FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

O alumnado admitido para cursar estudos no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso o próximo curso 2020-2021 debe formalizar a súa matrícula entre o 1 e o 10 de xullo de 2020.

Nos arquivos adxuntos poderán atopar o formulario de matrícula e un listado coa documentación que se deberá presentar para a súa formalización.

 

*Reunión informativa para os pais e nais do alumnado de 4º de Educación Infantil para o curso 2020-2021:

Previsiblemente celebrarase o día 4 de setembro (anunciarase na páxina WEB do centro).

LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-2021

No taboleiro de anuncios do centro están expostas as listaxes de admitidos e non admitidos para o próximo curso 2020-2021.

Estas listas tamén poden ser consultadas na secretaría do centro.

Contra esta resolución poderase formular recurso de alzada diante da Xefatura Territorial no prazo dun mes.

O periodo de formalización de matrícula para o novo alumnado será do 1 ao 10 de xullo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Debido á Lei de Protección de Datos as listaxes de admisión para o curso 2020-2021 estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro e poden ser consultadas na secretaría dende o luns, 8 de xuño.

Contra esta resolución poderase formular reclamación os días 9, 10 e 11 de xuño ante o consello escolar deste centro.

As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos publicaranse o 26 de xuño.

O periodo de formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Na Orde de 12 de maio de 2020 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para o curso 2020-2021.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo día 19 de xuño (incluído).

Pódese presentar na secretaría do centro das 9:00 ata as 13:45 ou vía telemática segundo consta nas instrucións fondo libros.

Nos documentos adxuntos pódese encontrar máis información, así coma os impresos de solicitude.

 ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto

Instrucións fondo libros, axudas libros e axudas material escolar - 2020/2021

Anexo I

Anexo II

 *Corrección de erros: nas instrucións da Renda deben ter en conta o recadro 435 en vez de 432 como está nas instrucións

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE DO PRESENTE CURSO 2019-2020

A consecuencia do estado de alarma declarado para facer fronte á pandemia do COVID19, e de acordo coas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o profesorado do centro tivo que adaptar as programacións didácticas no que corresponde ao terceiro trimestre do presente curso académico. Tales adaptacións recollen a parte do curriculo escolar (contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe) que en cada área e en cada curso ou ciclo se van traballar durante este trimestre, xa sexa a través de actividades de repaso, de reforzo, de recuperación ou de ampliación. Tamén contemplan aqueles contidos concretos das programacións iniciais propostas para todo o curso que, de ser o caso, non van poder ser abordados e que quedan adiados para o primeiro trimestre do próximo ano escolar.

As adaptacións das programacións didácticas para este último trimestre do curso poden ser consultadas nos arquivos que se adxuntan.

Distribuir contido