PARTICIPAMOS NO PROXECTO PILABOT (RECOLLIDA DE DISPOSITIVOS DOMÉSTICOS DE ALMACENAMENTO DE ENERXÍA (PILAS))

PILABOT CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020 PILABOT CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020

PROXECTO DE COIDADO DO MEDIOAMBIENTE PILABOT

O noso centro ven de inscribirse un ano máis nunha campaña que promove o coidade e reciclaxe de material supercontaminante, "as pilas", mellor chamadas dispositivos domésticos de almacenamento de enerxía, traede tódalas pilas de calquera forma e tamaño de uso doméstico que atopedes pola casa, pedídelle aos veciños e familiares, cantas máis mellor. 

Ata 150 escolas de educación primaria e secundaria de toda a comunidade autónoma galega, tanto públicas como privadas, concertadas ou non concertadas,  participan no Certame Pilabot. Por iso, o público obxectivo do concurso Pilabot son os mozos galegos de 6 a 16 anos. Os centros recibirán os colectores para depositar as pilas colectivamente, material promocional da campaña e caixas para que os estudantes garden as pilas que xa non usan nas súas casas. Despois levarán as pilas ao centro e depositaranse no recipiente.

Os dous centros que recollan máis quilos de pilas en total e os dous que recollan máis quilos por alumno recibirán un premio pola compra de material escolar.