Complementarias

VIDEOTITORIAL Disfrace Pintor/a Alumnado de Educación Infantil Antroido 22-23

COREOGRAFÍA Educación Física

 

Festival Panxoliñas Nadal 22 no CEIP Antonio Insua Bermúdez

 

 https://youtu.be/38OQb5arGFg

MATERIAL EF, AUTORIZACIÓN XOGADE E EQUIPACIÓN INSUA BERMUDEZ DEPORTE ESCOLAR XOGADE 22-23

Equipacion Insua 22-23

Equipación dispoñible do Equipo Deportivo XOGADE INSUA BERMÚDEZ con prezos actualizados no 22-23.

Mínimo obrigatorio para participar en Campo a Través e Atletismo, camiseta identificativa do clube. O ideal sería tamén unha  sudadera ou un chandal para os podiums.

Prezos, modelos e deseños válidos salvo erro gráfico. Consultar coa Tenda CUSTOMIZE de Vilalba.  

Autorización XOGADE 22-23 de 2º a 6º e ESO

Autorización para o Alumnado de 2º a 6º de Primaria que poida participar en XOGADE 22-23 para poder inscribulos no panel de xestión de XOGADE e MUTUALIZALOS. Recomendable que todo o mundo o entrege asinado , Se o temos cuberto non obriga a participar pero facilita que en caso de querer participar non teñamos problemas para inscribilo.

 

Material EF INSUA BERMÚDEZ INFANTIL 22-23 Material EF INSUA BERMÚDEZ PRIMARIA 22-23

Modelos de Material Educación Física no curso 22-23. Á esquerda o MATERIAL EF de INFANTIL- Á dereita MATERIAL EF de PRIMARIA. 

 

 

 

 

 

 

XXIII Certame Benjamín Paz e David Díaz

Anunciamos o fallo do xurado do XXIII Certame Benjamín Paz e David Díaz.

 

Modalidade de POESÍA:

- 1º Ciclo de Educación Primaria (1º e 2º)

Premio para o traballo "O MEU GATO TOLO" resultou ser o seu autor BRUNO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

- 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º)

Premio para o traballo "O SOLDADIÑO QUE NON QUERÍA LOITAR" resultou ser o seu autor ADRIÁN FREIRE DORADO do CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ.

- 3º Ciclo de Educación Primaria (5º e 6º)

Premio para o traballo "O MISTERIO MISTERIOSO" resultou ser a súa autora SAÍNZA PORTELA RODRÍGUEZ do CEIP PLURILINGÜE DE MUIMENTA.

 

Modalidade de NARRATIVA:

- 1º Ciclo de Educación Primaria (1º e 2º)

Premio para o traballo "A NENA VALENTE" resultou ser a súa autora MINIA VILAS CASTRO do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

- 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º)

Premio para o traballo "SALVANDO AS LONTRAS" resultou ser a súa autora MAIA RODRÍGUEZ TRINIDAD do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

- 3º Ciclo de Educación Primaria (5º e 6º)

Premio para o traballo "A CASA DO AVÓ" resultou ser a súa autora XIANA REGO PRIETO do CEIP MONSEIVANE.

 

Modalidade de DEBUXO. Premio David Díaz Vázquez

- Infantil 3 anos: premio para PAULA PARDIÑO FERNÁNDEZ do CEIP MONSEIVANE

- Infantil 4 anos: premio para INAS AATIOUM do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

- Infantil 5 anos: premio para ALMA CODESAL LÓPEZ do CEIP PLURILINGÜE LAGOSTELLE 

 

Adxuntamos o fallo do xurado.

 

Galegueando con Galegría; hoxes ou mañás?

Andaina CAMIÑO DE SANTIAGO; Igrexa Goiriz - CEIP Antonio Insua Bermúdez.

O próximo venres 10 de xuño todo o centro desde 4º de Infantil a 6º Primaria realizaremos unha Andaina por un tramo do Camiño de Santiago en horario lectivo. Haberá distancias adaptadas aos educando e contaremos coa colaboración da Policía Local para o control de trafico e cruces en zonas de risco.

Retomamos este clásico na nosa programación de actividades do centro, que dende o 2019 estivo en espera por mor do COVID-19 e os protocolos de seguridade. Contentos de poder disfrutar das paisaxes da nosa fermosa contorna natural, da convivencia e da actividade cultural e deportiva para rematar cunha comida repoñedora de esforzos. Agradeceremos este impás nun momento máximo esforzo intelectual con tanto traballo e exames. Xa se achega o Verán!

Cartaz Andaina CEIP Antonio Insua Bermudez Vilalva PVAD PROXECTA Vida Activa DEportiva 21-22

 

Clica para acceder á Galería de Imaxes

RECREOS ACTIVOS: Incrementando o noso tempo de Actividade Física Diaria ata conseguir UNHA HORA DIARIA.

Diversos Organismos Internacionais, expertos en Actividade Física e Deportiva, recomendan unha hora diaria de Actividade Física. As Administracións e tódalas institucións involucradas coa infancia,  coa sanidade e coa educación deberían loitar por potenciar unha Vida con máis Actividade e Deporte. 

Pola nosa banda, desde a nosa posición tentamos mellorar a situación provocada pola aplicación de protocolos COVID-19 `ptenciando a Actividade fñisica nos recreos, primeiro recibindo formación no curso pasado e creando un grupo de traballo con mestres, anpa e alumnado, despois na práctica cos nosos recreos activos. Espazos e burbullas co diferentes materiais e diferentes xogos adaptados ás súas suxerencias, posibilidades desarrollo... Caixóns de materiais e xogos que rotan por semanas, caixóns de xogos por aulas, materiais cedidos pola ANPA, Materiais cedidos pola Área de EF. Mestres que xogan, ensinan e aprenden xogos...

RECREOS +ACTIVOS INSUA BERMUDEZ PVAD PROXECTA 21-22

Logo de facer balance comprobamos que nos manifestan o seu agradecemento, a súa ledicia. Colaboran para instalar e recoller os xogos, comparten cando algún grupo carece de algo. Suxiren actividades, pídennos que xoguemos, xestionan as regras resolvendo pequenos conflitos, diminuiron os incidentes, catartizan tensións, suman 30 minutos de actividade ao día. Vémoslle moitas vantaxes e melloraremos ainda máis.    

 Galería de Imaxes do Recreos Activos

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º DE PRIMARIA

REMATANDO UNHA ETAPA

 

Mércores 25 de maio

Tras saír de Vilalba moi cedo e parar a repoñer forzas no medio do camiño...

 

 

Chegamos ao noso destino e comezamos esta aventura con xogos de presentación, coñecimos as instalacións e fixemos a elección das habitacións onde imos pasar estas noites.

 

 

Despois dunha rica comida puxémonos o traxe de baño e.... AVENTURA NA AUGA!!! 

 

 

Toda a tarde practicamos bodyboard, fixemos xogos na praia e ademais disfrutamos dun merecido baño. 

Estamos moi ilusionados/as coas experiencias que viviremos estos días.

 

 

- Xoves 26 de maio


Comeza un novo día con enerxías renovadas!

Despois dun copioso almorzo e deixar todo recollido...

 

 

 

 

 

Camiñamos cara a praia e...

 

 

voltamos a sumerxirnos no océano.

 

 

Despois de facer un descanso para repoñer forzas continuamos facendo actividades acuáticas: Kayak...

 

 

A tarde fíxosenos curta e coa chegada da noitiña tivemos que recoller, ducharnos, cear, menos mal que aínda nos quedaba a velada.

 

 

 

- VENRES 27 DE  MAIO

 

Comeza o noso último día de aventuras, erguémonos, almorzamos, deixamos a equipaxe recollida e preparámonos para ir de ruta...

 

 

Veña!! Imos de ruta polo monte...

 

 

... pero facendo unha parada para aprender a facer "vivacs" (refuxios improvisados no monte)

Presentación Florencio Delgado Gurriarán Insua Bermúdez

Cartaz Equipo Dinamización Lingúística Insua Bermudez Biblioteca

Presentación Florencio Delgado Gurriarán Insua Bermúdez EDLG Biblioteca 2022 

 

Distribuir contido