Complementarias

REPRESENTACIÓN TEATRAL: AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA (Manuel María).

 

O alumnado de 4º curso de Educación Primaria do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, anda a traballar unha obra teatral do Manuel, ollade como vai.

Montaje creado Bloggif

 

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO DE MINI E MERO

Montaje creado Bloggif

 

MINI E MERO

O venres, 13 de maio, durante as horas da mañá, na Biblioteca do noso Cole, poidemos presenciar un concerto didáctico a cargo dos sempre grandes MINI E MERO, que nos contaron e nos cantaron moitas cousas cun eixo fundamental: MANUEL MARÍA. Agardabamos con moita ilusión este o concerto pois sabiamos doutros anos que o iamos pasar pipa. E así foi. Foi unha mañá chea de música, de lembranza, de festa na que cantaron Mini e Mero, pero tamén todos nós. Se vírades como entoabamos O CARRO!!!

Houbo dous pases, un para os máis peques e outro para os maiores. Tivemos unha gran sorte de poder contar con eles un ano máis e, encima, por estas datas, pois cónstanos que estaban moi solicitados.  Pero ao noso Colexio non lle podía fallar.

Así pois, unha aperta moi grande para eles e noraboa polo concerto.

Ata o vindeiro curso, Mini e Mero!!!

 

ELABORACIÓN DO MOSAICO MANUEL MARÍA NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Co gallo da celebración das Letras Galegas 2016 o ENDL do CEIP Antonio Insua Bermudez, xunto con outros departamentos: Extraescolares, Biblioteca, pensamos en homenaxear a Manuel María dun xeito: inmortal, perdurable, alén dos tempos. A idea estrela, a estratexia conmemorativa, o produto final foi un impulso creativo de María G. UN MOSAICO GRANDE! de 3 m x 3 m. Contamos co asesoramento indispensable do Profesor de Plástica do IES BASANTA SILVA: D. Carrasco. Guiounos coa metodoloxía, na parte artística, cos materiais, no proceso de implantación na parede.

METODOLOXÍA: Elixir un debuxo, cuadriculalo, pasalo ao formato grande 3mx3m polo sistema de cuadrículas, encher con pedaciños de azulexo segundo as cores do debuxo, ao rematalo facer un engrudo con auga quente e fariña ben misturada para cubrir en varias capas o mosaico, deixando que se sequen ben cada capa, cando os azulexos están ben adheridos ao papel podémolos transportar á parede final. Preparar a parede con cemento cola, ir pegando os pedaciños de engrudo e azulexo, completar todalas cuadrículas. Limpar as xuntas entre azulexos e facer o recercado final. Como remate darémoslle unha capa de vernis mate para quitar o brillo que provoca reflexos indesexados.

 

Montaje creado Bloggif

 

Todo o centro se implicou e participou neste proxecto, colocoron teselas nesta obra, o alumnado de Infantil, de Primaria, persoal docente, persoal laboral: conserxería, cociña, algúns papás e mamás, carpinteiros, albaneis... Chairegos construindo a faciana dun chairego que creou o concepto chairego! Guiño

Velaí vai, alén dos tempos!

ENTROIDO CASTREXO NO INSUA BERMÚDEZ

 

 

PERCORRIDO POLA GALLAECIA CASTREXA

DESAFÍO DE HABILIDADES CASTREXAS

Montaje creado Bloggif

 

Preme na ligazón para ver a galería de imaxes do evento

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Cartaz Web codigo QR Dia da Paz 2016

 

DIA DA PAZ (29 /01/2016)

Antes do recreo en dous pases na Biblioteca                 

1º PASEEducación Infantil, 1º,2º e 3º de Primaria              

2º PASE4º,5º,6º de Primaria   

     

PROGRAMA

-Visionado de dúas ou tres curtametraxes sobre a Paz.

-Actuación de ALBA GARCÍA CRENDE (6º) cantando DE QUE CHE VALE, de Jesús Pareja (Podes ver aquí o video do autor). Todos os nenos e nenas acompañarana no retrouso.                                                              

-Actuación das PANDERETEIRAS de 5º.

Todos os nenos e nenas levarán durante o DÍA DA PAZ un MEDALLÓN, deseñado nesta ocasión pola ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE VILALBA (Podes velo neste enlace)

Tamén durante toda esta semana en todas as clases se están traballando unidades didácticas sobre a PAZ, así como realizando murais, bandeirolas, pegatinas...tamén sobre a PAZ.

 

Clica no enlace para ver o cartafol de imaxes do evento

O CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ CO APALPADOR

NADAL 2015 NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Montaje creado Bloggif

 

 

Este Nadal 2015 decoramos o centro con calcetíns para que o Apalpador e os Reis Magos nos deixaran moitas ganas de aprender, os mestres disfrazaronse de boneco de neve, fixemos un "PHOTO CALL" do Apalpador co que nos retratamos todo o cole, ver imaxes na ligazón, decoramos as aulas e a ANPA colaborou organizando o concurso de postais de NaDAL E a visita de Melchor con agasallos para todo o alumnado, e como festa de despedida do primeiro trimestre organizou unha chocolatada con actuacións, baile e a visita dun contacontos e do Apalpador, un éxito, moitas grazas e BO NADAL!

 

Clica na ligazón para acceder á galeria de imaxes

 

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA IV CATA DE SOBREMESAS CON FROITAS E FOITOS DO OUTONO

Montaje creado Bloggif

 

O 17 de decembro fixemos a entrega de premios da IV Cata de Sobremesas con froitas e froitos de Outono a máis dun cento de participantes desta edición anual. O equipo ENDL agasallou aos grandes cociñeiros e e cociñeiras cun conxunto composto por: gorro, mandíl,  garfo, culler e coitelo. 

 

Preme no enlace para acceder á galería de imaxes.

A FIANDEIRA NOELA : " O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN ARTESANAL DA LA"

Montaje creado Bloggif

Recentemente, Noela, artesana e especialista no tema, visitou o noso cole e ensinounos de xeito práctico tódolos pasos que se seguen no proceso de transformacion da la ata elaborar finalmente un tecido. Todo o alumnado de primaria asistiu en varias sesións , moi didácticas, ás ensinanzas de Noela; ensinounos a cardar a la, a fiar co fuso a la cardada e puidemos axudar a tecer un anaquiño de tecido nun tear artesán. 

Canto traballiño facían as nosas avóas !. Fermosa actividade para dar a coñecer os oficios artesáns da nosa cultura galega.

Noela é unha gran profesional que traballa con diferentes técnicas e produtos, ten tenda en Vilalba e páxina web se vos apetece aprender máis máis ou saber do seu traballo. http://sramaria.com/

Clica na ligazón para acceder ao album do evento..

 

IV CATA DE DOCES CON FROITAS E FROITOS DO OUTONO (MAGOSTO 2015)

Montaje creado Bloggif

Velaquí comentamos a celebración dunha nova edición da IV edición da Cata de Doces, rebautizada como IV Cata de Doces con Froitas e Froitos do Outono. Participaron unha centena de familias, o que supón 1/3 da matrícula.  Agradecemos a participación e implicación de tódolas familias participantes.

Tivemos varias novidades a maiores do cambio de nome da Cata, creouse unha zona específica para celíacos con doces sen gluten, co obxecto de darlles presenza, limitamos a participación dos irmáns cun doce por familia para non sobrecargar ás mesmas con traballo extra, solicitamos as receitas por correo electrónico, para ter os datos dixitalizados e facer posible a edición sinxela do libro da IV Cata.

Tivemos moita oferta, ingredientes diversos, e sabores tan diferentes como a variedade de ingredientes e formatos: galletas, biscoitos, tartas, cañas, piruletas, magdalenas, trufas... 

Unha reporteira do xornal El Progreso visitounos para editar a nova na edición do sábado 21 de novembro de 2015.

En breve farase a entrega dos recoñecementos pola colaboración ao alumnado participante nun acto en horario lectivo do que daremos boa conta aquí, na rede. Prestade atención ás novas! Mentras agardades podedes ver as sobremesas que elaboramos no CEIP Antonio Insua Bermúdez. Guiño

 

Clica na ligazón para acceder á galeria de imaxes da IV Cata de Froitas e Froitos do Outono.

Distribuir contido