COMEDOR: MENÚ MES DE SETEMBRO

MATERIAL CURSO 2022/2023

ADMITIDOS SERVIZO MADRUGADORES

ORGANIZACIÓN 1º DÍA

TRANSPORTE ESCOLAR 2022/2023

Transporte Escolar curso 2022/2023

 

Ábrese o prazo para presentar a SOLICITUDE, MODIFICACIÓN DE ITINERARIO E A CREACIÓN DE NOVAS PARADAS NAS RUTAS ACTUAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR.


Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

 

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou instrodución de novas paradas en distancias inferiores a 2 Km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Deberán presentar a solicitude:

- Alumando do CEIP Antonio Insua Bermúdez que queiran utilizar o servizo de transporte.

- Novo alumnado matriculado no CEIP Atonio Insua Bermúdez para o curso 2022/2023.

- Alumnado que queira solicitar cambio de parada ou unha parada nova.

 

OLLO: O alumnado que xa fai uso do transporte escolar e que non quere modificar a parada non terá que cubrir a solicitude, xa que continua dado de alta no servizo.

SOLICITUDES

 

RUTAS DE TRANSPORTE

COMEDOR

SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023

 

Deberá presentar a solicitude:

- Alumnado matriculado no CEIP Antonio Insua Bermúdez e usuario de comedor neste curso e que queira seguir sendo usuario do comedor escolar.

- Novo alumnado matriculado no CEIP Antonio Insua Bermúdez para o curso 2022/2023 e que queira facer uso do comedor escolar.

 

Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (preme aquí para descargala) indicando a cantidade da renda neta de ano 2021 e presentala cuberta e asinada polos dous proxenitores (pai e nai) na Secretaría do centro en horario de 10:00h a 13:00h de luns a venres, dende mañá 29 de xuño ao 08 de xullo de 2022.

Aquí podedes ver todas as instruccións

 

Solicitude de colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar

Infórmase tamén de que se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do acentro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023, podedes descargar aquí a solicitude e presentala no centro.

 

REUNIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Estimadas familias,

 

O vindeiro xoves 30 de xuño o alumnado que cursará 4º de EI terá unha reunión informativa coa súa titora.

DOCUMENTACIÓN FORMALIZACIÓN MATRÍCULA INFANTIL E PRIMARIA

LISTADO LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023

XXIII Certame Benjamín Paz e David Díaz

Anunciamos o fallo do xurado do XXIII Certame Benjamín Paz e David Díaz.

 

Modalidade de POESÍA:

- 1º Ciclo de Educación Primaria (1º e 2º)

Premio para o traballo "O MEU GATO TOLO" resultou ser o seu autor BRUNO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

- 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º)

Premio para o traballo "O SOLDADIÑO QUE NON QUERÍA LOITAR" resultou ser o seu autor ADRIÁN FREIRE DORADO do CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ.

- 3º Ciclo de Educación Primaria (5º e 6º)

Premio para o traballo "O MISTERIO MISTERIOSO" resultou ser a súa autora SAÍNZA PORTELA RODRÍGUEZ do CEIP PLURILINGÜE DE MUIMENTA.

 

Modalidade de NARRATIVA:

- 1º Ciclo de Educación Primaria (1º e 2º)

Premio para o traballo "A NENA VALENTE" resultou ser a súa autora MINIA VILAS CASTRO do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

- 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º)

Premio para o traballo "SALVANDO AS LONTRAS" resultou ser a súa autora MAIA RODRÍGUEZ TRINIDAD do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

- 3º Ciclo de Educación Primaria (5º e 6º)

Premio para o traballo "A CASA DO AVÓ" resultou ser a súa autora XIANA REGO PRIETO do CEIP MONSEIVANE.

 

Modalidade de DEBUXO. Premio David Díaz Vázquez

- Infantil 3 anos: premio para PAULA PARDIÑO FERNÁNDEZ do CEIP MONSEIVANE

- Infantil 4 anos: premio para INAS AATIOUM do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

- Infantil 5 anos: premio para ALMA CODESAL LÓPEZ do CEIP PLURILINGÜE LAGOSTELLE 

 

Adxuntamos o fallo do xurado.

 

Distribuir contido