Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Novas

Mercado solidario “Troca un xoguete por un libro”

 

 

   A idea é que o alumnado traia un xoguete usado pero en boas condicións e levará a cambio un libro en galego, usado pero en boas condicións, dos fondos da biblioteca do centro e das aulas. Os xoguetes repartiranse entre a oficina de Voluntariado de Ames e Cáritas de Bertamiráns, ca idea de que as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas tamén poidan ter un agasallo de Nadal e, ao mesmo tempo, fomentar entre o noso alumnado o gusto pola lectura e facelos partícipes da importancia de compartir e de ser solidarios.

A organización para este troco será do seguinte xeito:

a.- En Educación Infantil: As titoras e titores xestionarán directamente o troco. O alumnado entregará o xoguete ao seu titor/a na aula e a mestra/e entregaranlles a cambio un libro.

b.- En Educación Primaria: Farase na entrada principal do centro de primaria, dentro,  ao lado das escaleiras centrais. Durante o recreo o alumnado pasará polo posto de troco, que estará atendido por profesorado do centro pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega.

  Animádevos a colaborar aportando xoguetes  durante os días 18, 19, e 20  de decembro.

 

Charla o vindeiro luns 17 de decembro, ás 18:00 h., na Biblioteca do centro.

 Enmarcada  nas  actuacións  do Plan Director para a Convivencia e a  Mellora da  Seguridade nos Centros Educativos e os  seus contornos,  proxecto que posibilita que especialistas das  Forzas e  Corpos de  Seguridade  do Estado  poidan  dirixirse  á  comunidade educativa para informar sobre os recursos  policiais e fomentar que alumnado, profesorado e  pais e  nais  coñezan de  primeira  man ou  seus  dereitos e deberes, para  desta  maneira tratar de  mellorar a convivencia de todos e todas. O programa, que se  desenvolve en colaboración  coa Xunta de Galicia, responde a  unha das  principais  liñas de actuación  do  Goberno e  da súa  Delegación, como  é ou impulso da educación en valores e a importancia da prevención e información como elementos  fundamentais para a  mellora da  sociedade.

   A  proposta  inclúe aspectos tan relevantes como o acoso escolar, os riscos asociados  ao uso das redes  sociais; e ao  consumo de estupefacientes e  alcol; a violencia nos centros educativos, os abusos e  agresións   sexuais  e a violencia  sobre a  mullermalos tratos no ámbito familiar; comportamentos racistas e   xenófobos   e  a discriminación  por razón   de sexo  ou raza, entre  outros.

 

DÍA DO ENSINO

Segundo establece Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na  ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2018/19 se celebrará o 7 de decembro de 2018.

 

CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO PARA O CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de sete  do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- Monserrat Capelo Sande

 

5.- Elisabeth Pelado Pinel

 

2.- Lucía Caruncho Picos

 

6.- Elena Pérez Pereira

 

3.- Leonardo López Arias

 

7.- Estefanía Rei Gómez

 

4.- Silvia López Ben

 

8.- Carmen Sayáns Piñeiro

 

 

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. O restante  representante de pais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 7 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

Bertamiráns, 19 de novembro de 2018

 

 

A DIRECTORA DO CENTRO E PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DE MEMBROS PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos(DOG do 08 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

        A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

  • A Directora do centro.
  • Unha mestra ou mestre.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos

 

                    

        Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 31 de outubro, mércores, ás 11:35 horas.

 

        Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

       

                                               Bertamiráns, 29  de outubro de 2018.

 

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

A participación das familias na escola

 

A participación das familias na escola é unha necesidade dentro do sistema educativo. O seu valor é determinante tanto para os resultados escolares como para xerar sociedades máis democráticas. Como directora e máxima responsable deste centro educativo considero pois necesario aclarar este concepto, lembrar cales son as canles de participación e anunciarvos unha serie de medidas que poñeremos en funcionamento en breve para mellorar e incrementar a vosa participación.

1.- Concepto

A participación das familias nas escolas e na Educación é, por tanto, un dos alicerces do sistema educativo, ou polo menos debería selo, pero o concepto de participación é amplo e non todo o mundo ten a mesma visión ou lle outorga iguais significados. A participación familiar no centro non debe ser simplificada e  reducida á asistencia a festivais e representacións. Dende fai anos insistimos  en que as celebracións colectivas/festivas están reservadas en exclusiva para o noso alumnado por razóns fundamentais  que pasan por:

O  noso deber fundamental de garantir o seu benestar físico e emocional, así como a súa  seguridade, posto que hai alumnado con circunstancias persoais, sociais, familiares, etc., delicadas e moi complexas e absolutamente confidenciais; polo tanto, só podo dicirvos que   abrir as portas do centro suporía un risco potencialmente alto para eles. Entendemos pois que debemos deseñar e organizar  actividades  que conleven o goce e desfrute colectivo pero  garantindo a súa seguridade e integridade.  Ademais, sendo unha razón secundaria,  debedes ser conscientes da falta real de espazo que temos; convivimos  a diario 615 alumnas e alumnos,  46 mestres e 4 membros de persoal non docente, o que fai un total de 665 persoas. Creo que entendedes que temos que facer estas celebracións nun espazo certamente reducido e do perigo que suporía engadir mais persoas no mesmo espazo.

A nosa idea de participación das familias vai moito máis alá e inclúe unha serie de elementos que aluden a determinados aspectos, tanto da vida familiar como da vida escolar, e, sobre todo, ás súas interaccións. Por tal motivo, recoméndase ás familias que afonden no que significa a implicación parental, de modo que poidan actuar deliberada e sistematicamente sobre todos os seus compoñentes.

Crianza: Axudar ás familias para establecer condicións na contorna do fogar que favorezan o estudo (saúde, nutrición, seguridade, mellora de habilidades paternas).

Comunicación: Deseñar canles efectivas de comunicación familia-escola e escola-familia sobre os programas escolares e o progreso dos nenos.  A comunicación entre familias e docentes é sinal non só de calidade, senón tamén de coherencia educativa. O diálogo entre ambos é fundamental se se queren intervencións educativas complementarias que aposten por un mesmo proxecto de persoa. Só deste xeito o alumnado percibirá o que é realmente importante na súa vida. Por tanto, o diálogo non debería limitarse a idades temperás nin centrarse exclusivamente en transmitir información dun actor ao outro. Faise cada día máis necesario que flúa entre eles a comunicación.

Voluntariado: Fomentar e organizar a axuda e o apoio voluntario dos pais ás actividades da aula e da escola.

Aprendizaxe no fogar: Proporcionar información e ideas ás familias para axudar ao estudante cos deberes e tarefas escolares para casa, así como coas eleccións e decisións de carácter académico.

Toma de decisións: Incluír aos pais nas decisións escolares, desenvolvendo o seu liderado e participación nas asociacións e nos órganos de goberno do centro.

Colaboración coa comunidade: Identificar e integrar recursos e servizos da comunidade para reforzar os programas escolares, as prácticas familiares e o desenvolvemento e a aprendizaxe dos alumnos

 

2.- Canles de participación

No centro somos conscientes das dificultades que frean a implicación da familia, por exemplo as trabas para conciliar a vida profesional e as actividades escolares, as rutinas familiares, a motivación ou os valores entre outras; e aínda que é certo que existen canles tradicionais de participación das familias na escola como o Consello Escolar, as ANPAS, as titorías individuais, as reunións informativas colectivas; tamén existen outras menos empregadas como as charlas/coloquio con persoas expertas ou o voluntariado en proxectos do centro ou da aula.

 Para minimizar estas dificultades queremos poñer á vosa disposición unha serie de actuacións que poden contribuír a mellorar a vosa participación na escola.

3.- Proposta de actuacións

Os centros non debemos limitarnos a proporcionar información ás familias, debemos brindar novas e variadas oportunidades de comunicación, ampliar as estruturas de participación adaptándoas ás necesidades e problemáticas concretas, promover a formación de familias e profesorado para favorecer o traballo colaborativo, etc.

As propostas para este curso pasan por:

  • Organizar charlas impartidas por persoas expertas. En principio temos previstas para este 1º trimestre as seguintes:
    • “Riscos de internet e acoso escolar”, impartida por persoal experto da Garda Civil. Enmárcanse estas charlas dentro do Plan Director. Será o 3 de decembro ás 19:00horas.
    • Charla e análise coa experta en adiccións e problemas de conduta, a psicóloga Belén Montesa
  • Poñer á vosa disposición unha caixa para suxestións, a través do que nos gustaría que nos fixerades chegar as vosas achegas. Esta caixa será revisada semanalmente e, na medida do posible, iremos atendendo as vosas proposta.
  • A colaboración entre o centro, a ANPA e o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación)  para a formación de Escolas de Nais e Pais (ENAPA).
  • Solicitar a vosa colaboración para a execución de traballos de voluntariado e axuda para a realización dos proxectos de centro deseñados para este curso.
  • Continuar poñendo á vosa disposición e ampliando a “Biblioteca de familias” con libros de consulta e axuda en temas relacionados coa educación dos vosos fillos e fillas.
  • Solicitar a vosa implicación e participación (tanto presentando candidaturas como participando na votación)  na renovación de membros do Consello Escolar do centro, proceso que se iniciará no mes de novembro.

Insistir en que o éxito escolar é de todos, e a responsabilidade de conseguilo tamén é de todos.

A participación das nais, dos pais, das familias na vida escolar parece ter repercusións tales como: maior autoestima dos nenos; mellor rendemento escolar; mellores relaciones pais-fillos e actitudes máis positivas das familias cara á escola. Os efectos repercútense mesmo nos propios mestres e mestras, xa que os pais consideran que os máis competentes son aqueles que traballan coa familia ( Pineau, 2001).

Recibide un cordial saúdo e quedamos á espera das vosas suxestións e participación.

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil

Estimadas nais, pais, familias

Lembrarvos que o concello de ames abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil, dos centros de ensino sostidos con fondos públicos.

As solicitudes poden ser presentadas no rexistro xeral da Casa do Concello ou do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, tamén se poden presentar a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto durante 30 días naturais, do 18 de outubro ao 16 de novembro.

 Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476, do departamento municipal de Educación.

Os que vos acollades a estas axudas por favor comunicádello ao titor ou titora dos vosos fillos, proporcionándolle nome e apelidos, así como DNI para que poidan xestionar coa ANPA o tema das facturas.

AVISO IMPORTANTE PARA FAMILIAS DE ALUMNADO EDIXGAL

Estimadas nais, pais, familias

Si detectan fallos no funcionamento offline para acceder aos contidos, por favor póñanse en contacto inmediatamente co servizo Premium no teléfono 881 86 99 00  ou no correo  soporte.premium@edu.xunta.es ,para deixar constancia da incidencia.

Estes fallos son totalmente alleos ao centro.

CALENDARIO ESCOLAR: VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

 

 

Períodos de vacacións

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
  • Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.
  • Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive

 

Alteracións no calendario escolar

  • Festivo autonómico: 19 de marzo
  • Días festivos do Concello de Ames: 30 de maio e 24 de xuño.
  • Día non lectivo solicitado polo centro: 31 de maio
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

by Dr. Radut