PEQUENOS ESQUIADORES!
A semana pasada tivemos a sorte de poder gozar dunha paisaxe espectacular na Estación invernal e de montaña de San Isidro.
Era "neve de verdade", como dixemos algúns ao vela...e os días de sol aínda facían máis bonitas as vistas desde o telesilla.
Pasamos uns días xeniais nos que tivemos unha vida moi activa achegándonos ao ESQUÍ, un "novo deporte" para algúns.
Que ben o fixemos!!!