Skip to Content

CHEGOU O SAMAÍN

CHEGOU O SAMAÍN!

Estimadas familias,

Como xa vos comunicamos fai uns días, esta semana comezaremos coas actividades en torno a festividade do Samaín.
Este ano, a proposta que se fai dende o Equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística xira en torno a Camalea (a mascota da biblioteca) e os contacontos pola Semana do Medo, e tamén por certos elementos propios do Samaín: as cabazas, as vasoiras e os espantallos.

O alumnado de Educación Infantil que desexe participar, deseñará unha cabaza que traerá ao centro o luns día 30 de outubro e que ten que recoller o xoves día 2 de novembro.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria que desexe participar, deseñará unha vasoira de non mais de 40 cm usando a imaxinación e aproveitando recursos reutilizables (restos de teas, cartóns, papeis...).

O alumnado de 4º, 5º e 5º de educación primaria que desexe participar, deseñará un espantallo de non mais de 40 cm usando a imaxinación e aproveitando recursos reutilizables que teña na casa.

Toda a información, detallada de xeito máis completo, queda adxuntada a esta entrada.



blog | by Dr. Radut