Escolares
TREPAR POLA DIVERSIDADE PARA ALCANZAR A IGUALDADE
O noso lema hoxe e sempre é Trepar pola diversidade para alcanzar a diversidade.
Esta semana os biblioaxudantes estiveron exercendo de contancontos nas clases de Infantil e 1º e 2º. Entre os contos elixidos estaban Non fai falta a voz e Vivan las manos de colores.
Grazas a este conto, enchemos as paredes do cole cheas de mans de cores.
VISITA AOS BOMBEIROS
O alumnado de Infantil, 1º e 2º desprazouse ata o parque dos Bombeiros de Sarria para coñecer o seu traballo. Alí ensináronlle a roupa do seu uniforme, o camión de Bombeiros, o camión grúa, como fan excarcelacións...
Mil grazas por toda a vosa paciencia! O alumnado quedou encantado con todo o que lles ensinastes!!
VISITA DO CD LUGO
O Club Deportivo Lugo visitounos o pasado martes. O xogador Pablo Clavería compartiu experiencias con todo o alumnado. Ademais, agasallounos cunha entrada para o partido que o equipo disputará en Lugo o vindeiro Domingo. Moitas grazas pola visita!
COÑECEMOS EXIPTO COA CLASE DE INFANTIL
O alumnado de 5º e 6º de Infantil estivo coñecendo a vida no Antigo Exipto. Quixeron gravar este vídeo onde nos contan todo o que aprenderon!
E na seguinte foto, podedes ver todo o que traballaron!
AS FÁBRICAS DE 6º
Enviado por admin o Xov, 14/11/2019 - 19:49Os nenos e nenas de 6º fixeron a súa versión da fábrica do libro de "Charlie e a fábrica de chocolate".
