Skip to Content

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

 Curso escolar 2024-2025

 

ORDE DO 7 DE MAIO DO 2024

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria ou en educación especial, axudas para adquirir libros de texto.

- Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, fondo solidario de libros de texto.

- Alumnado matriculado nalgún curso da Educación Primaria, axudas para adquirir material escolar.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente utilizando os ANEXOS I e II da Orde da convocatoria, que se adxuntan. 

 

Prazo de solicitude é do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos)

 

INFORMACIÓN XERAL

 

 

VISITA DE MARÍA VÁZQUEZ.

O pasado 16 de maio, tivemos a honra de recibir a visita da actriz galega María Vázquez, a cal, nos conquistou coa súa cercanía, simpatía, humildade e xenerosidade.

A actriz, nomeada en dúas ocasións aos premios "Goya" e galardoada nos premios "Mestre Mateo" entre outros, preparou e participou activamente co alumnado en varias dinámicas teatrais, introducíndonos así, no marabilloso mundo da interpretación.

Tamén houbo momento para as preguntas que lle fixeron @s nos@s intrépidos xornalistas, e que María respostou moi amablemente, deixando claro nas súas palabras, todo o que loitou e traballou para conseguir cumprir os seus soños. En cada resposta, unha lección de vida e de exemplaridade, que o noso alumnado escoitou con atención e interese.

Foi un día moi especial. Unha inesquecible xornada, para rematar a semana de actos das Letras Galegas 2024, adicada a Luísa Villalta.

Grazas e ata pronto María!

 

GALERÍA FOTOS E VÍDEOS

Distribuir contido


by Dr. Radut