Saídas didácticas
EXCURSIÓN TROPIC GAIA E MUSEO PROVINCIAL DO MAR
O pasado xoves, grazas a actividade ofertada pola Deputación de Lugo "Da escola á granxa" e solicitada pola ANPA do cole, fomos de excursión a Mariña lucense. Visitamos Tropic Gaia onde coñecemos como cultivan as pitaias, recollemos fresas e fisalis!
Despois de comer achegámonos ao Museo Provincial do Mar e demos un paseo ata o Faro de Punta Atalaia.
EXCURSIÓN 5º E 6º A CANTABRIA
O alumnado de 5º e 6º estivo de excursión por Cantabria e Asturias, visitando diversos lugares como o Museo da Minería, o Capricho de Gaudí en Comillas, o Parque da Natureza de Cabárceno, a Península da Magdalena en Santander, Altamira, ou o Museo Xurásico de Asturias.
EXCURSIÓN A MONFORTE- INFANTIL
Os nenos e nenas de infantil foron de excursión. A súa primeira parada foi o viveiro "Os Trollos" onde José lles ensinou un montón de cousas interesantes.
A súa segunda parada foi no museo do ferrocarril en Monforte. Alí viron trens moi antiguos e ata se subiron en varios deles.
CONTACONTOS EN SARRIA
Onte os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron as actividades da "Semana das letras e lecturas" organizadas polo concello de Sarria.
