CARREIRA LETRAS GALEGAS VILALBA 2024 10 MAIO

Cartaz Letras Galegas 24 Deportes Vilalba Insua Bermudez PVAD PROXECTA INSUA

INSCRICIÓN. As inscricións, de balde para todas as categorías, serán do 15 ata o 25 de abril (ambos inclusive) exclusivamente a través do centro educativo co/a docente especialista en Educación Física/ dos distintos centros.

DATA e LUGAR DO EVENTO.

A XIV Carreira Popular das Letras Galegas, vaise celebrar o 10 de maio de 2024 no estadio da Madalena (pista de atletismo), a partir das 11:00 horas.

No caso de que existan inclemencias meteorolóxicas adversas, o evento terá lugar en datas posteriores (data a escoller, por consenso, entre o Concello e os colexios)

Plano CarreiraLetras Galegas 24 Vilalba Insua Bermúdez PVAD Proxecta Letras Galegas Biblioinsua

 

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIO APROXIMADO.

CATEGORÍA IDADE CURSO REFERENCIA DISTANCIA HORARIO
 CHUPETE  2020-2019  4º e 5º Infantil 60 metros  11:15 
BIBERÓN  2018  6º Infantil   80 metros 11:30 
PREBENXAMÍN 

2017 e 2016 

1º e 2º Primaria 

 200 metros

11:45 
BENXAMÍN  2015 e 2014  3º e 4º Primaria  500 metros  12:00 
ALEVÍN  2013 e 2012   5º e 6º Primaria 700 metros  12:15
12:30 - Hora estimada de finalización     
 INFANTIL 2011 e 2010   1º e 2º ESO 1000 metros  12:30 
CADETE 

2009 e 2008 

 3º e 4º ESO 1400 metros  12:45 
13:00 - Hora estimada de finalización no caso de ser necesario programar 2 categorías máis.     

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

A distancia en cada categoría poderase axeitar as necesidades dos participantes, con especial atención a aqueles que presenten diversidade funcional, ou outras características.

O alumnado participante matriculado nos CEIPS nado en anos anteriores ao 2012 participará na categoría alevín.

 

ITINERARIO DE ACCESO E SAÍDA DA PISTA.

Os participantes, ante a chamada para o inicio da súa categoría, accederán á pista baixando polas escaleiras centrais da grada. Unha vez rematada a proba,

retornarán ao seu espazo reservado polo lateral das gradas situado ao carón da liña de meta.

 

AVITUALLAMENTO E PREMIOS.

Os participantes recibrán unha auga e unha peza de comida. Ao ser probas participativas non competitivas, todo o alumnado participante recibirá unha medalla.

 

CONTROL DE ACCESOS.

Acceso permitido para pais/nais/titores ou familiares do alumnado á grada pequena do Estadio da Madalena. A grada principal estará reservada para o alumnado e profesorado.

 

OUTRAS DISPOSICIÓNS.

  •  Os centros educativos contarán cun servizo de autobuses para participar no evento, a cargo do Concello de Vilalba.
  • A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos obrigatorio para os participantes.
  • Cada centro educativo dispoñerá dun espazo reservado para os seus alumno.

 

ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DAS CARREIRAS.

A inscrición e participación na XIV Carreira Escolar das Letras Galegas supón a aceptación das normas.

A organización da proba reservarase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

 

AdxuntoTamaño
BasesReguladorasCarreiraLetrasGalegas2024.pdf86.23 KB
cartel_carreira_escolar_letras_galegas.pdf1.72 MB
Plano_Estadio_LETRAS_GALEGAS_2024.pdf681.89 KB
Modelo_exemplo_listado_nominal_inscrición_masiva.ods13.08 KB
Autorización Carreira Letras Galegas 24.docx1.91 MB
Autorización Carreira Letras Galegas 24.pdf779.43 KB