VENRES, 18 DE MAIO, DIA NON LECTIVO

18 DE MAIO, DÍA NON LECTIVO

Informamos á comunidade educativa do CEIP Antonio Insua Bermúdez, que o venres 18 de maio non haberá clase, por ser un dos dous días concedidos pola Administración, a proposta do Consello Escolar, reanudándose as mesmas o luns, día 21 de maio. 



MATRÍCULA 2012-2013

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2012/2013

 

 

 A ESPERA DA DECISIÓN DEFINITIVA DO CONSELLO ESCOLAR QUE SE REUNIRÁ A FINAIS DESTE MES, CON RELACIÓN ÁS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS NESTE CENTRO PARA O CURSO ESCOLAR 2012/2013 INFORMAMOS DO SEGUINTE:

1º.- As solcitudes de admisión do alumnado para o curso escolar 2012-2013 correspondentes aos niveis de INFANTIL-3 ANOS E 1º DE PRIMARIA quedan admitidas todas xa que non sobrepasaron o nº de vacantes estipulado.
ALUMNADO ADMITIDO INFANTIL – 3 ANOS
ALUMNADO ADMITIDO 1º DE PRIMARIA

 

 

2º.- FORMALIZACIÓN DEFINITIVA DA MATRÍCULA. 
O prazo para levar a cabo a formalización definitiva da matrícula será: 
Do 20 ao 30 de xuño

DEPORTES CAMPO A TRAVÉS; CLASIFICATORIA VILALBA SÁBADO28 XANEIRO DE 2012

PRESENTACIÓN JOAN MIRO PROXECTO DE CENTRO

AUTORIZACIÓN DEPORTE ESCOLAR XOGADE 2011_12

Con motivo da Campaña de Deporte Escolar XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) 2011-12 presentamos a autorización para a mutualización, ou seguro deportivo, dos deportistas escolares desta Campaña. Autorización Actividades Deportivas XOGADE 2012 CEIP INSUA BERMUDEZ

 

O Sábado 28 de xaneiro de 2012 celebrarase no marco das instalacións deportivas da capital chairega, A Magdalena, unha nova edición da PROBA CLASIFICATORIA ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS. Debido ao compromiso mutuo adquirido anteriormente de colaboración coa Administración en material deportiva, polo noso compromiso coa promoción deportiva e cos estilos de vida saudables; premio de Serra Nevada curso anterior, Planificación de probas Preparatorias, Clasificatorias e Provincial de Campo a Través nas instalacións polideportivas da Magdalena correspondenos responder a este compromiso co noso centro convocando a todo o alumnado en idade de participar a dita proba.

Recollede a autorización no cole ou baixaa desta ligazón, cubrideas e asinadelas na casa, traedeas de volta ao titor para podervos facer o seguro deportivo e darvos de alta como deportistas e en proximos dias faremos os equipos para participar na proba Clasificatoria do 28 de xaneiro na MAGDALENA. Entrenade rapaces e rapazas!

AMPA do CEIP A. Insua Bermudez

O CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DESÉXALLES UN BO NADAL E UN FELIZ ANO 2012

PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS DA ANPA DO NOSO COLE

PREMIOS POSTAIS NADAL 2011 ANPA INSUA BERMÚDEZ:

 
Premio extraordinario:  
Uxía Corral Eimil, de 3ºA

Resto premiados:

INFANTIL-3 ANOS

Mario Orosa Lozano
Fabián Mariño Gómez
Iria Currás Blanco

INFANTIL-4 ANOS

María Sandomingo Gesto
Shaila Vigo Pereira
Andrea Vivero Álvarez

INFANTIL-5 ANOS

María García-Anllo Seco
Sara Puentes Anta
Miguel Lozano Ron

1º PRIMARIA

Carla Campello Currás
Aitor Pardo Naranjo
Icía Saavedra Cortiñas

2º PRIMARIA

Laura Álvarez Rey
Ariadna Cabarcos Hermida
Paula Santomé Folgueira

3º PRIMARIA 

Uxía Corral Eimil
Raúl Alvariño Amado
Paula Pardo Gato

4º PRIMARIA

Alejandra Pico González
Carmen Mato Maseda
Rares Mezdrea

5º PRIMARIA

Iria Villares Díaz
Ismael Francos López
Uxía Gato Díaz

6º PRIMARIA

Christian Vázquez Pérez
Uxía Corbelle Cabarcos
Aldara Villarino Villarino.

Parabéns a todos os premiados!! A entrega de medallas terá lugar o mércores 4 de xaneiro no  Centro Cultural Recreativo a partir de las 19,00 horas, nun acto organizado pola ANPA. Quedades todos convidados!!!

 


CHARLA ORGANIZADA POLA ANPA DO NOSO COLEXIO

CHARLA "EDUCACION NON SEXISTA NA CASA E NA ESCOLA"
A ANPA do noso Colexio organiza para o martes, 13 de decembro, ás 16:30 horas nas dependencias do Centro unha charla que leva por título "EDUCACIÓN NON SEXISTA NA CASA E NA ESCOLA".
Será impartida por BRANCA NAZARÉ GUERREIRO MUÑOZ, mestra, pedagoga e orientadora do CPI Doutro López Suárez de Ferrol.
A ANPA convida a pais/nais do alumnado do Centro así como ao profesorado a presenciar a charla.



EQUIPACIÓN DEPORTIVA CEIP A. INSUA BERMUDEZ

POR QUE?

1.- Non é obrigatorio.Pódese mercar so un chandal, so unha camiseta, calquera combinación o mesmo nada.
2.- Mellora a imaxe corporativa, a imaxe do noso centro, esta equipación presenta aos alumnos como pertencentes ao noso centro en calquera marco local, provincial, na comunidade ou no estado. Daremos esa imaxe de equipo que antes non tiñamos ao ir cada alumno cun chandal diferente.

Equipación deportiva CEIP A Insua Bermúdez Antes Despois3.- Facilita a identificación e control do alumnado nas actividades didácticas complementarias e extraescolares.
4.- A relación calidade - prezo é axustada. Facilita aos pais, nais, titores/as a elección da roupa deportiva.  O prezo e calidade son competitivos se pensamos que se lle pide ao fabricante calidade suficiente, tallaxe de pequenos e maiores e garantía de reposición.

QUE PRODUTOS?

Equipación Chandal sudadeira polo camiseta Ceip A Insua Bermudez Vilalba

Existen tallas desde pequenos ata adulto

RELACIÓN DE PREZOS:
1.- Chandal Olimpo con bordado: 33€. 2.-Sudadeira Básica con bordado 12€. 3.- Polo básico con bordado 10€. 4.- Camiseta algodón 180 gr con bordado 6€. 5.- Camiseta Técnica Wembley bordada 9€.  Tamén podemos atopar dispoñible unha equipación con camiseta de local e visitante bordadas con pantalón e medias por 24 €.

Equipación Tecnica Deportiva Local Visitante Insua Bermudez Vilalba 2011_12

Prezos válidos salvo erro tipográfico.


ONDE?

enfíostexgroup®
PARQUE EMPRESARIAL SETE PONTES
Rúa Cerdeira- Parcela B – 27800 – Vilalba

982 51 01 09
982 51 00 43
www.enfios.com
info@enfios.com

Horario atención ao público:
Pola semana en horario continuo de:

  • 9:00 am - 9:00 pm

Os sábados pola mañá de:

  • 9:00 am – 2:00 pm.


Nota da empresa:
Co obxecto de evitar sobrecustos no transporte faranse pedidos cando se acumule certo número de reservas. Para o primeiro pedido agardarase ata o 18 de novembro.Desculpen as molestias.

EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Este martes, 11 de outubro, a maioría do profesorado do Centro levou a cabo, á hora do recreo, unha concentración para reivindicar un ensino público e de calidade. Para elo colocouse unha pancarta co lema EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.


Distribuir contido