No día de hoxe tivemos unha actividade moi especial organizada pola ANPAdo colexio. Tratouse dunha actividade musical relacionada cos contos e coa nosa cultura, realizada por Truque Matruque.
Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do centro agradecemos este detalle melódico e doce que tivo a ANPA con todos nós.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron onte unha saída ás Canteiras. Cada un levou a súa merenda e, logo, desfrutaron xogando todos xuntos.
O alumnado de Educación Infantil fixo onte unha saída á Cúpula, unha das prazas do pobo. Pasárono pipa, xa que estiveron xogando un montón e cada un levou a súa merenda e desfrutaron alí do aire libre.
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron este martes unha saída aos Muíños do Corgo. Foron andando dende o colexio e, logo, merendaron alí e fixeron uns xogos.
Grazas ao Plan Director e á Garda Civil o alumnado de 5º e 6º de primaria, gozou de dúas sesións de videoconferencia sobre "Adicción aos Videoxogos" e ""Riscos das Novas Tecnoloxías".
Estiveron moi interesantes e agardamos que todas esas problemáticas existentes entre os cativos, que nos deron a coñecer, se vaian eliminando.