Deportes

XORNADA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS 15-01-2019 NA MADALENA

Gran xornada participación escolar na primeira proba Preparatoria de Campo a Través zona da Terrá Chá con atletas de Pastoriza, Outeiro de Rei, Guitiriz, Abadín e Vilalba no circuíto da MADALENA en Vilalba.

O noso centro acudiu cunha nutrida representación sobre uns 170 deportistas, entre benxamíns, alevíns e infantís.

Podedes ver os resultados abaixo á dereita en ADXUNTOS, por categorías e por sexo.

MOITOS PARABÉNS a TÓDOLAS PERSOAS PARTICIPANTES NESTA EDICIÓN DA PREPARATORIA. SODES UNS CAMPIÓNS E UNHAS CAMPIONAS!

O próximo domingo 20 de xaneiro organizarase a sesión Clasificatoria que dará acceso ao Campionato Provincial aos dous mellores equipos de cada categoría e aos 8 primeiros clasificados que non figuren nun equipo. Omércores e o xovesson os días para se apuntar, invitamos aos atletas da ESO   e aos que o desexen para participardes.

Lembrade lavar a equipación e tela preparada para a proba CLASIFICATORIA. Os que non poidan asistir que a entreguen no recreo ao profe SUSO para borralos do listado.

COMEZA O CAMPO A TRAVÉS

cartaz-Campo-Traves-InsuaBermudez_Vilalba

Comezamos a Temporada de Deportes Escolar coas Probas de Campo a Través, non vos despistedes que temos dúas probas na mesma semana.

PROBA PREPARATORIA

martes 15 de xaneiro, en horario lectivo, regreso con tempo para o comedor.

PROBA CLASIFICATORIA

domingo 20 de xaneiro, pola mañá. (equipos segundo chegada na Preparatoria)

CAMPIONATO PROVINCIAL

domingo 3 de febreiro, pola mañá na Magdalena.

O importante e facer algo de Actividade Física e pasalo moi ben esforzándose un pouquiño, Pasaremos polas aulas para mirar as tallas de camisetas e apuntar aos que ides  participar.

A orde de chegada na Preparatoria será a empregada para facer os equipos da Proba Clasificatoria do Domingo seguinte.

Nos recreos andamos onde a árbore do campo de fútbol sala para entrenar un pouco.

   

Participantes: AUTORIZADOS DE 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O.. Prégase apuntarse soamente cando se está seguro de asistir. Estas Actividades Deportivas son  gratuítas. Quedará profesorado traballando cos que non vaian. Hai que vir ao cole!.

  Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

 Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  FARASE FOTO DE GRUPO ao final, prestade atención!

*Probas Benxamíns ( 09-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.         * Probas Alevíns (07-08).11:25h Fem.        11,40 h Masc.

*Probas Infantís (05-06) 12,00h. Fem.              12,20h Masc.        *Probas Cadete (03-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

Bus: Un bus fará os traslados dos nenos/mestres por quendas antes das 10:30,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais se é posible entréganse  antes. MOI IMPORTANTE NON PERDER O DORSAL sen el non se poderá participar.

 Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: Para repoñer forzas: facer estiramentos, beber auga, comer bocadillo e froita. CATARROS E SINÓNIMOS: recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Podedes ducharvos nos vestiarios ou na casa. ;-)

  Nais e pais colaboradores: Prégase colaboración paraaxudar aos atletas a cambiarse nos vestiarios. Vóltase con tempo para o comedor. Os Resultados DEFINIRÁN equipos da clasificatoria.

 

Tempo de Castañas e Xogos Populares no Insua

CartazENDL_Magosto_Insua_Bermudez2018

Co gallo da celebración do Magosto 2018, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo xoves 15 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL.

Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:

-   Traer do luns 12 ao mércores 14: unha presiña de castañas adentadas nunha bolsiña e deixalas nas caixas que estarán na entrada do cole.

-    Disfrazarse á maneira tradicional o xoves 15, suxerimos camisa de cadros, chaleco, pantalóns de pana, saia longa, mandil, pano na cabeza...

O xoves 15 de novembro de 2018 probaremos no recreo as castañas asadas e uns boliños preñados,  ao rematar haberá un circuíto de xogos populares.

Na web, na conta de Facebook e no Twitter do centro subirase; o cartaz, a nota, as Micronovas TV e o filme da reportaxe fotográfica.

Grazas pola vosa colaboración. 

  

CHÁNDAL E EQUIPACIÓN DEPORTIVA DO INSUA BERMÚDEZ

EQUIPACIÓN CHÁNDAL CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ 18-19

*Unha vez rematado este prazo, agardarase a xuntar varios pedidos para aforrar custos de envío. Pódense facer pedidos despois deste prazo igualmente ;-).

** Clicade na Imaxe para ver en Google maps a ubicación da tenda CUSTOMIZE.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (Semana 17-21 de setembro)

1.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA DO INSUA BERMÚDEZ.

ENTRETEMENTO:

É un servicio de guardería dentro do cole para poder usar si teñen horas libres entre actividades, ou como entretemento para conciliación familiar. Imparte: Rocío, monitora do ano pasado. No caso de haber mais de 10 nenos teremos outra monitora. Pódese solicitar en días soltos, avisando con un día de antelación. Fanse manualidades, xogos, debuxo, vaise ó patio… Precio: 3 € por hora.

HOCKEY SOBRE PATíNS:

Actividade moi interesante para aqueles nenos que xa saben patinar. O ano pasado foron a ver un partido do Liceo a Coruña e a xogar como equipo a As Pontes. Imparte: Club de Hockey de As Pontes. Material necesario: casco, proteccións, stick, 1 bola y patíns (preferiblemente de 4 rodas por patín, en paralelo). Idade mínima: 5 años, é necesario saber patinar. Mínimo 10 alumnos. Duración: 1,5 horas. Precio: 15 € /mes

MULTIDEPORTE:

Imparte: Clube Porta Nova de Lugo, os monitores do ano pasado. Cada día trabállase un deporte diferente (futbol, baloncesto, balonmano, rugby sin contacto, tenis, bádminton, voley, beisbol…). Faise traballo de psicomotricidade para idades de 3 a 6 años. Veñen 2 monitores, un deles traballa cos mais pequenos e outro cos maiores. Mínimo 15 alumnos. Posibilidade de torneos con outros colexios. Precio: 11 € /mes

BALONMAN:

Imparte: Clube Porta Nova de Lugo, os monitores do ano pasado. Tamén se pretende facer equipo. Minimo 10 alumnos, dende os 6 anos. Precio 11 €/mes

ATLETISMO:

Empezamos este ano coa actividade, traballarán todas as modalidades de atletismo con monitores do Clube Porta Nova de Lugo. Mínimo 10 alumnos, máximo 25, dende os 3 anos. Precio: 11 €/mes

PATINAXE:

Imparte. Ovidio, de Puzzle Animación, imposible aburrirse! Mínimo 15 alumnos, máximo 35 alumnos. No caso de mais de 15 alumnos teremos 2 monitores, un traballará cos nenos que non saben patinar. Material necesario: casco, proteccións y patíns en línea. Idade mínima: 4 años. Duración 1 h, Ovidio di que é mais que suficiente. Precio: 11 €/mes

RELAXACIÓN E EXPRESIÓN CORPORAL, ZUMBA E XIMNASIA RÍTMICA:

Actividades sempre divertidas e relaxantes onde se baila e se disfruta da música. Imparte: Laura, monitora do ano pasado. Mínimo 10 alumnos, máximo 20. Idade mínima para zumba e ximnasia rítmica : 4 anos, para relaxación e expresión corporal poden ir dende os 3 anos. Precio: 11 €/mes. No caso da XIMNASIA RITMICA serán clases de 1,5 h e precio de 15 €/mes

FRANCÉS:

No instituto é obligatorio estudiar francés durante 2 anos, nós queremos darvos a posibilidade de ir aprendendo dende agora.

Imparte: Noelia Veiga, nacida en Suiza. Idade mínima: 3 anos. Mínimo 8 alumnos. Precio 20 €/mes

INGLÉS NATIVO:

Imparte: Helen e María de School of English, natural de Inglaterra. Mínimo 10 alumnos. Idade mínima 4 anos. Duración 1 h. Precio: 22 €/mes.

INGLÉS TRINITY:

Este curso pretendemos empezar cun novo inglés que traballa con profesores capacitados, nivel mínimo C 1, con programas específicos para traballar, sobre todo a comunicación oral. Imparte: Centro Educa 3, centro examinador oficial Trinity.

Inglés infantil: Pódese escoller 1 h á semana (18 €/mes) ou 2 h ( 36 €/mes) Inglés primaria: Son obligatorias 2 h á semana (36 €/mes)

PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA:

Esta actividade parécenos moi interesante porque será esencial para o futuro dos nosos nenos. A Anpa fixo e sigue facendo un esforzo tremendo para que a actividade se poida levar a cabo. Podedes informarvos do método que siguen de traballo en www.jovenesinventores.es

Imparte: Yon, de Jóvenes Inventores. Mínimo 10 alumnos. Idade mínima: 7 anos. Duración: 1 hora. Precio: 26 €/mes

PINTURA E MANUALIDADES:

Imparte: Paula, de Minds. Material necesario: camiseta vella, 50 cartulinas blancas, 1 lapis HB2, unha goma de borrar, 1 pincel do número 1 e outro do número 8. Idade mínima 4 anos. Mínimo 8 alumnos, máximo 15. Precio: 11 €/mes

INFORMÁTICA:

Pensada para aprender a informática básica (Word, Excel, Paint…), pero tamén haberá tempo para o xogo. Imparte: Paula de Minds. Idade mínima 6 anos. Mínimo 8 alumnos, máximo 14. Precio: 11 €/mes

TEATRO:

Pareceunos moi interesante o proxecto que nos ofrece Angela Beltrán, a monitora. Vaise a traballar a postura corporal, a correcta respiración, a utilización da voz, o traballo cos compañeiros e o conflicto teatral de grupo. Imparte. Angela Beltrán, estudiou Piano, Ballet, Arte Dramático na RESAD, Madrid e está cursando Psicoloxía na actualidade. Dende os 3 anos ata os 12. Precio: 12 €/mes

CAPOEIRA ANGOLA:

A capoeira é unha arte marcial afro-brasileira que convina danza, música, acrobacias e sobre todo, expresión corporal. A capoeira angola é a capoeira mais tradicional, mais ligada ás tradicións marciais. Imparte: Jose Angel Rios Casás (actor, coreógrafo, entrenador personal, profesor de pilates entre moitas outras cousas), podedes saber sobre él no seu facebook. Idade mínima: 8 anos. Precio: 15 €/mes

HÍPICA PARA NENOS E ADULTOS:

Imparte Andrés, Pazo de Meire-Belesar. Venres pola tarde e sábado pola mañá. O horario acordarase entre os que se anoten.

Faranse grupos de 5 personas cada hora. Idade mínima: 7 anos Precio: 8 €/hora.

HORARIO EXTRAESCOLARES ANPA 2018-19

                        • Madrugadores: Tódolos dias, de 7:30 a 9:30 nas ludotecas de Minds e Larilandia. En Larilandia hai posibilidade de empezar ás 7 da mañá.
                        • Entretemento: Servicio de guardería dentro do cole. Tódolos días de 15:30 a 17:30 h. 3 €/hora
                        • Iniciación musical: Impártese na academia Soilar. Os luns pola tarde, por grupos de idade. Precio: 10 €/mes
                        • PADEL: Impártese en Indoor. Xoves entre as 16:00 e as 19:00 h e venres entre as 16:00 e as 20:30 h. Precio : 25 €/mes
                        • HÍPICA PARA NENOS E ADULTOS: Venres pola tarde ou sabado pola mañá. O horario acordarase entre os que se anoten.Precio: 8 €/hora.

 

Montaje creado Bloggif

 

2.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLO CONCELLO. (Lembrade que o prazo remate a finais de setembro)

Horario escolas deportivas Vilalba 2018-19

O Concello de Vilalba pon en marcha as súas Escolas Deportivas Municipais, as cales son un referente comarcal, provincial e autonómico no fomento da actividade física,  e que o ano pasado contaron con máis de 700 alumnos.

Inscrición:

Primeiro prazo: entre o 17 e o 28 de setembro do 2018.

Segundo prazo: entre o 14 e o 25 de xaneiro do 2019.

 

Na oficina de deportes e no rexistro do Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00 horas, entregando o formulario e o certificado de conta bancaria.

Calendario de actividades:

Inicio das escolas o 8 de outubro do 2018. Remate: 31 de maio do 2019

Períodos para darse de baixa:

Primeiro: do 22 ao 31 de outubro do 2018 (sin cargo en conta). Segundo: do 14 ao 25 de xaneiro do 2019 (devolución do 50% da tasa)

Forma de pago:

Domiciliación bancaria das tasas vixentes según a Ordenanza fiscal nº 33.

Ligazóns de descarga:

Grupos e horarios das distintas modalidades:  Horarios 2018

Formulario de inscrición: Formulario 2018

(Fonte, web do Concello)

 

 

SOLICITUDE DA CONCESIÓN DO CERTIFICADO DE CALIDADE DE CENTRO SAUDABLE 17-18

O curso pasado presentamos por primeira vez a solicitude, máis problemas de firma electrónica e un erro de envío fixo que non chegara ao Ministerio de Educación, este ano voltamos tentalo e velaí vos presentamos a memoria que remitimos. Sabemos que o reto é complicado, o derradeiro curso de varias centenas de solicitudes soamente concederon 40 certificados.

Solicitude centro saudable 2017-18 ceip antonio insua bermudez

 

Montaje creado Bloggif

EXCELENTE PARTICIPACIÓN DO INSUA NA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS DE VILALBA

 

 

Uns 270 escolares do noso centro acudimos na xornada do mércores ás inmediacións da Plaza da Constitución de Vilalba a celebrar con escolares de toda a vila a tradicional Carreira das Letras Galegas organizada pola concellería de Deportes de Vilalba. Parabéns a tódolas persoas participantes.Montaje creado Bloggif

NOTA IX CARREIRA LETRAS GALEGAS

Co gallo da IX Carreira das Letras Galegas de mañá queremos puntualizar varias dúbidas presentadas por diferentes canles,perdoade porque fixemos a primeira hora da tarde un Tokapp  e por algunha razón non chegou.

  • Sairemos do centro sobre as 10:00 da mañá, iremos andando con profesorado e reforzos suficientes.Levarán os dorsais postos na camiseta do cole para todo o alumnado de segundo a sexto de primaria. Os atletas de Infantil e 1º de Primaria, para os que non podemos prestar camisetas, pedímoslles que leven a equipación do cole ou no seu defecto camiseta nalgún tono de azul sempre que poidan. Antes das 11:00 recolleremos na carpa de organización os dorsais que tiveron incidencias, recoller e listo.
  • A primeira carreira comeza ás 11:00 POR SE QUEREDES ANIMAR.
  • A ORDE DAS CARREIRAS :
    • Os primeiros en correr son +5, as pequenas de infantil e logo os rapaces de infantil, ao rematar farase entrega de dorsais para que volvan ao centro. andando sen agardar polo resto.
    • A seguinte categoría en correr é a +7, os atletas de 1º,2º e 3º de Primaria, primeiro corren as nenas e logo os nenos, por separado.
    • Segue a categoría +10, dos cursos de 4º, 5º e 6º. primeiro nenas e logo nenos.
    • Remata a categoría +13, do mesmo xeito diferenciando carreira feminina e masculina.
  • ENTREGA DE PREMIOS aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.
  • REMATE entre as 12:30h e 13:00h
  • ASEO E MERENDA:
    • Cando rematan a proba haberá avituallamento, bebida e froita, de tódolos xeitos seria bo que levaran merenda a maiores e unha camiseta para cambiarse( Infantil Non).
  • MOCHILA ESCOLAR:
    • Haberá clase normal a primeira e última hora, non veñades sen nada, e os que non van traballarán como un día normal.

 

ATENTAMENTE O EQUIPO DE E.F. do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

O INSUA BERMÚDEZ NO CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO 20 MAIO 2018 LUGO

O próximo domingo 20 de maio de 2018, celebrarase o Provincial XOGADE nas instalacións do estadio de atletismo Gregorio Pérez de Lugo.

NON HABERÁ TRANSPORTE POR BAIXO NÚMERO DE USUARIOS.

Achegamos á espera de facer o horario personalizado, horarios xerais e listado provisional de inscritoo e inscritas. Confirmádeme os que vaian no bus lembrade que por dous ou tres nenos non se solicita transporte.

http://ranking.atletismo.gal/online/2017-2018/LUGO/Cto%20Provincial%20XOGADE/

Enlace para ver listados de probas e resultados en directo.

Imoooos Insua!!!

Montaje creado Bloggif

Imaxes provisionais da segunda Clasificatoria

 

Aquí abaixo en ADXUNTOS tedes horarios e inscricións para descargar

DUATLÓN; CAMPIONATO GALEGO EN VEDRA O SÁBADO 12 DE MAIO

Montaje creado Bloggif

Presentación con imaxes da anterior proba clasificatoria en Mondoñedo

 

O próximo sábado 12 de maio de 2018 unha expedición cos triatletas do San Ramón de Vilalba acudirá a Vedra para disputar unha nova edición da Campionato escolar de Duatlón.

SAÍDA DO BUS

No Campo da Feira en Vilalba ás 13:00h para cargar as bicis e saída ás 13:15h.

XANTAR,MERENDA-CEA

  • Para o Xantar, Javi, aconsella que os benxamíns e alevíns leven xantado e unha barra enerxética ou un plátano para comer antes do quecemento. Os maiores mellor que leven a comida para xantar alí. 
  • Para a Merenda -Cea, como se retrasa tanto a entrega de trofeos ata as 20:15h  levar algo máis.

COMO CHEGAR A VEDRA

Dende Santiago de Compostela tomar N-525 (Estrada de Ourense). A aproximadamente 8 km a chégase á localidade A Susana, onde se verá un indicador á dereita “SAN FINS – VEDRA”,
seguindo por esa estrada, a aproximadamente 1 km xa se atopa o lugar da proba.
Carballeira do Souto - Cornado, San Fins de Sales, Vedra (A Coruña)Coordenadas GPS
42º48’29.62” N – 8º29’30.13” W

ENTREGA DE DORSAIS

  •  A partir das 15:00 Entrega de dorsais na secretaría da proba.

CONTROL DE MATERIAL

  •  De 15:30 a 16:15 para tód@s @s que o desexen independentemente da categoría.
  •  @s que non poidan nese horario poderán facelo ata 15 minutos antes da súa proba.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS:

  • Benxamín (nad@s en 2008 e 2009):500 m. carreira (2 voltas) + 2 qm. ciclismo (1 volta) + 250 m. carreira (1 volta)
  • Alevín (nad@s en 2006 e 2007): 1 qm. carreira (2 voltas) + 4 qm. ciclismo (2 voltas) + 500 m. carreira (1 volta)
  • Infantil (nad@s en 2004 e 2005): 1,5 qm. carreira (2 voltas) + 6 qm. ciclismo (3 voltas) + 750 m. carreira (1 volta)
  • Cadete (nad@s en 2001, 2002 e 2003): 2 qm. carreira (2 voltas) + 8 qm. ciclismo (3 voltas) + 1 qm. carreira (1 volta)

HORARIO DAS CARREIRAS:

  •  16:30 Carreira benxamín feminina
  •  16:45 Carreira benxamín masculina
  •  17:00 Carreira alevín feminina
  •  17:20 Carreira alevín masculina
  •  17:40 Carreira infantil feminina
  •  18:10 Carreira infantil masculina
  •  18:40 Carreira cadete feminina
  •  19:20 Carreira cadete masculina

PARTICIPACIÓN

  •  Nas carreiras benxamín feminino, benxamín masculino, alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino, participarán en cada carreira @s 8 primeir@s clasificad@s individuais nos campionatos provinciais e os 2 primeiros equipos clasificados (cun máximo de 6 compoñentes).
  •  As carreiras cadete feminina e cadete masculina serán de participación aberta.
  •  @s participantes deberán estar en posesión da licenza federativa ou estar dados de alta no programa "Xogade" na modalidade de dúatlon. @s cadetes de último ano (nad@s en 2001) deberán estar obrigatoriamente en posesión da licenza federativa para poder participar na proba.

TROFEOS

  •  Campión e campioa individual de cada categoría
  •  Subcampión e subcampioa individual de cada categoría
  •  3º e 3ª clasificad@ individual de cada categoría
  •  Equipo campión galego masculino e feminino de cada categoría
  •  Equipo subcampión galego masculino e feminino de cada categoría
  •  3º equipo masculino e 3º equipo feminino de cada categoría

ENTREGA DE TROFEOS

  •  20:15 HORAS

 CHEGADA A VILALBA

  • Sobre as 22:00h
Distribuir contido