7 DE DECEMBRO-DIA DO ENSINO

 

 

Segundo se contempla no calendario escolar, ademais dos días festivos (6 e 8) o martes, día 7 de decembro, non  haberá clase por ter sido declarado DÍA DO ENSINO por parte da Xunta de Galicia, reanudándose as mesmas o xoves, día 9 de decembro.

 

Vilalba, 3 de decembro de 2010

A DIRECCIÓN

NOTA INFORMATIVA REMITIDA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

A través do correo electrónico, a Consellería de Educación remitiu aos centros educativos o seguinte comunicado:

 
 

"Ante a comunicación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de meteoroloxía adversa por neve e xeo de nivel laranxa ou no seu caso amarelo, que afectará a partir do mediodía de mañá día 02/12/2010, dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poñemos no seu coñecemento da necesidade de adoptar as medidas preventivas necesarias ante as citadas circunstancias.Existe a previsión de alerta laranxa por nevadas nos concellos que se sinalan ao final deste correo que se intensificaran a partir do mediodía. En atención as circunstancias meteorolóxicas locais aconsellase aos directores que consulten cos transportistas que prestan servizos ao centro sobre as dificultades de regreso dende o centro educativo para, de se lo caso, adiantar a hora de saída do centro. Do mesmo xeito, prégase especial atención a información meteorolóxica para, atendendo as circunstancias locais dos centros suspender as actividades extraescolares ou as que se realicen no exterior do centro.No caso de que as actividades docentes non se poidan realizar por falta de transporte escolar prégaselles que o comuniquen á maior brevidade á xefatura territorial correspondente, mediante correo electrónico. Para máis información aconsellamos consultar a páxina web da AEMET www.aemet.es ,do Centro de Atención de Emerxencias  112 Galicia www.112galicia.org e de Meteogalicia www.meteogalicia.es

PROVINCIA DE LUGO

Entre outras moitas, inclúese a de VILALBA. 

 


 

Predicción de la Agencia Estatal de Metereología (AEMET)

 

PREMIO NACIONAL DE DEBUXO PARA CARLOTA MOSQUERA

No pasado mes de maio, fallouse o III Concurso de Debuxo Infantil 2010 para nenos con discapacidade, organizado pola Fundación Mapfre, e o primeiro premio conseguiuno unha alumna do noso Colexio, Carlota Mosquera Ramil, de 6º de Primaria. Dende aquí queremosa transmitirlle a ela, á súa familia e aos seus profesores a nosa máis sincera felicitación.
Na imaxe de arriba, publicada na revista Down, podedes ver a reseña do referido premio xunto co debuxo de Carlota merecente do mesmo.


ACTO DE ENTREGA PREMIOS I CATA PRODUTOS DO OUTONO

 

Hoxe ás 10:00 no salón de actos do CEIP Antonio Insua Bermúdez celebramos o acto de entrega de premios aos participantes e gañadores da I Cata de Produtos do Outono celebrado en datas recentes no noso centro.

Desde a organización agradecemos a tódolos participantes cociñeiros e cociñeiras os produtos e sabores disfrutados. Partindo das castañas catamos: mermeladas, biscoitos, bombóns, tartas, filloas con castañas, empanadas, pan con castañas... na galería de imaxes tedes mostras de todas elas. Agradecemos as familias non só a participación, imprescindible, senón a implicación dos educandos na cociña e o feito de compartir desde outra perspectiva (as mans na masa) a cociña con produtos galegos tradicionais.

Comunicar tamén a tódolos visitantes da páxina e membros do centro, que temos a firme intención de elaborar un libro con tódalas receitas compiladas dos participantes e que o poñeremos a disposición de todo o mundo na propia páxina web do centro en versión dixital. Teredes novas deste libro proximamente.

Clica na imaxe para acceder á galería de entrega de premios do evento. 

SAÍDA DIDÁCTICA DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O venres 20 de novembro de 2010 celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia nun acto celebrado en Pontevedra.

Unicef e a Asociación o Castro de Baión organizaron esta actividade en Baión, Vilanova de Arousa, nun día marcado pola auga que nembargantes non estragou a ilusión e o traballo de moitos nenos e nenas representantes do alumnado das catro provincias galegas.

22 centros de galicia encheron o pabillón de deportes para concienciarnos sobre os dereitos da infancia e sobre a laboura da ONG Unicef coa infancia. O popular presentador da TVG Terio Carrera coas verbas " eu son Kimbo" lema da campaña de dita ONG comezou a festa: os traballos de tódolos centros enchían un gran lateral do pabillón, cantamos animadammente, atendemos a unha presentación multimedia nunha gran pataia dixital e subimos ao escenario a expoñer os traballos sobre os dereitos da infancia repartidos a cada centro. de feito Andrea expuxo a súa composición ante un milleiro de persoas, iso son tablas sobre o escenario. Os nenos do noso cole traballaron o dereito á Igualdade, Parabéns!.

Ao rematar xantamos todos xuntos e voltamos para a casiña con bos recordos.

Unha presentadora da TVG entrevistou en directo aos nosos compañeiros de 5ºB (minuto 2:03 facendo un doble clic na ligazón de  a galega.info),  a cámara e o medo ao directo non mitigaron a elocuencia dos noso alumnos.

 

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

 Nova no xornal A Voz de Galicia.

Videocomposición sobre esta Conmemoración Internacional

 

 

 

 

Clica na imaxe para acceder á galería de imaxes do evento.

CATA DE RECEITAS ELABORADAS PRODUTOS DO OUTONO

Cata produtos do magosto 2010 CEIP A Insua Bermudez 

No cole A. Insua Bermúdez de Vilalba (Lugo). Os equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares e de Normalización andan a organizar un acto de homenaxe a dona castaña e aos produtos do outono.

Convocamos ao alumnado e ás familias a elaborar postres caseiros que teñan como base a castaña e  nos que os nenos/as deben participar axudados polos maiores. Os resultados probarannos os alumnos en cadansúa aula. Faremos unha reportaxe fotográfica de tódolos participantes e repartiremos un detalliño aos participantes e aos gañadores.

Nenos, animádevos e achegádevos á cociña a meter as mans na masa! Papás e mamás compartide tempos, espazos e experiencias na cociña! Cociñando aprendemos todos!. E a vos profes e compañeiros e compañeiras a dar exemplo preparando pratos saborosas!!! 

O xoves 18 de novembro de 2010 faremos un acto de recepción e cata de tódalas receitas. Días despois , A PRÓXIMA SEMANA, faremos entrega de agradecementos e premios aos gañadores.

 

Clica na cámara para acceder á galería de imaxes.

Chega o Magosto ao noso Cole

 

 

No noso cole preparamos a festa tradicional do Magosto 2010: "A Festa das Castañas Asadas".

MAGOSTO: O venres 12 de novembro ás 12:30 da mañá comezamos a degustar este saborosísimo manxar do castiñeiro. Saímos ao patio do cole, xogamos e desfrutamos de castañas recén asadas, que boas estaban, meu!

EXPOSICIÓN: Organizamos unha exposición de produtos do outono que aínda podedes visitar cando queirades ata o  próximo xoves 18 de novembro.

CATA DE POSTRES TRADICIONAIS DO OUTONO: Pero aínda temos máis, deunos por facer unha cata de produtos de postre do outono con castañas, co que animamos ao alumnado e ás familias a buscar receitas tradicionais e a cociñalas cos seus fillos e realizarmos unha cata de todo o alumnado no recreo do xoves 18 de novembro.

Triptico Magosto CEIP A.Insua Bermudez 2010 Vilalba

Deixamosvos esta ligazón para que atopar algúns recurso interesante sobre o Magosto, amosa o traballo duns compañeiros/as do CEIP Victor Sáenz de Mazaricos (A Coruña).  https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

Os equipos de Actividades Extraescolares e Complementarias agardamos que fora do voso agrado e agradecemos a vosa colaboración.

Clica na cámara para ir á galería de imaxes do Magosto 2010

Uns supercampións achégannos as Loitas Olimpicas ao CEIP A. Ínsua Bermudez

A principios de curso visitáronnos uns profes fantabulosos de Loitas Olimpicas para presentarnos un deporte tan "descoñecido" e súa vez tan respetuoso cos adversarios.

Os profesores non poden ser mellores: José Cuba, Iván ou Pablo son Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte  e por méritos propios, mestres deste deporte, todos contan con grandes éxitos nacionais e internacionais. Teñen un clube en Vilalba onde entrenan e dan clase aos que se apunten.

Chegaron ao noso cole e montaron un tatami xigante de Loita no Pabillón Polideportivo a cores amarelo, azul e vermello. Explicáronnos que era a loita e escoitamos, logo pasamos á acción: quentamos, xogamos e aprendemos diferentes técnicas deste deporte. As imaxes falan por sí mesmas.

Máis adiante co gallo do programa Xogade da Xunta de Galicia, voltarán polo cole para darnos outra Unidade Didáctica. Para os que vos gustara este deporte, sabede que de vos interesa a vós ou a vosos papás, podedes ter máis información nesta ligazón: clube de loita  Oliímpica de Vilalba.(horarios, lugar...)  

Neste enlace podedes coñecer un pouco máis a Loita e a un dos profes, José Cuba , que nos deu clase, ou ver a alumnos do cole entrenado no clube de Vilalba

Preme na cámara para ver a galeria de Imaxes da actividade

Agardamos que vos gusten !!! Proximamente máis!!!

Desfile e entrega de premios do I Concurso- Exposición Samain 2010

 

 

O venres 29 de Outubro celebramos no noso cole un desfile de cabazas polo cole para que o alumnado e as familias que se achegaran o centro viran os traballos que fixeron tódolos participantes. Logo de dar unha volta polos pasillos do cole coas luces a escuras e as cabazas acendidas deixámolas na entrada do cole para goce e disfrute de tódolos asistentes.

Acto seguido o Director xunto coa coordinadora de Extraescolares e Complementarias, María, fixeron entrega de diplomas de participación aos titores de tódolos cursos para tódolos artistas que crearon unha cabaza.

A continuación na entrada do cole tamén se fixo pública a lista de gañadores por aula do I Concurso de Cabazas de Samaín. Un xurado formado por tódolos mestres, representantes de persoal non docente (Conserxería, Cociña) e incluso algúns alumnos votaron ás súas favoritas, horas máis tarde fixose un escrutinio e saíron elixidos como gañadores os seguintes autores/as:

 

 GAÑADORES/AS DO I CONCURSO DE CABAZAS SAMAIN 2010

CEIP A. ÍNSUA BERMUDEZ (Vilalba)

 INFANTIL 3 ANOS: Óscar González  INFANTIL 4 ANOS: Miguel Lozano
 INFANTIL 5 ANOS: Álex Popariña  PRIMEIRO A: Adrián Veiga
 PRIMEIRO B: Carla Pena  SEGUNDO A: Belén Lamas
 SEGUNDO B: Daniel Ameijide  TERCEIRO A: Ana ínsua
 TERCEIRO B: Adriana Díaz  CUARTO A: Uxía Gato
 CUARTO B:  Ainé Shilpa  QUINTO A: María Carballeira
 QUINTO B: Nerea Montero  SEXTO A: Noelia López
 SEXTO B: Omar Bello  

 

Os gañadores e gañadoras ademais de recibiren o correspondente diploma acreditativo recibiron un libro agasallo da biblioteca e unha cabaza con doces para compartir cos compañeiros de aula. O resto de alumnado recibiu un pequeniño agasallo para premiar a todos e animar a participar o próximo ano con máis e aínda mellores obras. PARABENS PARA TODOS!!!!

Clica na cámara para ver a galería de imaxes do desfile e entrega de premios. 

CHEGOU O SAMAÍN 2010 AO NOSO COLE

 

Cartaz Festa Samaín 2010 CEIP ÍNSUA BERMUDEZ (Vilalba)

 

Durante a semana do  25 ao 29 de outubro celebramos no cole Ínsua Bermudez a festa Celta do fin do verán.
O programa para esta conmemoración na que colaboran os equipos de Normalización, Actividades Extraescolares e Complementarias e os diferentes equipos de ciclo do centro xunto coa inestimable colaboración de nenos e familias é a que segue:
  • CONCURSO DE CABAZAS.
Buscade unha cabaza. Pídelle axuda aos teus pais e facédea seguindo as instruccións do tríptico. Se tedes un pouco de creatividade poderedes crear auténticas obras mestras. Cando a traias, os teus mestres poñeranlle unha cartela co nome, apelidos e curso.
Un xurado formado por moitos expertos do terror votarán as mais terroríficas e haberá agasallos e diplomas.
Colgaremos na paxina web do centro as imaxes deste evento e aos gañadores.
  • EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Toda a semana poderemos ver a exposición das cabazas talladas do alumnado. Cada curso terá o seu expositor diante da clase. Animade ás vosas familias a vir ver as cabazas.    
  • A BIBLIOTECA EN SAMAIN.

Exposición libros de terror.
Sesións contacontos terroríficos:

  • Luns 25 1º ciclo.
  • Martes 26 2º ciclo.
  • Mércores 27 3º ciclo.
  • Xoves 28 Infantil. 
  •  ACENDIDO DE CABAZAS
Venres 29 de outubro. O Gran Momento do acendido de cabazas. Antes de marchar para a casa cadaquén poderá recoller a súa obra para poñela na casa o domingo 31.
Tríptico Samaín 2010 CEIP ÍNSUA BERMUDEZ (Vilalba)

UN POUCO DE HISTORIA, O PORQUE DO SAMAÍN!
O Samain
(Samhuin) é unha festa que se celebra o Primeiro de Novembro, no que da comezo o ano celta. A festa de Samaín é, etimoloxicamente, o “fin do verán”, o comezo do inverno e da escuridade. Simbolicamente a noite de Samaín é a única noite na que os seres do Outromundo,  o mundo  do sidh (dominio dos deuses, heroes e defuntos) se  abre ao mundo dos vivos.
Esa noite colocaban unha vela rudimentaria no interior de: caveiras dos inimigos mortos, cabazas ... colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren ós inimigos

O Cristianismo

Recuperou integramente esta festa converténdoa no día de Tódolos Santos, exaltación da Comunión dos Santos, é dicir, da comunidade perfecta entre os vivos e os mortos.

O Halloween
Os entendidos na materia aseguran que o Halloween se podería ter exportado aos Estados Unidos polos irlandeses (descendentes de celtas) no século XIX e comezos do XX. De feito, etimoloxicamente a propia palabra Halloween significa o mesmo que Samaín. Halloween é a forma moderna inglesa do antigo “All-hallow even” que significa, para algúns autores, “Véspera de todo o Sagrado”.

Distribuir contido