Novas

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

As reunións de inicio de curso faranse de xeito telemático a través da plataforma Webex

  

  • 5º e 6º de Educación infantil: luns 20 de setembro ás 16:30h.
  • 1º A – B – C de Educación primaria: luns 13 de setembro ás 17:00h
  • 2º A e B de  Educación primaria: luns 13 de setembro ás 17:00h. 2º C Martes 14 ás 16:30h.
  • 3º A – B – C de Educación primaria: mércores  15 de setembro ás 20:00h.
  • 4º A – B – C – D  de Educación primaria: luns 13 de setembro ás 17:00h.
  • 5º A – B – C de Educación primaria: luns 20 de setembro ás 19:00h.
  • 6º A – B – C de Educación primaria: luns 20 de setembro ás 17:00h.

IMPORTANTE: HORARIOS E PARADAS DOS AUTOBUSES CURSO 21_22

O horario das paradas sempre é  aproximado. Deben estar 10 minutos antes nas paradas.

Os horarios a ter en conta son os de saída da parada inicial, as seguintes poderán sufrir pequenas variacións dependendo do tráfico. Deben cubrir e asinar a autorización que figura a continuación e entregarlla á acompañante do autobús xa o primeiro día que usen o transporte.

 

 

BUS Nº 1

Saída de Igrexa -  Covas ás 8:38h

Lombao: 8:40

Ventosa:8:41

Aldea Nova: 08:45h.

Porto: 08:50h

 

BUS Nº 2

Saída Paseo Fluvial : 08:43h.

Centro Médico: 8:48h

 

BUS Nº 3

Saída de Cortes: 08:30h.

Tarroeira:08:37h. Condomiña: 08:38h

Praza da Maía: 08:45h

 

BUS Nº 4

Pedregal: 08:45h. Chavián (Panadería Xallas): 08:50h

 

BUS Nº 5

Praza da Maía:08:40h

Panadería Xallas: 08:45h

 

BUS Nº 6

Centro Médico: 08:45h

Praza de Maía:8:50 h.

 

BUS Nº 7

Avenida Rosalía Castro, 34 (Supermercado): 8:40h

A  Madalena: 8:44h.

 

 

 

 

 

AUTORIZACIÓNS

Autorización para educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

Autorización para 5º e 6º de educación primaria.

 

NORMATIVA SOBRE ACOMPAÑANTES NO TRANSPORTE

Todos os autobuses levan Acompañante Escolar. 

MANUAL DE SEGURIDADE VIARIA E BOAS PRÁCTICAS PARA PERSOAS USUARIAS DO TRANSPORTE DE ESCOLARES 

 

PROTOCOLO DE HÁBITOS SEGUROS 

 

RECOMENDACIÓNS CONCRETAS

 

No caso do alumnado, a guía inclúe 22 accións de como deben actuar os menores para ir ata a parada e subir ao autobús, durante o traxecto e tamén ao baixar do mesmo. Especifícase, por exemplo, que deben chegar uns 5 minutos antes, que non deben camiñar nunca por diante ou por detrás do autobús ou que deben ir sempre sentados co cinto de seguridade.

 

Para os familiares, o documento especifica un total de 7 normas para velar pola seguridade dos seus fillos, entre as que destacan a de avisar con antelación se non se usa o servizo ou levar pezas de visibilidade reflectora se se desprazan andando.

 

En relación aos acompañantes, a guía recolle 13 accións concretas, entre as que destacan o coñecemento preciso do roteiro e do alumnado que cada día sobe e baixa ao autobús. Tamén se apela á responsabilidade de entregar os escolares ao familiar ou persoa autorizada, tanto no colexio como na parada e, no caso de non estar presente, facerse cargo do escolar.

 

No que se refire aos usuarios do transporte, indícanse 5 deberes, entre eles, o de ocupar as prazas que designe o persoal acompañante e cumprir as mesmas normas que as demais persoas usuarias.

 

Para o caso dos condutores, o protocolo sinala 2 normas de obrigado cumprimento, que son respectar todas as normas de tráfico e seguridade viaria e revisar que todos os dispositivos funcionen correctamente e que os carteis  avisadores estean á vista.

AGRUPAMENTOS DE ALUMNADO

Estimadas nais, pais, familias

Como xa saben, por protección de datos non podemos publicar as listas de alumnado para este curso que iniciamos mañán.

Si desexan saber en que grupo está a súa filla ou o seu fillo, poden chamar ao 881866006 (Lourdes) ou ao 881866001 (Vicente)

MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA O CURSO 2021/22

Información sobre as medidas organizativas para o curso 2021/22

Horarios e portas de entrada

AVISO IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias de alumnado de 4º de educación primaria

Neste inicio de curso 2021/22 recibimos instrución da Consellería para crear un novo grupo en 4º de educación primaria por exceder a ratio.

Nos próximos días recibirán unha chamada do titor ou titora asignada ao grupo do seu fillo/a.

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2021/22

Estimadas familias, a partir do día 2 de setembro recibirán unha chamada telefónica da titora asignada ao seu fillo ou filla indicándolle en que grupo e en que quenda se incorporará, aula, normas de acceso nestes primeiros días, data e hora para titoría individual, etc. 

O horario dos distintos grupos e quendas axústase á seguinte planificación común para os dous grupos de 4º de educación infantil ( 3 anos):

 

4º A  e 4º B de EDUCACIÓN INFANTIL

Na primeira semana de  Xoves 9 e venres 10 de setembro faranse 3 quendas

 

QUENDA A:

de 9:30h a 10:30h

QUENDA B:

de 10:45h a 11:45h

 

QUENDA C:

de 12:00h a 13:00h

Na segunda semana de luns 13 ao venres 17 de setembro faranse 2 quendas

QUENDA A:

de 9:30h a 11:00h

QUENDA B:

de 11:30 a 13:00h

Na terceira semana o luns 20 e o martes 21 de  setembro faranse 2 quendas

QUENDA A:

de 9:30h a 11:30h

QUENDA B:

de 12:00h a 14:00h

Desde o mércores  22 de setembro

Todas e todos de 9:05h a 14:05h

       

 

 

Lembren que si solicitaron os  servizos complementarios, NON PODERÁN FACER USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NIN DO SERVIZO DE COMEDOR até o día 22 de setembro, data na que o seu fillo ou filla se incorporará en horario completo.

 

 

BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Aberto o prazo até o 30 de setembro para presentación de becas para alumnado con NEAE.

Máis información na páxina https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Unha vez cuberta a solicitude deberase entregar no centro escolar xunto coa documentación pertinente.

 

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA  DURANTE O MES DE XULLO

 

Dende o día 1 ao 31 xullo  o horario será de 10:00h. a 13:00h.

 

 

 

Durante todo o mes de agosto, o centro permanecerá pechado por vacacións.

Recollida do historial académico do alumnado que rematou a educación primaria.

Estimadas nais, pais, familias:

Desde o día 1 de xullo poden pasar pola secretaría do centro a recoller o historial académico do seu fillo ou filla.

Comunicámoslle que desde o CEIP xa se trasladou copia do historial  ao IES no que presentaron solicitude de admisión.

Distribuir contido