Convocatoria da vixésimo cuarta convocatoria do certame literario Benjamín Paz e Certame de Debuxo David Díaz. Presentamos por unha banda o Cartaz desta edición, inspirado no Proxecto de Centro dos Pintores e por outra banda as bases do Concurso que presenta algunha pequena modificación respecto a anos anteriores.
CARTAZ TEMÁTICO DA XXIV EDICIÓN BASES DA CONVOCATORIA: BASES DO XXIV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO PRIMEIRA.- Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.
SEGUNDA.- Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.
TERCEIRA.- Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme ánormativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE áque concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)
CUARTA.- Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.
QUINTA.- Os traballos serán dirixidos a: CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n, 27800 Vilalba
SEXTA.- O prazo de admisión de traballos remataráás 15 HORAS DO DÍA 19 DE MAIO DE 2023.
SÉTIMA.- O Certame estará dotado cos seguintes premios: 1. MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)
2. MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
3. MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.
OITAVA.- O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.
NOVENA.- O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.
DÉCIMA.- O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño.
|
|||||||||||||||||||||||