Educación Infantil
A PREHISTORIA NA CLASE DE INFANTIL
Na clase de 5º e 6º de Infantil están traballando a Prehistoria. Teñen a súa cova onde cada mañá fan a asamblea, xa se converteron en trogloditas, coñeceron as construcións características desta etapa e fixeron unha réplica e xa coñecen tamén como se obtiña o alimento. Que será o próximo que aprendan?
CHEGOU O OUTONO A CLASE DE INFANTIL
Enviado por admin o Lun, 14/10/2019 - 14:33Estas semanas os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo que froitos podemos recoller no outono. Para recordalos todos fixeron este fermoso mural.
