Skip to Content

Blogues

Xustificación Ausencias de carácter médico do alumnado

Estimadas familias, 

Ante as distintas consultas que se nos fixerona o longo das reunión de inicio de curso sobre o tema da xustificación das ausencias de carácter médico (enfermidade ou consultas médicas) deixamos un adxunto coa última instrucción que temos de Xefatura Territorial (data de outubro de 2023).

Calqueira modificación, será comunicada por este medio.

 

CHEGOU O SAMAÍN

CHEGOU O SAMAÍN!

Estimadas familias,

Como xa vos comunicamos fai uns días, esta semana comezaremos coas actividades en torno a festividade do Samaín.
Este ano, a proposta que se fai dende o Equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística xira en torno a Camalea (a mascota da biblioteca) e os contacontos pola Semana do Medo, e tamén por certos elementos propios do Samaín: as cabazas, as vasoiras e os espantallos.

O alumnado de Educación Infantil que desexe participar, deseñará unha cabaza que traerá ao centro o luns día 30 de outubro e que ten que recoller o xoves día 2 de novembro.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria que desexe participar, deseñará unha vasoira de non mais de 40 cm usando a imaxinación e aproveitando recursos reutilizables (restos de teas, cartóns, papeis...).

O alumnado de 4º, 5º e 5º de educación primaria que desexe participar, deseñará un espantallo de non mais de 40 cm usando a imaxinación e aproveitando recursos reutilizables que teña na casa.

Toda a información, detallada de xeito máis completo, queda adxuntada a esta entrada.

COMUNICADO DA ANPA: Comedor Escolar

Informar ás familias que hoxe, 1 de setembro de 2023, remata o prazo para inscribirse no comedor para este mes. Tedes toda a información no blog da Anpahttps://anpaalvarezlimeses.blogspot.com/2023/08/comedor-e-madruga-2023-2024.html?m=1
 ou na web da Fanpa .

Un Saúdo

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

 

Estimadas familias, 

Deixamos nesta entrada, os ficheiros coa relación de libros para o vindeiro curso.

 

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut