Complementarias

Saída Complementaria Piragüismo-Dragóns Alumnado 6º Primaria

MERENDAS SAUDABLES NO INSUA BERMÚDEZ; Merenda ben !!!

Estimadas familias,

Dende as titorías do centro e en colaboración co departamento de orientación  cremos necesario favorecer no noso alumnado hábitos axeitados de alimentación, potenciando o consumo de alimentos saudables.

Para iso establecemos un menú de merendas nos recreos que será distinto cada día da semana, procurando que sexa variado, equilibrado e saudable.

Este plan de merendas vai dirixido a todos os nenos e nenas do centro ( tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria) e precisamos da vosa colaboración para levalo a cabo.

A proposta de menú sería o seguinte:

Merendas saudables Insua Bermudez-Plan Proxecta_Contratos_Programa

 

Descargade o Plan de Merendas para o recreo válido para infantil e Primaria, Imprimídeo e que os rapaces da casa o coloreen, despois pegádeo na cociña nun lugar visible.

 

CONVOCATORIA DO XXII CERTAME BENJAMIN PAZ E DAVID DÍAZ 2020-21

O CEIP Antonio Insua Bermúdez convoca o XXII Certame Literario Benjamin Paz e o Certame de Debuxo David Díaz. Invitamos a tódolos centros e discentes da comarca da Terra Chá a participar  escribindo ou debuxando para conmemorar aos compañeiros Benjamín Paz e David Díaz.

Deixámosvos o cartaz e as Bases da Convocatoria nesta nova; ben sexa nos enlaces ou abaixo en adxuntos.

 Cartaz  XXII Certame Benjamin Paz Insua Bermudez 2020_21 EDLG ENDL

DípticoXXII_Certane_Benjamin-Paz_David-Díaz

8 de marzo: Día da Muller Traballadora

No Insua Bermúdez traballamos o tema do Feminismo coma igualdade entre homes e mulleres, visionamos diferentes documentais que trataban o tema, adecuados a cada nivel, e reflexionamos sobre as ideas máis representativas do tema.  Elaboramos un mosaico con tódolos integrantes da comunidade educativa; alumnado, profesorado e personal non docentes, para conmemorar este día 8 de marzo en honor da Muller Traballadora.

CartazMosaico_8_marzo_día_da_Muller_Traballadora_Insua_Bermúdez

Creamos un cartaz cun lema votado entre as diferentes propostas de tódolos cursos para crear o cartaz conmemorativo.

Na galería de imaxes deixámosvos outras mostras de lemas e as imaxes de tódolos participantes nesta actividade.

Clica para acceder á GALERÍA DE IMAXES do 8 de marzo

 Descarga o arquivo do cartaz mosaico coas fotos de tódolos integrantes da comunidade educativa.

 

 

 

 

O INSUA BERMÚDEZ GAÑA O CONCURSO DE REDACCIÓN PREMIOS MURALLA

Ebtrega Premio Redacción premios Muralla 2020 fonte Progreso

O alumnado de cuarto curso do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba ven de acadar o Premio Muralla de Redacción da Edición 20-21. 

Un total de 1.042 debuxos,  74 redaccións presentáronse a este certame. Os gañadores individuais: Lucía Zamora e Martín Sánchez, lévanse unha viaxe a París para tres persoas e 500 euros, e os seus titores, unha cámara de fotos.

Os finalistas en DEBUXO foron: Mateo Castro-Gil, Karol Perdiguero, Pablo Ramos, Fernando Alexander León y Noa Piñeiro; e  en REDACCIÓN: Aroa Fernández, Adriana Rodríguez, Mara Molezún, Jimena Vázquez y Silvia Díaz.

Resultaron premiados os colexios Salesianos, de Lugo, en DEBUXO, e o noso CEIP Antonio Insua Bermúdez, de Vilalba, en redacción.

Moitos parabéns ao alumnado de cuarto curso e as súas titoras.

Deixámosvos varios links da nova publicada no Progreso

link fallo xurado e Nova no Xornal El Progreso

  • https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/creatividad-prueba-coronavirus/202011121031331469461.html

Link da nova no xornal El  Progreso

  • https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/entregados-premios-muralla-edicion-donde-pandemia-tambien-fue-protagonista/202012121115221475081.html

link album de fotos no xornal El Progreso

  • https://www.elprogreso.es/album/lugo/premios-muralla/202012121145531475097.html

 

 

 

UN ENTROIDO 2020 DE OFICIOS TRADICIONAIS NO INSUA BERMÚDEZ

 

ENTROIDO EDLG INSUA BERMUDEZ OFICIOS TRADICIONAIS CARNAVAL 2020 VILALBA LUGO

ENTROIDO EDLG INSUA BERMUDEZ OFICIOS TRADICIONAIS CARNAVAL 2020 VILALBA LUGO

PODES VER A GALERÍA DE IMAXES DO ALUMNADO AUTORIZADO NESTE ENLACE DA CÁMARA

Cartaz-Entroido-20-InsuaBermudez

 

 

OrdesMecoEntroido20InsuaBermudezEDLG-Biblioteca

 

VIDEOTITORIAL DOS CESTEIROS E CESTEIRAS DE 1º DE PRIMARIA

 

 

VIDEOTITORIAL GAITEIROS 2º DE PRIMARIA

CELEBRAMOS CON POESÍA O ... QUÉROTE!

CartazNamorados InsuaBermudez14febrero20

NO DÍA DOS NAMORADOS, QUÉROTE!

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA NO INSUA BERMÚDEZ

BO NADAL 2019-20 DE PARTE DA COMUNIDADE EDICATIVA DO INSUA BERMÚDEZ

Felicitación NADAL Insua Bermudez Vilalba 2019-20 endl edlg

Distribuir contido