INFORMACIÓN SARRIA CONCILIA CURSO ESCOLAR 23-24
TEDES ADXUNTOS AS BASES DE SARRIA CONCILIA, UN PDF CON MÁIS INFORMACIÓN E A FICHA DE INSCRIPCIÓN.
SOLICITUDE DE PRAZA DO 21 AO 25 DE AGOSTO, AMBOS INCLUÍDOS
LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24
No arquivo adxunto podedes atopar os libros de texto para o curso 23-24.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 23-24
Enviado por mctrasre o Mar, 04/07/2023 - 10:40As familias podedes presentar xa o modelo de autodeclaración do comedor.
PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:
DO 4 AO 7 DE XULLO 2023 NO CENTRO E SEMPRE ANTES DO DÍA 1 DE SETEMBRO 2023 SE O MANDADES POR CORREO ELECTRÓNICO
HORARIO DE 10h a 13h
Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal
DÍA DA BICI
Hoxe vivimos unha xornada diferente. Tivemos a visita de STOP ACCIDENTES. O cole encheuse de bicis e patinetes para participar na actividade “Habilidades en bici”. Tamén asistiron en Infantil a un contacontos e o alumnado de 1º e 2º a un Obradoiro de Educación Vial. Que ben o pasaron tod@s!!
OBRADOIRO ÁNGELES ALVARIÑO
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso escolar 2023/2024.
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
As solicitudes presentaranse prefereiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderase presentar as solicitudes presencialmente nos centros escolares.
- O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
