Skip to Content

Recordatorio das BECAS NEAE

Estimadas familias, 

Queremos recordarvos, que o prazo para a presentación de solicitudes de becas NEAE é ata o día 13 de setembro ás 13:45 horas.

Colgamos toda a información na web do centro ao finalizar o 3º trimestre do curso pasado, pero queda por aquí o enlace á entrada.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/node/1697

 

DESPEGA UN NOVO CURSO

Despega un novo curso, o 2024-25. Mañá, como sempre verémenos ás 9:00, o alumnado situarase nas filas que, como no curso anterior, estarán sinaladas co número correspondente. Pregamos ás familias que deixen libre o corredor sinalado cos conos para permitir o paso do alumnado. Do mesmo xeito á saída será ás 14:00. 

Ao longo destes días iredes recibindo as informacións relativas a autorizacións, reunións, etc.

BO CURSO

Material Escolar curso 2024-2025

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

 

Bo día, achegamos a relación de material que solicitamos para o alumnado para o vindeiro curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

Queremos convidar a todas as familias, con nenos que comezan en 4º de Educación Infantil no noso centro, á reunión de principio de curso para poder concretas distintos aspectos, como o periodo de adaptación e outras cuestións.

INFORMACIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO 2024-2025


 
Distribuir contido


by Dr. Radut