CONCERTO DIDÁCTICO DE CORDA FRETADA

Concerto Didáctico Musica CEIP A. Insua Bermudez Educación Musical

O Martes 1 de febreiro de 2011 o alumnado de 1º a 6º de Primaria do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba tivo o privilexio de asistir a un concerto didáctico de música Barroca interpretada por alumnos e mestres do Conservatorio Municipal de Vilalba, que foi coordinado polo departamento de música do noso cole.

Estes artistas ensinaronnos a escoitar un concerto de xeito intelixente a través das distintas partes e coa participación dos distintos instrumentos. Unhas veces como solistas e outras como un "tutti".

O alumnado tan satisfeito quedou dons sons do violín, da viola, do violonchelo, do contabaixo e das explicacións dadas polo director deste pequeno grupo de cámara que deseguro estará agardando novas actuacións deste tipo.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍAS DO NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca de Vilalba premia a oito escolares no seu concurso de poesía

 

Premiados y jurado del certamen de poesía de Navidad. n. rODRÍGUEZ

Premiados e xurado do certame de poesía de Nadal. N. Rodríguez 
O xurado encargado de fallar os premios da pasada edición do concurso de poesía infantil convocado pola biblioteca de Vilalba distinguíu a calidade dos versos presentados por oito dos escolares matriculados en centros vilalbeses que optaron por tomar parte neste concurso, estruturado en dúas categorías para nenos e nenas de oito e de dez anos.

Os alumnos do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba Ana Rey Leal, Isabel Pardo Martínez e Borja Prieto López resultaron galardoados na modalidade A, para participantes de oito anos de idade.

Aldara Villarino, Andrea Pardo e Ángel Álvarez Rey, todos eles alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez, resultaron galardoados na categoría B, aberta a escolares de dez anos.

Os membros do tribunal encargado de dirimir os premios deste certame de poesía infantil, acordaron conceder senllos accesits ás alumnas do CEIP MatoVizoso, Paula Seijas Pedreira, de oito anos, e Milagros Louzán Francos, de once anos de idade.

Os agasallados na última edición do concurso de poesía infantil convocado pola Biblioteca de Vilalba recibiron como premio un lote de libros e o correspondente diploma acreditativo da súa participación.

O alcaldede Vilalba, o popular Gerardo Criado, aproveitou o acto de entrega de premios para felicitar ós agasallados, así como para agradecer o esforzo realizado polos profesores que animan os seus alumnos para que participen neste tipo de certames poéticos e artísticos en xeral.

 

Proba Clasificatoria de Campo a Través da Terra Cha.

Atletas participantes Proba Clasificatoria Campo a Través de Vilalba 2011

Reuniuse un nutrido número de atletas no marco das excelentes instalacións do Campo da Magdalena en Vilalba para celebrar a correspondente proba clasificatoria da que sairán clasificados os atletas das diferentes categorias e sexos para o Campionato Provincial de Campo a Través que tamén se celebrará o 20 de Febreiro de 2011 neste mesmo circuíto.

O tempo frio e soleado con algunhas rachas de vento trouxeron unha temperatura propia de clima continenta, fría e con maior sensación térmica de frio polo vento que nos acompañou toda a xornada.

A xornada arrancou segundo o planificado contra as 11:15 horas e rematou coa entrega de premios individuais e por equipos sobre as 13:00 horas.

O noso cole, o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, participaba xunto con atletas de Castro de Rei, Cospeito, Vilalba, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade. Os 102 nenos e nenas do noso cole, disfrutaron dunha xornada aerobica e moitos probaron o sabor do éxito individual, colectivo ou ambolos dous. Parabéns a tódolos que participaron.

Fixeron a entrega de medallas aos gañadores autoridades políticas do mundo do Deporte como: o Delegado da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, D. José Manuel Rozas e o Concelleiro de Xuventude do Concello de Vilalba, D. Jesús Bermudez Rodríguez.

Agradecementos a tódolos nenos e nenas, papás e mamás que colaboraron e aos mestres e acompañantes que fixeron posible esta actividade directa e indirectamente.

 

 

Clica na cámara para ver o album de fotos do evento 

 

CAMPIONATO CLASIFICATORIO DE CAMPO A TRAVÉS PARA O PROVINCIAL

 NOTA INFORMATIVA PROBA CAMPO A TRAVÉS CLASIFICATORIA


O Sábado 22 de Xaneiro de 2011 o alumnado  de Primaria do CEIP A. Insua Bermúdez participará na PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO DA MAGDALENA (Vilalba) a partires das 11,15 da mañá.
Alumnado participante: Alumnado autorizado e asegurado de 2º,3º,4, 5º e 6º curso.
Lugar da proba: Circuíto Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).
Saída do autobús do cole: Saída diante do centro ás 10:30 en autobús ata o Campo de Fútbol da Magdalena con tempo para, antes da 1º proba: repartir dorsais, amañar equipos, baixas de última hora, quentar… O alumnado irá acompañado por responsables do centro en número proporcional  aos atletas participantes.
Horario das probas:    
  • Probas Benxamíns ( 2003-02):
    • 11,15h.Feminina distancia 500mts.     
    • 11,30h Masculina ( 2003-02) distancia 500mts.
  • Probas Alevíns( 2001-00). 
    • 11,45h Feminina distancia 600mts.               
    • 12,00 h Masculina distancia 1000mts.
  • Probas Infantís (1999-98) 
    • 12,15h. Feminina  distancia 1000mts.           
    • 12,30h Masculina distancia 1500mts.
  •  
  • Entrega de trofeos individuais e por equipos sobre as 13:00 horas.

Hora estimada de volta ao centro: aproximadamente sobre a 13:15 horas.

Para repoñer forzas ao rematar a proba a organización facilitará bebida e un bocadillo ou refrixerio para tódolos participantes.

Nota: Faremos reportaxe fotográfica e colgarémolas nesta web.

IMPORTANTE: Recoméndase que os alumnos traian roupa de deporte óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas, camiseta curta, por riba un chándal. (se vai moito frío uns guantes de la para as mans e unha braga de montaña para a gorxa). Unha vez rematada a proba é necesario levar roupa para cambiarse: camiseta, calcetíns e outro calzado secos, unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia.          

 

Resultados da Preparatoria de Campo a Través Vilalba 18-01-2011

Hoxe o tempo acompañounos e deixounos facer campo a través. Levamos ao campo da Magdalena unha nutrida representación uns 112 atletas de tódolos cursos desde 2º ata 6º de primaria.

Ainda que gañar non é o máis importante puidemos levar algunha medalla de volta o que alegrou aos gañadores e aos compañeiros/as.

No documento adxunto a esta nova achegamos a clasificación e podedes ver que o fixemos bastante ben, 1º ao acudir, porque facer deporte aeróbico sempre é unha boa nova, 2º por portarnos ben e deixar o nome do cole A. Insua Bermudez en bo lugar e 3º por traer algunha medalla para o cole.

Parabens a tódolos atletas participantes aos que se apuntaron e non puideron ir por estaren acatarrados, aos que foron e correron e aos que correron e gañaron.

Lembrade que mañá mércores pasaremos por clase a recoller o listado de participantes para a Clasificatoria que se celebrará o Sábado 22 de xaneiro no mesmo sitio á mesma hora. Haberá clasificación por individual e tamén por equipos. Animádevos.

En breve colgaremos á web a nota e mandaremola ás familias.

Non deixedes de ver as imaxes de esforzo, alegría... na galería correspondente ou clicando máis abaixo na cámara de fotos.

Clica para ver a galería de imaxes do evento

PROBA PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS A MAGDALENA (VILALBA)

NOTA INFORMATIVA PROBA CAMPO A TRAVÉS PREPARATORIA
O Martes 18 de Xaneiro de 2011 o alumnado AUTORIZADO de Primaria do CEIP A. Insua Bermúdez participará na PROBA PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO DA MAGDALENA (Vilalba) a partires das 11,15 da mañá.
  • Alumnado participante: Alumnado autorizado e asegurado de 2º,3º,4, 5º e 6º curso.
  • Lugar da proba: Circuíto Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).
  • Saída do autobús do cole: Saída diante do centro ás 10:30 en autobús ata o Campo de Fútbol da Magdalena con tempo para, antes da 1º proba, quentar e repartir dorsais.O alumnado irá acompañado por responsables do centro en número proporcional  aos atletas participantes..
  • Horario das probas:   
Probas Benxamíns ( 2003-02):11,15h.Feminina distancia 500mts.     11,30h Masculina ( 2003-02) distancia 500mts.
Probas Alevíns( 2001-00). 11,45h Feminina distancia 600mts.           12,00 h Masculina distancia 1000mts.
Probas Infantís (1999-98) 12,15h. Feminina  distancia 1000mts.        12,30h Masculina distancia 1500mts.
  • Hora estimada de volta ao centro: aproximadamente sobre a 01:15.
  • Para repoñer forzas ao rematar a proba aconséllase levar da casa unha botelliña de auga e un pequeno bocadillo. O próximo sábado, na Clasificatoria o Concello ofrecerá bocadillos e augas para todos.
  • IMPORTANTE: Recoméndase que os alumnos traian roupa de deporte óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas, camiseta curta, por riba un chándal. (se vai moito frío uns guantes de la para as mans e unha braga de montaña para a gorxa). Unha vez rematada a proba é necesario levar roupa para cambiarse: camiseta, calcetíns e outro calzado secos, unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia.          Nota: Faremos reportaxe fotográfica e colgarémolas na web do centro.

Bo e Feliz Ano 2011 !

A comunidade educativa do CEIP Antonio Insua Bermúdez desexavos un Feliz ano 2011.

FELICES FESTAS DESDE O CEIP A. INSUA BERMÚDEZ

Postal Gañadora do Concurso de Postais de Nadal 2010 Ceip A. Insua Bermúdez Vilalba Lugo

FESTIVAL DE NADAL DO NOSO COLE

Hoxe mércores 22 de decembro tivo lugar no noso centro o tradicional festival de Nadal.

Aproximadamente ás 10:00 baixamos ao salón de actos onde tivemos as seguintes actuacións:

  • Infantil interpretou a panxoliña: "Campá sobre campá".
  • O alumnado de Primeiro A interpretou unha coreografía " Danza Kudura".
  • Os nenos de Primeiro B amosaronnos a tradicional panxoliña: " Canto de reises".
  • En segundo fixeron " O Burrito sabanero".
  • O alumnado de Terceiro A: bailou e cantou " Mi Vitamina" de Carlos Baute.
  • Os rapaces de Terceiro B escenificaron " O Conto de Nadal " da autora María Rius.
  • En Cuarto fixeron a canción "Chucuchú".
  • Os da clase de 5º subiron ao escenario para facer a panxoliña " Entre as Silveiras".
  • Para rematar as actuacións do alumnado unha representación de alumnnos de sexto B interpretaron instrumental e vocalmente "Noite de Paz".
  • O penúltimo acto do festival foi a entrega de premios do concurso de postais de Nadal da ANPA, que entregou premios ás mellores postais de cada curso e un gran premio final para a mellor postal do cole, que será elixida para representar oficialmente ao noso cole nas felicitacións formais institucionais do noso cole.
  • Session Karaoke para todos os asistentes.
  • Visita das súas maxestades os reis de Oriente.  

 

Clica na cámara para ver o album de imaxes do Nadal

SAE Á LUZ A EDICIÓN Nº 61 DA REVISTA ESCOLAR A PRAVIA

 

 

 

Clica nesta ligazón para acceder á nosa biblioteca virtual e acceder á revista a toda cor ou descargala 

O venres, día 17 de decembro de 2010, o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita o número 61 da revista escolar A PRAVIA, coincidindo cos días previos á Feira do Capón  2010.
Nesta ocasión, o Prólogo sobre o capón é obra de Xulio Xiz, xornalista e mestre vilalbés que traballou en diferentes eidos: prensa escrita, radio e televisión e tamén publicou diferentes libros sobre comarcas de Lugo, forma habitualmente parte do xurado do certame Benxamin Paz organizado polo noso cole.
Na revista fanse revisións sobre o Proceso evolutivo do Capón, desde a selección ata a matanza. Os alumnos de sexto presentan unhas estatísticas interesantes sobre a produción por parroquias, a evolución interanual dos prezos por par...  interesantes datos.
Os peques do cole presentannos unhas páxinas nas que podemos ver algúns traballos que fixeron ao longo do curso. Do mesmo xeito, Os maiores , nas páxinas seguintes van facendo o mesmo. Pequenos e grandes enxeños. O país das letras, poesías varias, debuxos, historias, cómics, quebracabezas. Manual de caricatura, DÍa internacional dos dereitos da Infancia. Novas do cole, Unha Biblioteca moi dinámica. Recomendacións de libros para o Nadal, Concurso de postais de Nadal. A páxina da ANPA e Páxina de Oriantación.
A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.
Agardamos que vos guste e animámosvos a participar no seguinte número.
Distribuir contido