 

VIDEOTITORIAL GAITEIROS 2º DE PRIMARIA

CELEBRAMOS CON POESÍA O ... QUÉROTE!

CartazNamorados InsuaBermudez14febrero20

PARTICIPAMOS NO PROXECTO PILABOT (RECOLLIDA DE DISPOSITIVOS DOMÉSTICOS DE ALMACENAMENTO DE ENERXÍA (PILAS))

PILABOT CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020 PILABOT CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020

PROXECTO DE COIDADO DO MEDIOAMBIENTE PILABOT

O noso centro ven de inscribirse un ano máis nunha campaña que promove o coidade e reciclaxe de material supercontaminante, "as pilas", mellor chamadas dispositivos domésticos de almacenamento de enerxía, traede tódalas pilas de calquera forma e tamaño de uso doméstico que atopedes pola casa, pedídelle aos veciños e familiares, cantas máis mellor. 

Ata 150 escolas de educación primaria e secundaria de toda a comunidade autónoma galega, tanto públicas como privadas, concertadas ou non concertadas,  participan no Certame Pilabot. Por iso, o público obxectivo do concurso Pilabot son os mozos galegos de 6 a 16 anos. Os centros recibirán os colectores para depositar as pilas colectivamente, material promocional da campaña e caixas para que os estudantes garden as pilas que xa non usan nas súas casas. Despois levarán as pilas ao centro e depositaranse no recipiente.

Os dous centros que recollan máis quilos de pilas en total e os dous que recollan máis quilos por alumno recibirán un premio pola compra de material escolar.

MAGOSTO 2016: A TRADICIONAL FESTA DA CASTAÑA

 

CartazMagosto2016InsuaBermudez2016

MAGOSTO: V CATA DE SOBREMESAS DO OUTONO NO INSUA BERMÚDEZ

5 Modelo de cartela para cada Sobremesa

3 Cartaz 2016 da V Cata de Sobremesas do Outono.

6 Modelo de Receita para envío ao correo electrónica e

entrega en papel na Biblioteca o 7 de novembro.

Grella V Cata Sobremesas de Outono

Preme en adxuntos para descargar algún impreso que precises: cartelas, modelo da grella da receita... Tódolos documentos se poden atopar en formato editable Office word 2007 e en formato pdf non editable.

 

 

 

Distribuir contido