Skip to Content

Blogues

BIBLIOTECA DE CONTIDOS DIXITAIS

 

 

Plataforma de préstamo de contidos dixitais de Galicia

 

 

A nosa comunidade educativa, ao formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLANBE), terá ao seu dispor unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais.

Os contidos da plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en distintas linguas, cunha especial atención á presenza de contidos en lingua galega, estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (de ficción e de información), para facilitar o acceso de usuarios e usuarias ás obras do seu interese. Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online (con conexión a internet) e tamén offline (sen conexión a internet previa descarga), que se adaptan a diferentes soportes de lectura (pc, portátil, tablet, smartphone, e-reader,…).

Comezamos a entregar os identificadores e contrasinais ao alumnado, comezando polo sexto nivel de Ed. Primaria. É importante que as familias, para poder sacar o máximo rendemento desta plataforma, unha vez o alumnado xa ten o seu identificador, complete a casiña da dirección de correo dos responsables legais, para así manterse informados dos libros escollidos e lidos polos seus fillos e fillas.

 

 

Moitas grazas.

UNHA HISTORIA VIAXEIRA PARA O DÍA DO LIBRO

Unha historia viaxeira feita por todo o alumnado de Ed. Primaria do centro.

 

https://issuu.com/cativos/docs/conto_viaxeiro_dia_do_libro__1_

https://issuu.com/cativos/docs/conto_viaxeiro_dia_do_libro__1_

NO CEIP ÁLVAREZ LIMESES TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

No CEIP Álvarez Limeses tamén celebramos o Día dos Dereitos da Infancia.

Distribuir contido


by Dr. Radut