Skip to Content

Blogues

Samaín 2022-23

 

SAMAÍN 2022-23

 

    Como en cursos pasados no CEIP Álvarez Limeses celebraremos a semana do Samaín. Ao longo da vindeira semana, do luns 24 ao xoves 27 , terá lugar O CONCURSO DE CABAZAS. Poderedes traer as terroríficas cabazas antes do xoves (incluído), xa que o xoves e o venres, un xurado especializado escollerá as gañadoras do concurso.

Por certo, o venres todo o alumnado poderá vir disfrazado.

Anímávosvos a participar.

 Recordadon outro samaín.....

 

XOGADE

Estimadas familias, 

O vindeiro día 18 de outubro, os alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria do noso centro, participará no Campionate XOGADE que terá lugar no parque da Illa das Esculturas.

Os nenos levarán o xoves a autorización para participar en dita actividade, pero queremos compartir con vós, no adxunto a esta entrada, toda a información ao respeto.

 

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

Deimámosvos aquí as datas das reunión xerais dos titores coas familias.

 

Martes 20 de setembro:

  • 17:00 horas: reunión da clase de 5º de E. Infantil (4 anos)
  • 18:00 horas: reunión da clase de 6º de E. Infantil (5 anos)

 

Martes 27 de setembro:

  • 16:30 horas: reunión da clase de 1º de EP.
  • 16:30 horas: reunión da clase de 2º de EP.
  • 17:30 horas: reunión da clase de 3º de EP

 

Martes 4 de outubro:

  • 16:30 horas: reunión da clase de 5º de EP
  • 17:30 horas: reunión da clase de 6º de EP

 

Calqueira información sobre o lugar das mesmas ou modificacións das datas, será comunicado polos titores ou o Equipo Directivo a través da ABALAR, queda pendente a do alumnado de 4º de EP.

AUTORIZACIÓNS

A/A DAS FAMILIAS

A tódalas familias que precisan autorizar para o primeiro día do curso, a recollida dos nenos por persoas que non sexan os proxenitores ou que no caso dos nenos de 4º, 5º e 6º que se lles autoriza a participar no programa "Camiños Escolares" podedes descargala na web e presentala impresa e firmada ao titor no primeiro día de clase.

HORARIO DO CENTRO

Estimadas familias;

Como xa saberedes, o vindeiro xoves día 8 de setembro, comezan as clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Somos conscientes, de que este ano volvemos a normalidade e por se algún se despista, queremos lembrarvos que o horario do centro, para este curso é de 9:00 a 14:00 horas.


MATERIAL ESCOLAR

Xa deixamos dispoñibles na web do centro, os listados de material para cada nivel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut