Skip to Content

TAREFAS DE REFORZO CORENTENA.

Estimadas familias, para que os nenos e nenas podan continuar traballando telematicamente na medida do posible, estarán á vosa disposición diferentes propostas de tarefas voluntarias na aula virtual da páxina web do centro.

Teredes que acceder á páxina web Ceip Antas de Ulla, logo na parte superior escoller "aula virtual", a continuación pinchar en "tarefas de reforzo corentena", darlle en "entrar como convidado" e aí ir escollendo as carpetas correspondentes a cada curso ou materia.

Nos teléfonos móbiles para poder descargar os pdf sairavos unha mensaxe de cor azul, preguntando se queredes volver descargar o arquivo, pinchades no nome do arquivo desa mensaxe e xa o descarga. 

Na páxina web estaban ata o momento as tarefas no bloque de "Actividades", pero a partir de agora soamente estarán na aula virtual.

Recordámosvos que estas tarefas non serán avaliables en ningún caso e que os nenos deben facelas repartidas no tempo, sen agobios e sen presión. O importante é que eles procuren ter unha rutina na vida diaria dentro desta situación un pouco caótica. Por iso vos suxerimos unha vez máis, que fagan algo pero sen presión. 

ÁNIMO E SAÚDOS.

Unha vez máis recordamos a importancia de que descarguedes ABALARMOBIL, xa que tamén enviamos notificacións colectivas a través dese medio de comunicación.

 

Esta é a dirección da páxina web do cole:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantasulla/

 

Este enlace lévavos directamente á aula virtual:

https://www.edu.xunta.gal/…/c…/aulavirtual2/course/view.php…

 

 

TAREFAS DE REFORZO CORENTENA.


image | by Dr. Radut