Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron este martes unha saída aos Muíños do Corgo. Foron andando dende o colexio e, logo, merendaron alí e fixeron uns xogos.
Grazas ao Plan Director e á Garda Civil o alumnado de 5º e 6º de primaria, gozou de dúas sesións de videoconferencia sobre "Adicción aos Videoxogos" e ""Riscos das Novas Tecnoloxías".
Estiveron moi interesantes e agardamos que todas esas problemáticas existentes entre os cativos, que nos deron a coñecer, se vaian eliminando.
Este vídeo representa o que os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe Antas de Ulla queren cambiar para fomentar a PAZ en todo o mundo, partindo da nosa escola e dos nosos fogares.