Skip to Content

Novas

NOVO HORARIO

AVISO!

Mañá 1 de outubro comezamos co novo horario de 9:30 a 15:30.

O alumnado que non faga uso do servizo de comedor sairá do centro ás 13:30 e accederá ás aulas ás 14:40.

TITORIAL PARA O ACCESO Á AULA VIRTUAL

Estimadas familias:

Deixámosvos aquí un documento adxunto cun titorial para poder acceder á aula virtual do centro. Nel explícase paso a paso como acceder ao material que os mestres e mestras van colgando para o traballo do alumnado.

Recordade que soamente poderedes entrar no curso no que estades matriculados e tamén nos titoriais informativos.

 

AGASALLO DO CONCELLO

O noso agradecemento unha vez máis ao Concello de Antas de Ulla por este agasallo tan delicioso da nosa comarca, "Doces da Ulloa".