Skip to Content

Escolares

SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE

As actividades que realizamos: Infantil, 1º e 2º3º e 4º, .

VÍDEO DE MENSAXE DE ÁNIMO DO PROFESORADO

Todo o profesorado do Ceip Plurilingüe de Antas de Ulla queremos enviarlle unha mensaxe a todo o alumnado polo ben que o está facendo.

Aquí vai un vídeo adicado a todos vós con todo o noso cariño!

https://drive.google.com/file/d/18Df3ILnS5hfgbhUTznNaQm7cMkGyDawc/view

(Pinchade no enlace)

Pronto estaremos de novo nas aulas.

ACTIVIDADES TERCEIRO TRIMESTRE

 

Ola a tod@s! 

Recordámosvos que as actividades para continuar co traballo telemático durante o terceiro trimestre seguiranse colgando na AULA VIRTUAL, (EN TAREFAS REFORZO CORENTENA). 

Alí tedes tamén no foro de novas os correos electrónicos de todo o profesorado para calquera dúbida que vos surxa. E lembrade que abalar móbil é a nosa canle de comunicación.

Un saúdo a tod@s e en especial para @s nos@s pequen@s aos que estamos desexando ver "correndo" polas aulas.

 

ÁNIMOOO!

GRADUACIÓN DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Onte tivemos a graduación dos nenos de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. (Tedes as fotos pinchando en cada nome ou no adxunto).

Resultado de imagen para DIBUJOS DE GORROS EGRESADOS | Graduation clip art,  Graduation cap clipart, Graduation hat

Fixeron uns bailes moi bonitos para celebrar a ocasión.

 

 Agardamos que tódalas familias e alumnado do Ceip Plurilingüe Antas de Ulla teñades un BO VERÁN e que descansen moito estes nenos que cambian de Etapa Educativa para que o vindeiro curso comecen con moita forza. 

                                                             Diseño de fuentes con palabra vacaciones. 373354 Vector en Vecteezy

Aos "pequenos e pequenas" que deixan o noso colexio para continuar co seu camiño de estudiantes... MOITA SORTEEEEEE!!!

PROGRAMA ARCO

Este curso 20/21 contamos cun docente a media xornada desenvolvendo accións de apoio e reforzo financiado polo Fondo Social Europeo(FSE).

PROGRAMA ARCO

TAREFAS DE REFORZO CORENTENA.

Estimadas familias, para que os nenos e nenas podan continuar traballando telematicamente na medida do posible, estarán á vosa disposición diferentes propostas de tarefas voluntarias na aula virtual da páxina web do centro.

Teredes que acceder á páxina web Ceip Antas de Ulla, logo na parte superior escoller "aula virtual", a continuación pinchar en "tarefas de reforzo corentena", darlle en "entrar como convidado" e aí ir escollendo as carpetas correspondentes a cada curso ou materia.

Nos teléfonos móbiles para poder descargar os pdf sairavos unha mensaxe de cor azul, preguntando se queredes volver descargar o arquivo, pinchades no nome do arquivo desa mensaxe e xa o descarga. 

Na páxina web estaban ata o momento as tarefas no bloque de "Actividades", pero a partir de agora soamente estarán na aula virtual.

Recordámosvos que estas tarefas non serán avaliables en ningún caso e que os nenos deben facelas repartidas no tempo, sen agobios e sen presión. O importante é que eles procuren ter unha rutina na vida diaria dentro desta situación un pouco caótica. Por iso vos suxerimos unha vez máis, que fagan algo pero sen presión. 

ÁNIMO E SAÚDOS.

Unha vez máis recordamos a importancia de que descarguedes ABALARMOBIL, xa que tamén enviamos notificacións colectivas a través dese medio de comunicación.

 

Esta é a dirección da páxina web do cole:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantasulla/

 

Este enlace lévavos directamente á aula virtual:

https://www.edu.xunta.gal/…/c…/aulavirtual2/course/view.php…

 

 

TAREFAS DE REFORZO CORENTENA.

TAREFAS ESCOLARES PARA OS DÍAS DO ESTADO DE ALARMA

Coa finalidade de continuar traballando co alumnado nestes días de confinamento, imos aportarvos recursos para as distintas idades educativas tendo en conta que xa se enviaron actividades para estes primeiros 15 días. 

Os nenos deben continuar na medida do posible coas súas tarefas rutinarias: Almorzo, aseo, tarefas domésticas, traballo escolar, descanso-xogo libre, comida, xogo en familia, actividades lúdicas e plásticas, exercicio físico... Non soamente adicar tempo ás tarefas escolares posto que a situación xa é bastante complexa para eles.  

 

A ferramenta empregada para que poidades acceder aos materiais preparados para o desenvolvemento das tarefas vai ser a páxina web do centro. Así todo o alumnado poderá acceder ao mesmo tempo aos recursos facilitados por cada mestre.

 

Debedes ir ao bloque de ACTIVIDADES, dentro do mesmo escoller ESCOLARES e logo ir ao CURSO ou MATERIA correspondente. En caso de non dispoñer de impresora para completar nos documentos aportados, poderanse facer copiando os exercicios na libreta ou en folios.

 

 

Para posibles dúbidas e correccións tedes á vosa disposición o correo electrónico do centro: ceip.antas.ulla@edu.xunta.es ou ben poñerse en contacto cos respectivos docentes.

 

Recordámosvos unha vez máis a importancia de que descarguedes nos vosos teléfonos a aplicación de ABALARMOBIL para que exista unha boa comunicación entre as familias e o profesorado do centro.

TAREFAS ESCOLARES PARA OS DÍAS DO ESTADO DE ALARMA

PAUTAS PARA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos e para normalizar o máximo posible esta situación dámosvos algunhas ideas que podedes levar a cabo co alumnado de Ed.Infantil:

-ler contos , deixando que eles sexan partícipes( escribir o título do conto, debuxar a escea que máis lles gustou…

-lectoescritura: buscar letras en revistass, etiquetas, contos…

-Números: contar obxectos habituais( xoguetes, pezas de froita, lapis…),ver números en etiquetas, teléfono, productos que se mercan…e traballar sinxelas sumas con situacións da vida real, traballar o calendario coa data por escrito como facemos cada día no colexio e mais estos días que os nenos perden a noción do tempo ao estar pechados nas casas.

-Cadernos de grafomotricidade

-Plástica: recortar cousas de xornais ou revistas, facer collages, colorear con distintos materiais, debuxo libre, facer manualidades sinxelas…

- xogos de mesa: puzles, oca, dominós, construccións…

-Atención e memoria: vexo- vexo,, adiviñas, retahílas, cancións…

Nestes días o principal é que como nenos xoguen e tamén descansen pero tamén, na vosa compaña continúen  adquirindo autonomía nas tarefas diarias.

Desexamos que isto se resolva axiña e que os nenos e nenas poidan volver as aulas con total normalidade. Recordade que é moi importante seguir as indicacións que se nos dan e que o máis importante agora é QUEDAR NA CASA.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e %count invitados conectados.
by Dr. Radut