CAMPIONATO PROVINCIAL DUATLÓN XOGADE. XERMADE, domingo 21 abril 2024.

Cartaz Insua PVAD Insua Bermúdez PROXECTA 24 DUATLON XERMADEInscritos Insua Bermúdez no Clube Tríatlon Vilalba

Domingo 21 de Abril de 2024 o alumnado AUTORIZADO do CEIP A. Insua Bermúdez e invitados asegurados en XOGADE, participarán no PROVINCIAL XOGADE DE DUATLÓN en XERMADE(Lugo) .

 Inscrición: o alumnado do cole e os invitados/as apuntaranse co profe Suso ata o luns anterior 15 de abril. Precisamos nome, apelidos, Data de Nacemento e DNI se o ten. Mandar estes datos ao tlfno 616501003, profe Suso antes dese luns 15 de abril, logo será imposible inscribir a ninguén. 

 Alumnado participante: Aberto a tódolos atletas que desexen participar. Alumnado que se inscriba para a proba no XOGADE co cole pero competimos co clube filial Triatlón Vilalba, alumnado de 2ª a 6º máis a ESO.

Transporte: Gratuito desde o CAMPO DA FEIRA  de Vilalba, ás 9:15 h do domingo 21 abril a Xermade Ida e Volta. Indicar ao inscribirse se se fará uso do bus de transporte ou non. As Bicicletas irán no maleteiro do Bus. 

 Lugar da proba: XERMADE. Saída transición e meta Praza de Xermade.

 Material:

    • DNI ou documento no que figure Nome Apelidos e foto (carnet biblioteca...)
    • Casco de bicicleta.
    • Bicicleta (con rodas e frenos en bo estado e manetas sen furados polos lados). Sería bo que tivera marchas. Non se admiten: patas de cabra, cestas portaobxectos ou accesorios que sumen peso ou sexan perigosos para resto participantes, retirádeos na casa.
    • Dorsais e Verificacións: Unha hora antes da primeira proba recollida por nome e apelidos na carpa de organización. 10 minutos antes de cada proba por categoría ábrese a verificación técnica, por orde de dorsal, deberase presentar o atleta co casco posto e a bicicleta na fila de entrada ao aparcamento de bicis, zona de transición. Despois de chegar a meta lembrade recollelas.
    • O tráfico pecharase unha hora antes do comezo da primeira proba. SE queredes aparcar preto chegade antes do peche do tráfico. 

Distancias das probas por categorías  Horario aproximado :  

    • Benxamíns: (nados 2015 ao 2016[curso 2º e 3º ]). Proba: 400m. carreira + 2.000m bici + 200m de carreira. Hora de 10:50 a 11:00.
    • Alevíns: (nados 2013 ao 2014. {curso 4º e 5º}). Proba: 800m carreira + 4.000m bici + 400 m de carreira. Hora de 11:20 a 11:30.
    • Infantís: (nados 2011 ao 2012. {curso 6º e 1º ESO}- Proba 1200m carreira + 6000m bici + 600m de carreira. Hora 11:50 a 12:00.
    • Cadetes: ( nados  2009 ao 2010. {curso 2º e 3º ESO}- Proba 2000 m carreira + 8000m bici + 1000m carreira. Hora 12:20 a 12:30.

CIRCUITO XERMADE DUATLON XOGADE INSAU BERMUDEZ VILALBA PVAD PROXECTA 23-24

Rematar a proba recibirán auga e algo para repoñer forzas, se queredes podedes levar algo máis de auga e comida.

PREMIOS: os que rematen a proba quedarán clasificados para os premios individuais e por equipos.Este provincial é aberto a tódolos participantes, os que se clasificaron na primeira carreira e os que queiran participr sen estar clasificados anteriormenet.  O equipo configurase cun mínimo de 3 participantes e cun máximo de 6.

Os tres primeiros recibirán medalla no acto de premiación ao final do evento, se quedades entre os 3 primeiros debedes quedar á entrega oficial, así como os tres primeiros equipos de cada proba categoria e sexo,  senón debería pagar multa de 30 a 50 euros. Non haberá campionato Galego XOGADE a posteriori. 

 

AdxuntoTamaño
nOTA dUATLON pROVINCIAL xERMADES 21 ABRIL2024iNSUA Bermudez.docx2.18 MB
NotaBoaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR-domingo_21_04_24XERMADE.pdf733.63 KB
NotaBoaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR-domingo_21_04_24XERMADE.docx2.78 MB
Inscricion-Duatlon-Escolar-Xermade-FP.xlsx61.43 KB
inscritos insua Duatlón Xermade 21 abril24.gif19.72 KB
FollaINSUA para integrar en EXCELL Tr Vilalba-inscricion-Duatlon-Escolar-Xermade.xlsx58.08 KB