Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Deixamos o listado dos libros de texto para o curso 2021-2022.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O prazo de formalización de matrícula para novo alumnado é do 20 ao 30 de xuño. 

Podedes cubrir o Anexo III-1 e entregalo na secretaría do colexio ou ben facelo no centro directamente.

Ilustración de icono de dibujos animados de tablero de clip, papel y lápiz.  concepto de icono de objeto de educación aislado. estilo de dibujos  animados plana | Vector Gratis

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

INFORMACIÓN XERAL

 Curso escolar 2021-2022

ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente utilizando os anexo I e anexo II da Orde da convocatoria, que se adxuntan. 

ADMISIÓN ALUMNADO 21/22

En base ás solicitudes recibidas neste centro, podemos facilitar a seguinte información:

4º Infantil ( 3 anos): Todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

PRAZO DE SOLICITUDE : DO 1 AO 22 DE MARZO

Para alumnado de nova incorporación ao centro (4º curso de Infantil- nados no ano 2018) ou aqueles que cambien de centro o vindeiro curso.

 

Deben presentar na secretaría do centro modelo ED 550B-G Anexo II ou ben cubrir a solicitude de xeito informático ou na sede electrónica https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  e aportar a seguinte documentación.

 

NORMATIVA REGULADORA.

 

 

 

COVID-19

PROTOCOLO COVID-19          PLAN DE CONTINXENCIA

No plan de continxencia do centro aparecen reflectidos os "horarios espello"en base á Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021.

                           VERSIÓN 04/11/2020

ORDE DO CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

No documento adxundo podedes ver a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

DISTRIBUCIÓN GRATUITA DE MÁSCARAS

Publicouse a Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

 


 

O alumnado destinatario sera:

- Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar

-Non fose beneficiario desta axuda por diferentes circunstancias pero:

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€ ( exercicio fiscal 2019)
  • Estea matriculado en educación especial,ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

As solicitudes deberán presentarse no centro docente dende o luns 15 ao venres 26 de novembro.

. Non teñen que presentar solicitude os alumnos que fosen beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 21/22.

 

 


 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e %count invitados conectados.
by Dr. Radut