Secretaría
SOLICITUDE CONCILIA 2022-2023
Enviado por mctrasre o Sáb, 03/09/2022 - 19:38UN ANO MÁIS O CONCELLO, DENDE A ÁREA DE BENESTAR SOCIAL, OFRECE O SERVIZO DE CONCILICACIÓN FAMILIAR.
AS INSTRUCCIÓNS PARA ACCEDER A DITO SERVIZO ESTÁN NO SEGUINTE ENLACE.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por mctrasre o Xov, 14/07/2022 - 10:21SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 22-23
As familias podedes presentar xa o modelo de autodeclaración do comedor.
PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:
DO 4 AO 8 DE XULLO 2022 E DO 1 AO 9 DE SETEMBRO 2022
HORARIO DE 10h a 13h
Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal
Adxuntamos tamén un archivo con máis información.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Xa abriou o prazo para presentar solicitudes de participación do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Tamén se poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.
O prazo para presentar solicitudes rematará o 22 de xuño de 2022.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023
A Consellería de Educación anuncia que desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
PRAZO DE ADMISIÓN: 1 AO 21 DE MARZO
Pódese cubrir a solicitude na aplicación admisión alumando ou de forma presencial cubrindo un anexo que se lle facilitará no centro.
No seguinte enlace podedes ver a documentación a presentar.
Eleccións Consello Escolar
Enviado por mctrasre o Mar, 09/11/2021 - 12:42Calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos
A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade marcadas pola crise sanitaria da COVID-19 e dentro das posibilidades de cada centro, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.
CALENDARIO APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL NA REUNIÓN DO 04/11/2021
LISTADO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por mctrasre o Ven, 02/07/2021 - 12:11PARA VER O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATRIAL ESCOLAR PREME NO ENLACE. LEMBRADE QUE SÓ ESTÁ O MATERIAL IMPRESCINDIBLE, DO TIPO E NÚMERO DE LIBRETAS, XA SE VOS INFORMARÁ UNHA VEZ EMPEZADO O CURSO.
OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º, ESTÁN NO PROGRAMA EDIXGAL, E NON PRECISAN LIBROS DE TEXTO.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2021-2022
As familias podedes presentar xa o modelo de autodeclaración do comedor.
PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:
DO 1 AO 9 DE XULLO 2021 E DO 1 AO 9 DE SETEMBRO 2021
HORARIO DE 10h a 13h
Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
