Deportes

MICRONOVAS PRIMAVERA CON IKER E RUBÉN

X CARREIRA LETRAS GALEGAS 2019 CONCELLO DE VILALBA

INDICACIÓNS PARA INSCRICIÓN E AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR NA X CARREIRA LETRAS GALEGAS DO CONCELLO DE VILALBA.

CartazX CarreiraLetrasGalegasVilalba2019 

1.- INSCRICIÓN NA CARREIRA A TRAVÉS DO ENLACE A: CHAMPION CHIP X CARREIRA LETRAS GALEGAS 2019 VILALBA. ( NESTA PARTE CONSEGUIREMOS UN DORSAL PARA A CARREIRA)

Inscrición : GRATUÍTA do 23 de abril ao MARTES 7 DE MAIO ás 12:00 do mediodía.

Inscrición no enlace de champion chip: 

 

Prema aquí para inscrición: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1807/x-carreira-popular-escolar-das-letras-galegas-vilalba

 

IMPORTANTE indicar nos campos: CLUBE e COLEXIO,  "CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ"para facilitar entrega de dorsais no centro previamente.

No campo NICK : poñede o nome correcto, máximo 11 espazos, para repartir os dorsais con facilidade entre os 350 alumnos do cole.

 

* No centro non inscribiremos. Facédeo individualmente, se non sabedes pedide axuda, é moi sinxelo e soamente leva 2 minutos.

 

Categorías da carreira:

·        

+5 nados 2014. Infantil 4anos: Carreira Mixta Feminina e masculina. 420m. Ás 11.00 h.

·        

+6 nados 2013 Infantil 5 anos: Carreira Mixta Feminina e masculina.420 m

·        

+7 nados entre 2012 e 2010: 1º, 2º e 3º de Primaria Carreira Feminina 775m e despois Carreira Masculina. 775m

·        

+10 nados entre 2009 e 20074º, 5º e 6º de Primaria Carreira Feminina 850m e despois Carreira Masculina. 850m

·        

+13 nados entre 2006 e 2003, 1º,2º e 3º ESO. 1650m

Equipación Deportiva: Tódolas persoas participantes deberán levar camiseta da equipación do centro, Os atletas de Infantil e 1º de Primaria, os que non podemos prestar camisetas, pedímoslles que leven a equipación do cole ou no seu defecto camiseta nalgún tono azul, sempre que poidan. A partires de segundo curso de primaria repartiremos CAMISETAS DO CENTRO ata onde cheguen, cando non cheguen igual que para os pequeniños. Camiseta azul.

 

·        

Sairemos do centro sobre as 9:50 da mañá, iremos andando con profesorado e reforzos suficientes. Antes das 11:00 resolveremos na carpa da organización as incidencias que xurdan.

·        

A primeira carreira comeza ás 11:00 POR SE QUEREDES ANIMAR.

·        

ENTREGA DE PREMIOS aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.

·        

REMATE ás 12:30h.

·        

ASEO E MERENDA:

Cando rematan a proba haberá auga, DEBERAN levar merenda a maiores e unha camiseta para cambiarse             (Infantil Non).

·         Prevese clase normal despois do recreo polo que levade material para as dúas últimas clases.           

 

      2.-  AUTORIZACIÓN  PATERNA/MATERNA OU DOS TITORES PARA SAÍDA DO CENTRO .( NESTA PARTE CONSEGUIREMOS  AUTORIZAR A SAÍDA DO CENTRO)                            

 

 

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN NA X CARREIRA LETRAS GALEGAS CONCELLO VILALBA.

entregar ao mestre titor/titora para control de inscricións e autorizacións

Eu:..................................................................................................................................., en calidade de nai/pai, titor/a legal

 do alumno/a: .................................................................................................................................da aula:.............................

AUTORIZO ao meu FILLO/A  a SAÍR DO CENTRO E PARTICIPAR  NA X CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS 2019 do CONCELLO DE VILALBA.                                                                                 

                        Asinado:

Data                                                                                         Nome e Apelidos

PLAN PROXECTA: XOGADE, ATLETISMO EN PISTA. 2ª CLASIFICATORIA BENXAMIN E ALEVÍN 28 DE ABRIL 2019

 

 EVENTO : 2º Proba Clasificatoria das Categorías BENXAMIN  e ALEVÍN.

DATA:  domingo 28 de abril de 2019 en xornada exclusivamente de mañá.

LUGAR: Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, nas Pedreiras, ao carón do Pabillón do Breogán. Posiblemente non nos concedan o transporte por falta de personal suficiente, contade con transporte propio.

ATLETAS INVITADOS: Alumnado de categoría BENXAMÍN; 2º  3º de Primaria e a categoría ALEVÍN; 4º  e 5º de PRIMARIA.

INSCRICIÓN: TOPE O MÉRCORES 24 DE ABRIL  co profe Suso. LISTADO DE INSCRICIÓNS, COMPROBAR para verificar que os datos son correctos

PROBAS: Ver o horario do evento, pódense elixir 2 probas , non poden ser 2 carreiras de máis de 250m. Elixir segúndo recomendacións dos mestres que orientan as potencialidades e talentos persoais.

Montaje creado Bloggif

 

ATLETISMO ESCOLAR: 1ª CLASIFICATORIA INFANTIL-CADETE (domingo 7 de abril de 2019)

EVENTO : 1º Proba Clasificatoria das Categorías INFANTIL e CADETE.

DATA:  domingo 7 de abril de 2019 en xornada exclusivamente de mañá.

LUGAR: Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, nas Pedreiras, ao carón do Pabillón do Breogán. Posiblemente non nos concedan o transporte por falta de personal suficiente, contade con transporte propio.

ATLETAS INVITADOS: Alumnado de categoría INFANTIL; 6º  1º da ESO, e a categoría CADETE; 2º  e 3º da ESO.

INSCRICIÓN: TOPE O MARTES 2 DE ABRIL  co profe Suso.

PROBAS: Ver o horario do evento, pódense elixir 3 probas , non poden ser 2 carreiras de máis de 250m. Elixir segúndo recomendacións dos mestres que orientan as potencialidades e talentos persoais.

 

LISTADO DE INSCRICIÓNS (CLIQUE PARA VER OU DESCARGAR) Importante verificar para ver posibles erros.

Montaje creado Bloggif

ATLETISMO ESCOLAR 1ª PREPARATORIA BENXAMIN/ALEVIN o 31 marzo de 2019

RESULTADOS DA PROBA: VER DOCUMENTO (Clica no enlace para velo ou descargalo)

EVENTO : 1º Proba Clasificatoria das Categorías Benxamíns e Alevíns.

DATA:  domingo 31 de marzo de 2019 en xornada exclusivamente de mañá.

LUGAR: Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, nas Pedreiras, ao carón do Pabillón do Breogán. Posiblemente non nos concedan o transporte por falta de personal suficiente, contade con transporte propio.

ATLETAS INVITADOS: Alumnado de categoría Benxamín; 2º e 3º, e a categoría ALEVÍN; 4º  e 5º.

INSCRICIÓN: TOPE O MARTES 26 DE MARZO  co profe Suso.

PROBAS: Ver o horario do evento, pódense elixir 2 probas , non poden ser 2 carreiras de máis de 250m. Elixir segúndo recomendacións dos mestres que orientan as potencialidades e talentos persoais.

LISTADO DE INSCRICIÓNS (CLIQUE PARA VER OU DESCARGAR) Importante verificar para ver posibles erros.

  

Montaje creado Bloggif

XA TEMOS DATAS OFICIAIS DE ATLETISMO ESCOLAR 2019

CartazInsuaBermudez Atletismo Escolar 2019 ENDL PDC XOGADE
Xa temos dtas de Atletismo Escolar 2019, cinco xornadas distribuídas en 4 mañás de clasificatorias e un Provincial de xornada completa.
Como novidade, en relación a anos anteriores, imos celebrar en xornadas só de maña, de xeito que haberá 4 xornadas clasificatorias: 
  • Dúas xornadas matinais Clasificatorias da categoría benxamín e alevín:
  • domingo 31 marzo - 1ª Clasificatoria e domingo 28 abril 
  • Dúas xornadas matinais Clasificatorias das categorías infantil e cadete:
  • domingo 07 abril - 1ª Clasificatoria e o domingo 05 maio – 2ª Clasificatoria 
  • Domingo 12 maio – Campionato Provincial (todo o día)

Clicade en adxuntos, abaixo á dereita, para descargar horarios e normas. Quen teña pensado participar que vaia informando si profe Suso. Está invitado todo o mundo. Ide informando ao responsable das inscricións con tempo. 

CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR LUGO, SÁBADO, 23 FEBREIRO 2019

CartazDuatlónSan RamónVilalbaCEIPInsuaBermúdezPlanProxectaProxectoDeportivo Centro

Montaje creado Bloggif

 

 

Imaxes dos participantes do curso pasado 2017-18 na Proba do Rato en Lugo

Organiza: A.D. FeFeMe Tríatlon do Miño Cidade de Lugo Fluvial Lodeco S.L.U. Federación Galega de Tríatlon Email: fefemetriatlon@yahoo.es

Promove e Patrocina: Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia Patrocina: Concello de Lugo Fundación Deporte Galego Colaboran: Protección Civil Concello de Lugo Policía Local. 

Transporte Bus: bus ás 9:15h do Campo da Feira en Vilalba, saída a Lugo ás 9:30h.  A bicicletas viaxan no maleteiro do bus cárganse de 9:15h a 10:00h. 

Participantes previstos: 60

Saída, transición e meta: No paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. O Circuíto estará pechado ao tráfico pola Policía Local, desde unha hora antes da 1ª proba ata o remate da derradeira carreira.

Recollida de dorsais: Na carpa de organización desde 45´ antes do comezo de cada proba ata 10´ antes da saída. A partires das 10 pechan o tráfico ata o final da proba.

Data e horario da carreira: Sábado 23 de febreiro de 2019

  • Recollida Dorsais: 10:10h ata 10´antes de cada proba. Verificación de material 10´antes de cada proba.
  • Saída categoría benxamín ás 11:00h. Alumnado de 3º e 4º primaria. Distancias Categoría benxamín: 0,5 Km de carreira a pé – 2 Km en bicicleta – 0,250 Km de carreira a pé. 
  • Saída categoría alevín ás 11:20h. Alumnado de 5º e 6º. Distancias Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 0,5 km de carreira a pé.
  • Saída categoría infantil ás 11:50h. Alumnado de 1º e 2º da ESO. Distancias Infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta – 0.750 km de carreira a pé.
  • Saída categoría cadete ás 12:30h. Distancias Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé Participantes:
  • Hora de remate das probas ás 13:30 h.  

Deportistas mutualizados no Programa Xogade 2019 da Secretaría Xeral para o Deporte, na actividade de Dúatlon Escolar

 MATERIAL NECESARIO: Casco, Bicicleta de marchas: rodas en bo estado, freos en bo funcionamento e tapóns dos puños do manillar postos.

INSCRICIÓN: O alumnado do Triatlón S. Roque apuntase nas escolas con Javi e no cole os que non pertenzan ao clube recolle ata o Luns inscricións profe SUSO, e logo pásallas a Javi do Triatlón San Roque. Despois do martes non se pode inscribir a ninguén. Andade lixeiros con tempo.

Premios:Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e sexo.

Normas de competición A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2019 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do regulamento de competicións das Federacións Galega e Española de Tríatlon.Ver Regulamentos

ENLACE GOOGLE MAPS RESTAURANTE TERRAS DO MIÑO

ENLACE DA PROBA NA PÁXINA DA FEDERACIÓN 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS A MAGDALENA 3 FEBREIRO 2019

 

CIRCUITOpROVINCIAL cAMPO Través Escolar 2019 Vilalba

  • LUGAR DA PROBA: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).   
  • DORSAIS: reparto ás 10:20,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:30h. Os dorsais non é posible entregalos antes. Pódense facer cambios ata as 11:15 soamente.  Todos deben coñecer os seus equipos para a saída e a entrega de premios por equipos. Están na web e na Entrada do cole. Na meta defínense os equipos do Campionato Galego, salvo os Benxamíns que non van ao Galego.
  •  Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: traede algo de bocadillo, froita… daran auga. CATARROS E SINÓNIMOS: vai chover recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Hai vestiarios habilitados.
  • RESULTADOS: na caseta das bancadas iranse poñendo os resultados individuais/equipos
  • ENTREGA DE TROFEOS: Logo da carreira de Cadetes, Acto de Trofeos Individuais e de Equipos, OBRIGADOS A ESTAR POR EQUIPOS PARA COLLER OS TROFEOS. Os Resultados DEFINIRÁN equipos do GALEGO, van os dous primeiros equipos e os 8 primeiros individuais que non foron por equipo. Na web tedes máis información.

CLICA AQUÍ ABAIXO PARADESCARGAR AS INSCRICIÓNS INDIVIDUAIS E EQUIPOS.

 

 

 

RESULTADO E IMAXES DA PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS TERRA CHÁ

Montaje creado Bloggif

Montaje creado Bloggif

 

 CLICADE NAS LIGAZÓNS PARA ACCEDER AOS DOCUMENTOS EXCELL DOS RESULTADOS

BENXAMÍN FEMININO   BENXAMÍN MASCULINO  
ALEVÍN FEMININO   ALEVÍN MASCULINO  
INFANTIL FEMININO   INFANTIL MASCULINO  
CADETE FEMININO   CADETE MASCULINO  

PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS NA MAGDALENA O DOMINGO 20 DE XANEIRO DE 2019

CAMPO A TRAVÉS       domingo 20 DE XANEIRO DE 2019          PROBA CLASIFICATORIA       

http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/corredores.jpg

  Participantes: Inscritos de 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O. Ver equipos na web do centro. Inscricións e cambios de última hora ata  as 10:45.

*     

Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

*     

Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  

*Probas Benxamíns ( 11-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.           * Probas Alevíns (09-08).11:25h Fem.         11,40 h Masc.

*Probas Infantís (07-06) 12,00h. Fem.               12,20h Masc.        *Probas Cadete (05-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

*     

Dorsais: reparto ás 10:00,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais non é posible entregalos antes. Pódense facer cambios ata as 10:45 soamente.  Todos deben coñecer os seus equipos para a saída e a entrega de premios por equipos. Na meta defínense os equipos do seguinte provincial.

*     

Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: traede algo de bocadillo, froita… daran auga. CATARROS E SINÓNIMOS: vai chover recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Hai vestiarios habilitados.

*     

RESULTADOS: na caseta das bancadas iranse poñendo os resultados individuais/equipos

*      ENTREGA DE TROFEOS: Logo da carreira de Cadetes, Acto de Trofeos Individuais e de Equipos, OBRIGADOS A ESTAR POR EQUIPOS PARA COLLER OS TROFEOS. Os Resultados DEFINIRÁN equipos do PROVINCIAL o 3 febreiro na Magdalena. Na web tedes máis información.

Cartaz Campo Traves Plan PrxectaInsus 2019

Distribuir contido