Complementarias

VEN O FRÍO E FACEMOS O MAGOSTO

NOTA   INFORMATIVA    MAGOSTO   TRADICIONAL   2017    NO  CEIP   ANTONIO     INSUA   BERMÚDEZ

Co gallo da celebración do Magosto 2017, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo venres 10 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL.

Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:

  • Traer do martes 7 ao xoves 9: unha presiña de castañas adentadas e unha estela pequerrechiña  para preparar as brasas.
  • Disfrazarse á maneira tradicional venres 10: para os rapaces camisa de cadros, chaleco, pana. Para as rapazas saia larga, mandil, pano na cabeza...

O venres 10 de novembro de 2017 probaremos as castañas asadas no recreo, logo de asalas a lume lento. Na web e na conta de facebook do centro subiremos; a nota, a nova en tv. Faremos reportaxe fotográfica e filme do evento que estarán dispoñibles solo na web do centro. Grazas pola vosa colaboración.   

Cartaz_Magosto2017_CEIP_Antonio_Insua_Bermúdez 

 

NOVAS; CELEBRACIÓN DA FESTA POPULAR DO SAMAIN

O Martes 31 de outubro coincidindo co día propio do SAMAÍN, celebraremos a festa Celta do fin da estación. Nos días previos decoraremos o colexio con morcegos, meigas, gatos, portas terroríficas e unha entrada ambientada xunto coa Biblioteca especialmente arrepiante. No fin de semana previo atopade cabazas fermosas, baleirádeas e tallade obras mestras, lembrade que co recheo que sacáchedes podedes  aproveitalo para fines diversos. O luns 30 e o martes 31 traédeas ao cole, faremos a tradicional exposición de cabazas. 

O día 31 vide disfrazados de cousas arrepiantes, lembrade que ese día os mortos teñen permiso para visitar aos deste lado desde o alén. Durmide ben, non teñades pesadelos JuaaJuuuuuuuJuaaaaaaa!

 

Cartaz Samain 2017 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA ENDL BIBLIOTECAS ESCOLARES

RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAIN: WEB MIX de PATRICIA PENA

VIAXE AO MUNDO ROMANO

INAUGURACIÓN DO MERCADO NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

TEATRO : AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

REVISTA ESCOLAR 2016-2017

 

CONTO CON PICTOGRAMAS O BOSQUE PREPARA O ENTROIDO POR SAMUEL

POEMA "A LENDA DO ARCO DA VELLA" (MERO, 98)

Mannequin Challenge do DÍA DA MULLER

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 

 

8 marzo dia muller ceip antonio insua bermudez vilalba endl biblioteca extraescolares

CLICA NA IMAXE OU NESTA LIGAZÓN PARA ACCEDER A RECURSOS DO DÍA DA MULLER Asunción García Álvarez

 

O día 8 de marzo celébrase o DÍA DA MULLER, dende o colexio queremos organizar un MANIQUI CHALLENGE, (consiste en gravar un video con tódolas persoas participantes inmóbiles, como en medio dunha escena conxelada, igual que nos maniquies. Todos os que queiran deben traer mañá martes: 

- Peluca(pelo corto ou longo, pinzas, diadema, cinta do pelo.

Precisamos que traiades cuberta a autorización:

Nome e Apelidos:__________________________________________________________

Participo:____________

Non participo:________

Distribuir contido