Skip to Content

Animación á lectura

RECOMENDACIÓNS DE PUÍÑAS PARA O VERÁN

Dende a Bibliopuíñas, e co motivo da chegada do verán, entre mergullo e mergullo cremos que hai tempo para gozar dunha boa lectura. Aquí vos deixamos unhas recomendacións do máis refrescante:

 

 

 

 

 

 

TEA TIME!

Que momentos máis especiais na nosa biblio! TEA TIME da man do profe Pablo e a nosa auxiliar de conversa Ari.

How fun it is to work in a group!

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezan as andanzas das MOCHILAS

VIAXEIRAS! Cada unha delas cargadiña cunha

escolma de títulos da nosa Bibliopuíñas para

compartir e gozar en familia. 

 

RECUNCHO DE LECTURA DO SAMAÍN.

O noso querido Puíñas, leva uns días traballando arreo, recompilando historias terroríficamente entretidas e... sabedes que? Xa está preparado o recuncho de lectura do Samaín no espazo central do noso cole! Preparádevos para desfrutar dun montón de lecturas coas que o pasaredes de medo... Atréveste con esta emoción?

VISITOUNOS ANA MEILÁN.

Grazas á gran amizade que ten con PUÍÑAS, hoxe visitounos ANA MEILÁN, que realizou na BiblioPuíñas do cole unha multisesión de contacontos, adaptando cada sesión ás diferentes idades do alumnado. 

Que ledicia poder soñar espertos, a través das marabillosas historias que Ana nos contou!!! Tamén nos acompañaron @s nos@s amiguiñ@s da Galiña Azul.

Moitas grazas e deica pronto Ana!

GALERÍA

BIBLIOPUÍÑAS!!!

A nosa BIBLIOPUÍÑAS! Un espazo moi acolledor do noso centro, no que vivir un montón de aventuras.

8M

PUÍÑAS PREPAROUNOS NESTE RECUNCHO DO COLE, UNHAS LECTURAS BEN BONITAS. HISTORIAS DE GRANDES MULLERES QUE, AO LONGO DA HISTORIA, SEMPRE LOITARON POR UN MUNDO MELLOR.

TÍ, SERÁS O QUE QUEIRAS SER.

MOCHILA VIAXEIRA

Ola familias! Querémosvos presentar "A MOCHILA VIAXEIRA", unha actividade na que unha pequena parte da nosa biblioteca, viaxará ata as vosas casas cargada cun montón de cousas divertidas para desfrutar todos xuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut