O CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ NOS II ENCONTROS NACIONALES DE CENTROS PROMOTORES DA ACTIVIDADE FÍSICA

O noso cole Ceip Antonio Insua Bermudez, xunto co centro da Gándara de Monforte foi elixido para participar nas II Encontros Nacionais de Centros promotores da Actividade Física e do Deporte ao cumplir os requisitos esixidos para a participación neste programa entre os que estaban a implicación de gran parte da poboación escolar do centro na Campaña de Deporte Escolar, participar en diversas modalidades de promoción deportiva do Proxecto PROADES do Consello Superior de Deportes (Triatlón, Pequevoley, Vuela con el Bádminton e Beísbol e Softbol entre outros).

Este Encontro celebrarase en Andalucía,  Sierra Nevada (Granada) ao carón das instalacións do Centro de Alto Rendemento, entre os días 10 ao 13 de Abril de 2.011. Estamos a agardar novas do lugar da saida, xa nos avanzaron que sera o sabado as 11:30 da noite en Lugo pero non temos concretado nin medio de transporte nin lugar concreto de saida. Comunicaremolo cando o saibamos.

Para acudir a esta invitación debemos elixir a 5 rapaces e 5 rapazas do terceiro ciclo de primaria e a dous mestres do centro no que un debe ser de Educación Física. Como criterio de selección elixiuse aos que quedaron nas posicións máis altas no Campionato de Cross, xa fora Galego ou no seu canto na fase Provincial, o caso das rapazas.

Realizaremos unha serie de actividades cuxo programa se inclue no documento adxunto, de caracter: educativas, formativas e lúdicas, coñeceremos as instalación e disfrutaremos.

Xuntamos abaixo como adxunto máis documentración de todalas actividades programadas na estancia en Granada.

Aproveitamos para lembrar aos premiados/as os seguintes aspectos:

 

IMPORTANTE, A TENER EN CUENTA:¡OJO! Las gafas de sol, es lo más importante que debeis traer todos, incluidos alumnado, profesorado y jefes de expedición. ¡NO SE PUEDEN OLVIDAR!.AL LLEGAR PARA LA ACREDITACION TODO EL MUNDO DEBERA APORTAR:

- Fotografia tamaño carnet.

- Documento que acredite su identidad.

- Responsables del centro deberan aportar Certficado del centro que certifique que los alumnos reseñados pertenecen a dicho centro.

- Original del Listado de alumnos y profesores responsables enviado a la Comunidad y al CSD.

 

  • 1º.-  EQUIPACIÓN DEPORTIVA. La propia para la práctica del esquí –botas y esquís – será facilitada por la organización para todos aquellos que no dispongan de la misma. La ropa de abrigo ira por cuenta de los atletas.
  • 2º.- ROPA EN LAS PISTAS DE ESQUI. Si no disponen de mono o pantalón apropiado por el que no traspase el agua, al menos que traigan un pantalón chubasquero que puedan poner sobre el pantalón vaquero.
  • 3º.- OTRA ROPA.- En las fechas en que se celebra el Encuentro suele haber buen tiempo y generalmente no hay  bajadas extremas de temperatura,  pero la ropa de abrigo es necesaria porque aún estamos en una época de transición y podría haber alguna sorpresa de mal tiempo. Suele seguirse la norma de las tres capas, 1ª pegada al cuerpo, tejido sintetico que evacue la transpiracion, 2ª capa un polar que proporcione calor, y tercera capa aislante, proteja de la nieve, viento y agua.
  • 4º.- CALZADO. El personal técnico de la Estación de Esquí recomienda que el calzado de los/as escolares sea el de botas de montaña o, como alternativa,  botas de agua, cuyo coste es menor, pero que al no aislar suficientemente del medio húmedo que representa la nieve habrá que completarla con el suficiente nº de calcetines para poder cambiarse.
  • 5º.- IMPRESCINDIBLES: GORRO, GUANTES  Y GAFAS.  Si no se tienen guantes apropiados para la nieve, al menos que sean de lana, aunque los que no tienen práctica alguna de esquí los mojarán rápido. En cuanto a las gafas,  generalmente en Sierra Nevada hace buen tiempo con días muy soleados y los rayos de sol  se reflejan  intensamente en la nieve, por lo que es necesario que vengan con gafas de sol homologadas.
  • 6º.- PROTECCIÓN SOLAR. Necesaria la crema con un nº alto de protección .
  • 7º.- El alojamiento se hará en el Albergue Juvenil que hay en la propia Estación de Sierra Nevada, que como sabemos no tiene todos los servicios que podría tener un hotel. El Albergue no sólo cumple todos los requisitos que se podrían exigir para una estancia de escolares  sino que es una instalación moderna  con suficientes servicios para el  ocio y tiempo libre. En este sentido se informa que los alojados SÍ  dispondrán de toallas , pero  NO se cambiarán todos los días. Deben traer jabon, gel y utiles de aseo, el Albergue no los ofrece.

Albergue Inturjoven Sierra Nevada, Peñones, 22, 18196 Sierra Nevada (Granada) Teléfono: 955 035 886 Fax: 958 575 120

http://www.inturjoven.com/es/albergues/albergue-inturjoven-sierra-nevada.html

MARCOS E AINÉ NOVO GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS DO QUEIXO DE SAN SIMÓN. SUSANA VALLE CONSEGUIU UN ACCÉSIT

 

CONCURSO INFANTIL
Elegido el cartel que anunciará la feria el próximo año

Una de las novedades de la Festa do Queixo de San Simón de Vilalba fue la convocatoria del primer concurso de carteles al que concurrieron los alumnos de primaria de los colegios del municipio vilalbés. El trabajo ganador fue el elaborado por los alumnos del Insua Bermúdez Marcos Sachin y Anié Silpha, que se llevaron como premio, además de una consola, el reconocimiento a su creatividad al ser el cartel que se usará el próximo año para anunciar esta fiesta gastronómica. El jurado también otorgó tres accesits a Nuria Rouco Cuba, del Ceip Monseivane, Diego Ocampo López, del Terra Chá de Román, y Susana Valle Montes, del Insua Bermúdez. La concejala de ferias y mercados, Cheri Grandío, destacó la «participación positiva» de los colegios. 

(Fonte "EL PROGRESO")

 

 

 

ILUSTRACIÓN: CARTAZ ANUNCIADOR DA FEIRA DESTE ANO

 

PREMIADOS E BASES XV CERTAME BENJAMÍN PAZ

RELACIÓN DE PREMIADOS

Modalidade: POESÍA 

·  

1º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Canta paxariño”

resultou ser o/a seu/súa autor/a José Eduardo Losada López

do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

·  

2º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Soños”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Uxía Gato Díaz

do CEIP`ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

·  

3º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Matriuska na aula”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Sara Leal Rey

do CEIP MANUEL MATO VIZOSO

 

Neste apartado, o xurado acorda tamén conceder un accésit ao

traballo “A Primavera”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Andrea Pardo Pernas

do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

Modalidade: NARRATIVA

 

·  

1º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “O coello e o fotógrafo”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Adrián Rouco Insua

do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

·  

2º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “O pincel máxico”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Manuel Francisco Lamela Gómez

do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

Neste apartado, o xurado acorda tamén conceder un accésit ao

traballo “A folla Pinta e o carballo Grandón”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Eva Sanmartín Vázquez

do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

 

·  

3º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Tras a tempestade vén a calma”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Samuel Montero Coedo

do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

Neste apartado, o xurado acorda tamén conceder dous accésits:

Un, ao traballo “O soño que se coou na realidade”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Sara Leal Rey

do CEIP MANUEL MATO VIZOSO

 

Outro, ao traballo “O segredo do río”

resultou ser o/a seu/súa autor/a Aldara Villarino Villarino

do CEIP`ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

  

Modalidade: DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ

 

·  

Infantil 3 anos

Premio para Lucía Vázquez Lozano

do/da EEI DE VILALBA

 

·  

Infantil 4 anos

Premio para Antonio Méndez Hernández

do/da CEIP MONSEIVANE DE MOREDA-LANZÓS

 

·  

Infantil 5 anos

Premio para Aitana Gesto Rego

do/da EEI DE VILALBA

 

BASES 

 

PRIMEIRA.-
Poderá concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.
SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación  Primaria,  e DEBUXO,  para Educación Infantil.
TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos haberán de ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar o número de traballos que estime conveniente en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a máquina ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre.  (NON GRAMPAR)
CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá empregarse  calqueira técnica e a temática será libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO  figurarán na parte posterior da cartolina.
QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:
XV CERTAME BENJAMÍN PAZ
CEIP "Antonio Insua Bermúdez",
Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba
SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 17 HORAS DO DÍA 12 DE ABRIL DE 2011.
SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:
MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)
1º Ciclo de Ed. Primaria: 60 €, diploma e flor natural.
2º Ciclo de Ed. Primaria: 75 €, diploma e flor natural.
3º Ciclo de Ed. Primaria: 90 €, diploma e flor natural.
MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material, diploma e flor natural.Infantil 4 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
Infantil 5 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a cuantía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.
NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.
DÉCIMA.-
O dictame do Xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nun acto previsto para o mes de maio e do que se dará conta oportunamente.

 

 

CHEGOU O ENTROIDO 2011 AO CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ

UN ENTROIDO DE CONTOS


 



O venres, 4 de marzo de 2011 celebramos no noso cole a tradicional conmemoración de Entroido. Partindo do tema xeral acordado en reunión formal dos equipos de actividades complementarias e extraescolares o tema deste curso académico para o Entroido foi:  “personaxes de contos”.


O programa desta actividade foi o que sigue:




  • 13:00 h.- Preparación de disfraces nas aulas e "últimos retoques"


  • 13:20 h.- Saída das aulas e desfile no patio de arriba:

INFANTIL: Ratos coas flautistas de Hamelin.
1º Ciclo de Primaria:  Personaxes do Gato con botas.
2º Ciclo de Primaria: 3º- Mosqueteiros de Alexandre Dumas e 4º- Piratas da illa do tesouro de Stevenson
3º Ciclo de Primaria: Rebunbio de personaxes de contos multidisciplinares.



  • 14:00 h.- Xuízo ao presuntamente culpable Entroido (Xuíz, fiscal e abogado defensor de 6º) .


  • 14:10 h.- Execución da sentenza do tribunal, queima ou non!!!! ( Executará a sentenza se procede O Sr. Director)


  • 14:15 h.- Musical Blancaneves e os ananiños do alumnado de 6º.

  • 14:25 h.- Volta as aulas.


Deixamosvos unha mostra das imaxes na galería 


 


Clica na cámara para ver os disfraces e outras imaxes da festa

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

NOTA INFORMATIVA CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/corredores.jpg 

Circuito Galego Campo a través Xogade 2011

O Sábado 12 de marzo de 2011 os 6 atletas seleccionados de Primaria do CEIP A. Insua Bermúdez participarán na PROBA GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS en MONTERREI (Pereiro de Aguiar (Ourense).

Alumnado participante: Equipo CEIP Insua Bermúdez Alevín Masculino de 4 e 5ºcurso.

Lugar da proba: Circuíto Complexo Deportivo de Monterrey, Pereiro de Aguiar ( Ourense ).

Saída do autobús do cole: Teremos que madrugar pois a viaxe é moi longa. Un bus da empresa UBEDA sairá do cole en Vilalba ás  7,40h da mañá, pasaremos por Castro ás 8,15h e por Lugo ás 8,40h e chegará ao circuíto para as 10:45h.

UN PROFUNDO VACÍO INUNDOU O NOSO COLE

Aínda ben non rematabamos de festexar no Centro o tradicional desfile de Antroido, con todos os nenos e nenas lucindo os seus disfraces, cando unha triste e inesperada noticia tallou de vez a ledicia e algarabia precedentes: fóisenos David Noche, alumno de 4ºB. 


 Levaba unha temporada, codo con codo cos seus pais, Nino e Mar, co ánimo elevado e co forte convencemento de repoñerse da súa enfermidade. Todos esperabamos que así fose e tiñamos moita esperanza de poder volvelo a ver metido de cheo na dinámica escolar diaria. Non puido ser. A vida, en moitas ocasións, produce enormes e dolorosas inxustizas. E esta foi unha delas.


 Xa non temos a David, entre nós. Outra estreliña que se nos apaga aquí, unha estreliña máis que nos alumea no ceo.


 David, non te esqueceremos, e para ti vai esta poesía:   


 Outra estreliña apagóusenos no Cole,
unha fonda tristura inúndanos de cheo.
A xente, apenada, mil bágoas bota
e sofre en silencio o triste momento. 


As aulas e o patio coa dor enmudecen,
e os nenos e nenas calados se quedan.
No cole entoamos unha canción triste
lembrando a David, que agora nos deixa.


Mais de pronto, no ceo, aparece un destello
brillando con forza, alumeando potente. 
Xuntouse coa outra sorrinte estreliña 
e agora, entre as dúas, relocen para sempre.


 


 


  



 

Celebrouse O Campionato Provincial de Campo a Través en Vilalba con gran participación do CEIP A. Insua Bermudez

Os mellores atletas da provincia de Lugo deronse cita no estadio deportivo da Madalena en Vilalba para disputaren o Campionato provincial da Campo a Través que dará o pasaporte para ir ao Campionato galego a celebrar en proximas datas en Ourense.

Participaron os deportistas que conseguiron plaza  nas fases clasificatoiras nas súas respectivas zonas: da Mariña (Viveiro, Foz...), da nosa Terra Chá (Ceip Insua Bermudez, Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Cospeito) de Lugo (Franciscanos, Clube Lucus Augusti, Pontenova, Casás... e da Zona Sur. Nesta fase os superdeportistas do noso cole conseguiron clasificar 11 equipos para o Provincial, todo un fito, polo que a esta proba acudimos con 66 representantes.

Os atletas do CEIP A. Insua Bermudez de Vilalba deixaron moi bo sabor de boca ao conseguiren por individuais un 2º posto na categoría benxamin masculino co deportista Rares Mezdrea e dous podios en equipos masculinos: 1º equipo en benxamín masculino ( Rares Mezdrea, Iker Pita Peña, Lucas Gabriel Mariano de Oliveira, Víctor Roca Castelo, Samuel Alvariño Amado e Lois Xosé Gayoso Blanco) e 2º equipo en alevín masculino ( Xosé Manuel Iglesias Ares, Samuel Orosa Basanta, Javier López Rubiera, Alberte Roca PazSamuel Montero Coedo e Ismael Francos López). Parabéns a todos os que tiveron forzas para vir a correr ainda que a choiva os ameazara, aos que cruzaron a meta molladiños de pe e perna porque os tolos non son eles senon os que non fan deporte que é vida e saude.


Campionato Provincial Campo Través Vilalba Ceip Insua Bermúdez 2011

Campionato Provincial Campo Través CEIP Insua Bermudez Vilalba 2011

 


O tempo non acompañou moito, pero xa se sabe, isto é Campo a Través e estamos en inverno, con ducharnos e cambiarnos despois da molladura non haberá problemas. As instalacións con gradas protexidas da choiva e aseos /duchas con auga quentiña son unha bendición ao rematar as probas. Ao rematar a proba a organización do evento agasallounos cun refrixerio xeneroso de bocadillos, froita e bebidas isotónicas.

Ás entregas de premios pasadas por auga asistiron o Xefe Provincial de Deportes de Lugo D. José Manuel Rozas Bello, o presidente da Federación galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos Baz e do goberno local D. Jesús Bermudez, Concellal de Deportes de Vilalba.

A próxima cita co campo a través será no Campionato Galego o mes que ven na provincia de Ourense cos 6 atletas Alevíns masculinos clasificados.

Clica na imaxe para ver as imaxes do evento

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

 

O próximo domingo, 20 de febreiro de 2011 nas instalacións do campo de fútbol da Madalena en Vilalba celebrarase o Campionato Provincial de Campo a Través.

Atletas de toda a provincia reuniranse na nosa vila para ter unha bonita e agardamos agradable mañá, se o tempo o permite. Virán colexios da Mariña lucense, da propia capital Lugo, da Terra Chá, da zona Sur. O noso colexio presentase con 11 equipos clasificados e uns 66 atletas de diferentes categorías: benxamín, alevín e infantil.

A cita comezará o domingo pola mañá ás 10:30 diante do cole para subir ao autobús ás 10:35 da empresa Autocares Úbeda que fará o traxecto Pastoriza - Cospeito - Vilalba. Os alumnos que desexen ir directamente ao circuito da Madalena deberán informar ao mestre encargado. Os dorsais facilitaraos a organización no circuíto ao chegar o responsable dos equipos. Animase a tódolos papás a ir a ver e animar aos seus pupilos.

Daranse premios individuais aos tres primeiros atletas de cada carreira, categoría e sexo e tamén se darán trofeos aos tres primeiros equipos de cada categoría e sexo.

Os equipos e atletas clasificados segundo a normativa da federación quedarán clasificados para o campionato Galego.

Nesta nova acheganse como adxuntos diferentes documentos: Listado de atletas convocados para o Provincial, Plano do circuíto, Normativa Federación para a proba e a Nota informativa aos papás.

Lembrade levar roupa óptima para a carreira e para cambiarse ao rematar. Lembrade quentar, facer mobilidade articular e uns progresivos antes da proba e ao rematar abrigarse ben comer e beber líquidos e estirar un pouco. Na casa para as maniotas auga fría nas pernas para minimizar esas microinflamacións. E non vos esquezades tampouco que o máis importante de to é....

...PASALO MOI BEN!!!!!!!!!

Colgaremos a reportaxe fotográfica na web coma noutras ocasiòns e se tedes as vosas propias imaxes e queredes que as colguemos pasadenos a tarxeta de memoria da vosa cámara e poderemos disfrutalas todos.

Saudiños e vémonos o domingo as 10:30 no cole ou as 11:00 na pista para os que non veñades polo cole antes. 

 

 

Ángel Álvarez recibe un premio do Certame de poesía de Nadal da Biblioteca de Lugo

 

Nenos e nenas premiados no certame de poesía infantil

Ángel Álvarez, alumno de 5º "A" do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba recolle o premio de poesía da Biblioteca Nadal de Lugo xunto con outra nena Alba Rey da capital chairega.
 

Trátase do certame organizado pola biblioteca lucense para o pasado nadal. Os pequenos recolleron este luns os seus premios.

A capital chairega é terra de poetas. Cada ano xorden novas creacións, pero desta volta veñen da pluma de dous pequenos vilalbeses. Alba Rey participou na categoría de nenos menores de 8 anos e foi premiada cun accésit. Xunto a ela, Ángel Álvarez, na categoría de nenos de entre 9 e 11 anos, levouse un recoñecemento pola súa creación con outro accésit. Ambos representaban no certame á Biblioteca Municipal de Vilalba.

Nova tomada da edición dixital de Terra Cha. Xa.

Celebración do Día Internacional da Paz e non Violencia

Logo día Paz 2011

 

O venres 28 de febreiro no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba celebramos o Día Internacional da Paz e non violencia.

Os departamentos de Actividades Complementarias e Extraescolares en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística organizaron as seguintes actividades:

  • Traballo nas aulas de contos sobre a temática.
  • Pintado conmemorativo dun muro do patio co lema:" Tódos iguais, todos diferentes" Todo o alumnado do centro deixou a pegada da súa man en dito muro conmemorativo.
  • Cada aula ideou e decorou un vagón dun tren simbólico da paz. A decoración textual e gráfica contiña mensaxes, ideas e debuxos sobre a paz. O venres baixamos ao patio do cole facendo o tren.
  • Lemos un manifesto con reflexións sobre a paz elaborado por alumnado de sexto curso.
  • Finalmente fixemos un espectacular e simbólico acto de solta de pombas.

 

Clica na imaxe para acceder ao album do evento.

 

 

Distribuir contido