VENDIMA escolar INFANTIL

O mes de outubro comezou facendo a VENDIMA no patio de infantil do noso centro escolar.

As familias trouxeron acios de uvas que o equipo docente colgou polo valado do patio. Despois de facer grupos de cores formados por alumnado de 3, 4 e 5 anos, mesturados, comezou a vendima cortando os acios de uvas e botándoos en cestos. Ao rematar a vendima, houbo que acarrexar os acios ata o soportal onde tiñamos mesas, bancos e bandexas nos que cada grupo tivo que separar os bagos dos cangallos. Cando xa fixemos a selección, exprimimos as uvas coas mans para sacarlle o zume que, logo, filtramos empregando grandes coadores que nos cedeu o persoal de cociña.

A actividade finalizou con brindes colectivos degustando o mosto da nosa vendima. Non sobrou nada!!! Estaba delicioso!!! Preguntade ás nenas e aos nenos de infantil da Gándara. Preguntádelle!!!!