Skip to Content

Blogues

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA (alumnado de 6º de EP que pasa a 1º de ESO) NO CURSO 23-24

O día 16 de xaneiro comeza o prazo de reserva de matrícula para aquel alumnado que cambia de etapa. No noso caso refírese especialmente ao alumnado de 6º de Ed. Primaria que para o vindeiro curso 23-24 cursará 1º de ESO nun IES. Lembrar que o noso centro de referencia é o IES Valle Inclán.

Para cubrir a documentación, o centro enviará ás familias unha copia do formulario. Tamén se pode ver e cubrir na sede electrónica no seguinte enlace:   https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

As solicitudes poden presentarse no noso centro en horario de secretaría ou telemáticamente.

O prazo de presentación das solicitudes para a reserva de praza (6º Primaria) finaliza o 6 de febreiro.

 

ADMISIÓN 2023: Lexislación

LEXISLACIÓN:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a lexislación relativa a como se vai a desenvolver o procedemento ao longo deste ano.

ADMISIÓN 2023: Delimitación da área de influencia do CEIP Álvarez Limeses

ÁREA DE INFLUENCIA:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a delimitación da área de influencia do noso centro para aquelas familias que estades interesadas en solicitar praza para o noso centro.

Titorial para facer un adorno de Nadal

Unha compañeira do noso colexio creou este titorial para facer un adorno de Nadal. Animádevos a facelo vos tamén pero sempre coa axuda dun adulto.

 

 

25 de Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O venres 25 de Novembro todo o alumando e profesorado do CEIP Álvarez Limeses manifestou o seu posicionamento a prol da eliminación da violencia contra as mulleres. Conentrámonos no patio completando un corazón e amosando en carteis morados mensaxes contra esta lacra social.

 

 

25 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O VINDEIRO DÍA 25 LEMBRAMOS A NECESIDADE DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. 

Diego e o alumnado de 4º B de Ed. Primaria realizou este fantástico traballo sobre esta data:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut