PAUTAS PARA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos e para normalizar o máximo posible esta situación dámosvos algunhas ideas que podedes levar a cabo co alumnado de Ed.Infantil:
-ler contos , deixando que eles sexan partícipes( escribir o título do conto, debuxar a escea que máis lles gustou…
-lectoescritura: buscar letras en revistass, etiquetas, contos…
-Números: contar obxectos habituais( xoguetes, pezas de froita, lapis…),ver números en etiquetas, teléfono, productos que se mercan…e traballar sinxelas sumas con situacións da vida real, traballar o calendario coa data por escrito como facemos cada día no colexio e mais estos días que os nenos perden a noción do tempo ao estar pechados nas casas.
-Cadernos de grafomotricidade
-Plástica: recortar cousas de xornais ou revistas, facer collages, colorear con distintos materiais, debuxo libre, facer manualidades sinxelas…
- xogos de mesa: puzles, oca, dominós, construccións…
-Atención e memoria: vexo- vexo,, adiviñas, retahílas, cancións…
Nestes días o principal é que como nenos xoguen e tamén descansen pero tamén, na vosa compaña continúen adquirindo autonomía nas tarefas diarias.
Desexamos que isto se resolva axiña e que os nenos e nenas poidan volver as aulas con total normalidade. Recordade que é moi importante seguir as indicacións que se nos dan e que o máis importante agora é QUEDAR NA CASA.
Moitas grazas pola vosa colaboración