Complementarias |
Co gallo da celebración do Magosto 2018, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo xoves 15 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL. Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:
- Traer do luns 12 ao mércores 14: unha presiña de castañas adentadas nunha bolsiña e deixalas nas caixas que estarán na entrada do cole.
- Disfrazarse á maneira tradicional o xoves 15, suxerimos camisa de cadros, chaleco, pantalóns de pana, saia longa, mandil, pano na cabeza... O xoves 15 de novembro de 2018 probaremos no recreo as castañas asadas e uns boliños preñados, ao rematar haberá un circuíto de xogos populares. Na web, na conta de Facebook e no Twitter do centro subirase; o cartaz, a nota, as Micronovas TV e o filme da reportaxe fotográfica. Grazas pola vosa colaboración.
|
|||
Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades. Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase. O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor. Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro. |
|||
|
|||
Presentamosvos a obra de teatro, escrita por Lucho Penabade " A Malla". Dirixe María Guerrero e interpreta alumnado de sexto curso de Primaria. Trata dunha divertida historia que ocorre nunha aldea chamada A Seara, onde unha parella de vellos, un maquinista e un rapáz tentan botar os ratos que invaden a aldea. Na Seara hai espectáculos, onde os trobadores cantan cos veciños. Hai animais de cartón que substitúen aos verdadeiros e son ben bonitos!. Non podemos esquecer aos veciños sabichóns que critican e remedan a todos, pero aínda así, quéreselles. Todos cantan e bailan cancións preciosas escritas por Mero. Ademaís dos que viven na aldea , vai vir unha raàza de fora á que todos chaman " a neta da casa" . Romance, comedia, música e moito máis, pero o máis importante é a intriga: conseguirán a vecioñanza botar aos ratos fóra ? Se queredes saber máis podedes ver esta obra musicada a partires do libro de Xermolos, Pan, escritas por Mero. |
|||
|
|||
ORDES DO MECO DO ENTROIDO ARTÍSTICO 2018 NO INSUA BERMÚDEZ |
|||
Lembrade que o xoves 21-12-2018, o derradeiro día lectivo do ano, o alumnado poderá vir disfrazado coa temática de nadal. Apalpador/a, Papá/Mamá Noel, rei Mago, Boneco/a de neve, Pastorciño/a... Bo Nadal e Boas Festas de parte de toda a Comunidade do CEIP Antonio Insua Bermúdez! Divertídevos, compartide, disfrutade da comida e bebida con moderación, practicade ahábitos saudables e facede algo de exercicio.
Subscribídevos ás canles de Youtube, Facebook e Twitter e non deixedes de visitar a nosa Web, Galería de Imaxes e a Aula Virtual. |
|||
Imos celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE o próximo martes 5 de decembro de 2017. No patio do CEIP Antonio Insua Bermúdez xuntarémonos co alumnado do CEIP de Román, do CEIP Mato Vizoso, da EEI Vilalba e co Centro Ocupacional de Vilalba. Interpretaremos unha fermosa e otimista canción do grupo Guadi Galego:" Chea de Vida". Non vos perdades as Micronovas, o Cartaz e os videos, tanto os didacticos da canción coma os do acto grupal intercentros . NOVA EDICIÓN DAS MICRONOVAS PRESENTADAS POR María C. e Silvia C.
Cartaz editado para o Día Internacional das persoas Discapacitadas.
Se queredes aprender a canción tendo de mestra ao propio Guadi galego tedes este video didáctico na presentación da canción na Universidade de Vigo.
VideoClip Oficial en Youtube do grupo GUADI GALEGO |
|||
O video do Proxecto Equaliter coordinado polo CEIP de Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín onde colaboraron numerosos centros de Lugo e da Terra Chá. Máis de 30 centros educativos elaboramos murais co paxaro de twiter onde colgábamos os nosos tuits Cada centro enviou dúas imaxes representativas e xurdiu este fermoso video de concienciación. Parabéns compañeiras e compañeiros docentes, discentes... A violencia de xénero é unha das máis devastadoras violacións dos dereitos humanos. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas levan, como sinalou o Secretario Xeral, António Guterres, ao informar acerca da situación do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 5, referido á igualdade da muller, no marco do informe sobre os Progresos da Axenda 2030. Algúns datos inadmisibles para tomar conciencia do alcance deste feito: a violencia contra a muller é a forma máis extrema de discriminación e, nos casos máis graves, esa violencia pode provocar a morte. Segundo datos do citado informe, referidos a 87 países e colleitados entre 2005 e 2016, o 19% das mulleres de entre 15 e 49 anos de idade dixeron que experimentaran violencia física ou sexual, ou ambas, a mans da súa parella nos 12 meses anteriores a ser preguntadas sobre este asunto. En 2012, case a metade das mulleres vítimas dun homicidio intencional en todo o mundo foron asasinadas pola súa parella ou un familiar, en comparación co 6% dos homes. Outro caso extremo de violencia é a ablación. Desde o ano 2000, a práctica tradicional nociva da mutilación feminina diminuíu nun 24%. Con todo, a prevalencia segue sendo elevada nalgúns dos 30 países que dispoñen de datos representativos, e nos que, segundo datos de enquisas realizadas ao redor de 2015, máis de 1 de cada 3 nenas de idades comprendidas entre os 15 e os 19 anos sufriran esa práctica, en comparación con case 1 de cada 2 nenas ao redor de 2000. Ademais, apenas a metade das mulleres de entre 15 e 49 anos (un 52%) que están casadas ou viven en parella toman as súas propias decisións en materia de relacións sexuais consentidas, usan anticonceptivos e acoden aos servizos de saúde. Esa estatística baséase en datos dispoñibles ao redor de 2012 sobre 45 países, 43 deles de rexións en desenvolvemento. Así mesmo, a violencia contra a muller se exacerba nos conflitos armados. En cambio, a igualdade de xénero axuda a evitar conflitos, a pesar do cal as medidas en pos dunha maior inclusión, liderado e protección das mulleres nas tarefas da consolidación da paz seguen sendo insuficientes e, nalgúns lugares, mesmo se produciron retrocesos neste sentido, segundo un recente artigo de Onu-Mulleres, a axencia das Nacións Unidas defensora de mulleres e nenas. Tomado e traducido directamente de http://www.un.org/es/events/endviolenceday/. Cartaz deseñado polo equipo ENDL e TIC do cole
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »