Normalización e Dinamización da Lingua Galega
A RADIO DO PATRIMONIO
O alumnado de 6º participou hoxe en Sarria na gravación do programa "A Radio do Patrimonio". Aquí tedes o resultado!
23 de Febreiro- Día de Rosalía de Castro
O alumnado de 5º resúmenos a vida de Rosalía de Castro e recítanos un dos seus poemas máis famosos:"Adiós ríos, adiós fontes".
Hoxe, a clase de infantil estivo na biblioteca vendo o vídeo dos seus compañeiros e traballando a figura de Rosalía.
Visita do #DígochoEu
Hoxe tivemos a visita do equipo do #DígochoEu. Gravamos un capítulo do seu programa co alumnado de 1º e 2º Primaria. Que gran experiencia vivimos hoxe! Foi un auténtico pracer compartir un rato con eles!
WANGARI MAATHAI- PLAN PROXECTA
Empezamos a traballar no Plan Proxecta co título Donas de sí. Este mes investigamos a figura de Wangari Maathai, premio Nobel da Paz. Aquí vos dexamos unha mostra do traballo realizado.
LETRAS GALEGAS 2021
Co gallo das Letras Galegas, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou en Sarria na homenaxe a Xela Arias.
DÍA DO LIBRO 2021
No blog de Antolín podedes ver o resto de fotos con todas as actividades que fixemos ao longo da semana.
FELIZ DÍA DO LIBRO
Os nenos e nenas de Infantil, para celebrar o día libro, fixeron un debuxo do seu libro favorito.
