Skip to Content

ENTROIDO 2022-23

Estimadas familias:

Achegámosvos a circular do Entroido. Nela poderedes seguir as recomendacións do noso "Mandadiño". 

Moitas grazas a toda a comunidade educativa.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA (alumnado de 6º de EP que pasa a 1º de ESO) NO CURSO 23-24

O día 16 de xaneiro comeza o prazo de reserva de matrícula para aquel alumnado que cambia de etapa. No noso caso refírese especialmente ao alumnado de 6º de Ed. Primaria que para o vindeiro curso 23-24 cursará 1º de ESO nun IES. Lembrar que o noso centro de referencia é o IES Valle Inclán.

Para cubrir a documentación, o centro enviará ás familias unha copia do formulario. Tamén se pode ver e cubrir na sede electrónica no seguinte enlace:   https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

As solicitudes poden presentarse no noso centro en horario de secretaría ou telemáticamente.

O prazo de presentación das solicitudes para a reserva de praza (6º Primaria) finaliza o 6 de febreiro.

 

ADMISIÓN 2023: Lexislación

LEXISLACIÓN:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a lexislación relativa a como se vai a desenvolver o procedemento ao longo deste ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut