Skip to Content

Complementarias

HORTO ESCOLAR

Seguimos adiante co programa VOZ NATURA. Aquí nos vedes, traballando duro, para poñer a punto o noso horto escolar.

É marabilloso traballar en equipo!

GALERÍA

FERVENZAVENTURA.

O pasado 3 de abril, o alumnado e profes de infantil, desfrutamos dun día inesquecible en FERVENZAVENTURA (Reboreda-Pontevedra).

Moita diversión e compañeirismo. Que ben o pasamos!

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA.

BOXEO!

Premio polo esforzo na milla diaria! Un pouco de boxeo, para aplacar a ira. 

GALERÍA: Mirade que ben lle damos!

PLAN DIRECTOR.

Hoxe, estivo no centro Héctor Méndez, da Garda Civil, para falarlle ao alumnado de 4º, 5º e 6º da problemática do acoso escolar e as ferramentas que existen para minimizar, afrontar e denunciar o mesmo.

Palestra enmarcada dentro do PLAN DIRECTOR.

ROTEIRO.

O pasado venres 26 de abril, fixemos un roteiro pola nosa vila, da man da nosa veciña e amiga Andrea Santiso Arias, que nos contou moitas curiosidades arredor das lendas, historias e topónimos da contorna.

Andrea, é a autora do libro "Toponimia de Antas de Ulla", título que inspirou esta actividade ao aire libre, coa que conmemoramos tamén o Día do Libro, dun xeito moi especial.

Lembrade a importancia de levar unha VIDA ACTIVA E DEPORTIVA!

Grazas Andrea. Moito nos prestou!

GALERÍA DE IMAXES.

 

IOGA PARA TODOS!

O pasado venres 12 de abril, tivemos unha actividade de ioga para todo o alumnado e profes do cole. As sesións. que foron impartidas por Noelia López Pires, tiveron gran aceptación e desfrutamos moitísimo da proposta.

Grazas ao Concello de Antas de Ulla, por facer posible que se puidera levar a cabo esta iniciativa. 

A actividade, está enmarcada no Proxecto de Vida Activa e Deportiva, que estamos a desenvolver no centro.

GALERÍA DE IMAXES.

MILLA DIARIA. MOVE ESE CORPO!

Hoxe, da man da milla diaria, visitamos diversos lugares e establecementos da vila, co obxectivo de concienciar aos habitantes de Antas, do saudable hábito de camiñar para manter a forma física e mental.

O noso querido alumnado, foi moi ben recibido en todos os recunchos do pobo, e levaron uns cartaces elaborados por eles/as, nos que se destaca a importancia de levar unha vida activa.

Veña! Que o movemento, demóstrase andando!

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA.

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Visibilizar, para tomar conciencia.

Usar calcetíns desemparellados ou diferentes este día, débese a unha campaña para xerar conciencia e promover a inclusión e o respecto a todas as persoas con este síndrome.

A idea xurdiu en 2018, por parte de Chloe Lennon, a pioneira do movemento "Rock YourSocks", onde se lle pediu a xente de todo o mundo utilizar medias de diferente forma e cor. Dita iniciativa tivo éxito e hoxe son millóns de persoas as que a levan a cabo.

 

PREME NA IMAXE, PARA VER A GALERÍA. 

 

TRAZANDO RUTAS.

Un dos nosos grupos de expertos, trazando unha ruta para a milla diaria. Asumir responsabilidades, axúdanos a superar retos.

MULLERES IMPORTANTES DA NOSA HISTORIA

O pasado luns, aproveitamos a "Milla Diaria", para facer unha parada na interesante exposición "Mulleres Importantes da Nosa Historia" na Praza Nova, que elaboraron o Servizo de Madrugadores e a xente da Casa do Maior.

Distribuir contido


by Dr. Radut