Skip to Content

CARTA DE PRESENTACIÓN

A nova xunta directiva da asociación de nais e pais de alumnos do colexio Ceip Amadeo Rodríguez Barroso “Os Rosais”, queremos darvos a bienvenida a este espazo Web, onde atopardes a información máis relevante de todo o que facemos e consideramos de interese, todos os que formamos parte desta xunta directiva. Este será o noso principal punto de encontro e de información.

 

Queremos ademais aproveitar este espazo para presentarnos a toda a comunidade educativa: pais, nais e persoal do centro.

 

Todas as persoas que formamos parte desta Xunta Directiva, querervos facervos chegar a ilusión coa que iniciamos este proxecto e a nosa intención de traballar co obxectivo de favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, en constante colaboración con todos os profesores e equipo directivo do colexio, que desde o primeiro momento brindounos todo o seu apoio, algo que desde aquí queremos agradecer, porque entendemos que a educación é tarefa de todos, e soamente traballando en colaboración, poderemos conseguir os nosos obxectivos.

 

A asociación cumpre unha importante función dentro desta comunidade, apoiando ao centro naquilo que nos solicite, exercendo de ponte entre as familias, a asociación e o centro, e sempre co fin de conseguir, entre todos e todas o mellor para os nosos fillos e fillas.

 

A participación é voluntaria, e por iso desde aquí queremos animar a todas as familias a asociarvos, xa que cantas máis sexamos mellor será para as nosas familias, para a asociación e para o colexio.

 

Temos a porta aberta e queremos que todas as persoas aporten a súa opinión e as súas ideas e con ese fin puxemos en marcha un buzón de suxestións. Queremos ser unha asociación dinámica e por eles invitámosvos a participar en todas as actividades e proxectos que estamos realizando.

 

Un cordial saúdo,

 

A Xunta Directiva.



book | by Dr. Radut