A ANPA crea o Hotel de bichiños para fortalecer o Horto Escolar.

A nosa ANPA na liña de promoción de divulgación actividades en torno aoHorto Escolar, deseñou unha actividade de Creación dun Hotel de Insectos para optimizar a súas vantaxes no noso horto.

A mamá e tamén Bióloga, Amanda, explicou ao alumnado de 5º A e 5º B as vantaxes de atraer insectos próximos a nosa hortiña para crear un ecosistema nos que poidamos optimizar as bondades do insectos no ciclo vital das plantas.

Estes alumnos transmitirán despois estes coñecementos aos seus compañeiros.  

Hotel_insectos_ANPA_INSUA BERMUDEZ_VILALBA _23-24